Jethro Tull: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 62:
 
=== O bienio conflitivo (1973-1974) ===
1973 foi un ano bastante negativo para a banda, aínda que visto dende a perspectiva actual quizais resulte incomprensible todo o que sucedeu, se guiamonos por puntos de vista musicais. O certo é que xullo de dito ano viu a publicación de "A passion play", novo álbum de Jethro Tull e séptimo ata a data. A xestación deste disco xa estivo chea de dificultades dende o mesmo momento en que se gravaron os temas en estudio. Nun principio ía ser un Lp dobre, con temas independentes, e para iso o grupo trasladouse ós famosos estudios Chateau D’Herouville, cerca de París, onde gravaron as voces e partes instrumentais básicas para tres das caras de dito disco dobre, pero problemas técnicos có estudio de gravación e o desagrado de Anderson polo que se estaba gravando fixeron que se paralizase o proceso e se retrasase a publicación do disco, de maneira que Ian Anderson decidiiu aproveitar parte do gravado e desechar a outra parte. Deste modo, chegouse á decisión final, que foi a de desenrrolar un disco seguindo os pasos de "Thick as a brick", cun só tema en todo o álbum (se exceptuamos a historia que aparece na mitademetade do disco). Novamente aparecían arranxos enrevesados, letras incomprensibles, orixinalidade a raudales e un maior acercamento ó mundo do teatro a través dunha historia referente á vida despois da morte. O espectáculo foi presentado oficialmente no Wembley Empire Pool Arena de Londres, ante 8.000 persoas, antes de que o disco vise a luz e diante da prensa e a crítica, que arremeten sen piedade contra el, ofendendo profundamente a Anderson.
 
Anderson decide anular os concertos previstos para a presentación do disco e romper as súas relacións coa crítica británica. Con todo, "A passion play" alcanzaría o nº 1 nas listas dos Estados Unidos debido ó entusiasmo dos fans do grupo, mentras que en Gran Bretaña o empeño da prensa por desprestixiar ó grupo non tivo todo o efecto deseado e logrou alcanzar o posto 13 no top 20. Así e todo, vendo que Jethro Tull tíña máis éxito nos USA que nas illas británicas, Ian Anderson e o seu grupo trasladanse a Norteamérica, onde estableceránse durante unha boa tempada, aducindo problemas coa crítica británica e a forte presión fiscal á que se vían sometidos. As verdadeiras razóns poidieron ser outras, como veremos no apartado de "citas", en palabras do propio Anderson.
Liña 72:
En ámbolos dous discos, Ian Anderson estende o seu virtuosismo coma multiinstrumentista ó saxofón, se ben o abandonaría posteriormente por razóns descoñecidas. Con todo, o mellor de "War child" foron, sen dubida, os seus concertos en directo, dos cales escribiuse no seu momento que forón os mellores de toda a historia da banda, cheos de efectos visuais e sonoros, cun son impecable e unhas actuacións dos músicos moi dinámicas. Nestos concertos interverían catro rapazas formando unha sección de corda e espidas de cintura para arriba. Respondían ós nomes de Elizabeth Edwards, Rita Eddowes e Helen, todas ó violín, e Katharine Thulborn ó violonchelo. Tamén participarían no seguinte disco da banda en estudio. Con todo, as actuacións de Jethro Tull en España, en 1974 (ano no que viñeron por primeira vez ó noso estado), non contaban có espectáculo dos hermosos senos das catro señoritas debido, ¡cómo non!, a problemas de censura. Así pois, as catro tiveron que actuar ben cubertas, como mandan os santos cánones.
 
"War child" publicouse en octubro de 1974, en mitademetade dunha xigantesca xira que o grupo realizou polos Estados Unidos, Xapón, Australia, Europa etc. Alcanzou o nº 2 nas listas dos Estados Unidos e o nº 14 nas de Gran Bretaña, uns resultados similares ós de "A passion play", o "disco maldito" do grupo que, despois de todo, non era un álbum para nada malo. Embriagados polo éxito dos seus concertos, cada vez máis fans acudían ós lugares nos que actuaban Jethro Tull para admirar as loucuras de Anderson sobre o escenario, a perfecta conxunción e posta en escena da banda, o seu impecable son e, sobre todo, a magnificiencia dun grupo que dende facía varios años pertencía á elite do rock. Como datos máis significativos, podese dicir que na actuación dea banda no Forum de Los Angeles vironlles en directo máis de cen mil personas e que en Estados Unidos conseguiron que máis dun millón de enloquecidos fans asistisen ós seus concertos. O grupo afrontaba con esperanza e orgullo o seu resurxir como banda punteira non só a nivel musical, senon tamén a nivel de popularidade, todo iso grazas, por suposto, á incuestionable lealtade dos seus seguidores.
 
Durante este mesmo ano, Ian Anderson aínda tivo tempo para producir un dos mellores discos do grupo de folk-rock [[Steeleye Span]]. Referimonos ó impresionante "Now we are six", no que se adivina facilmente a mano de Anderson en cada unha das cancións, todas elas de altísima calidade, pero sobre todo no son do grupo, e en especial da sección rítmica de baixo e batería.