New Orleans Pelicans: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Eliminouse o modelo «Link GA».
Sen resumo de edición
Liña 67:
Por mor da devastación provocada polo [[Furacán Katrina]] no sueste de [[Louisiana]], os Hornets tiveron que translada-la súa base de operacións temporalmente a [[Oklahoma City]] para as tempadas 2005-2006 e 2006-07.
 
Os Hornets comezaron a súa primeira tempada en Oklahoma City mellor do esperado, aínda que non o suficiente como para chegar a postos de playoffs. Cando [[Chris Andersen]] foi botado fóra da liga por mor da violación das regras da NBA sobre drogas, parecía que os Hornets estaban nunha boa racha, chegando a estar brevemente na sexta posición do Oeste. Pero foi un espexismo, perdendo despois 12 de 13 encontros e cun novo récord de dubidosa honra cando anotaron só 16 puntos na segunda mitademetade dun partido nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] contra os [[Los Angeles Clippers|Clippers]]. Aínda que fixeron un último esforzo para conseguires unha praza de playoffs, as derrotas nos derradeiros segundos dos encontros contra os [[Cleveland Cavaliers]] e os [[Utah Jazz]] afundiron tódalas esperanzas, e o equipo rematou a tempada cun récord de 38-44, no décimo lugar da [[Conferencia Oeste]] e fóra dos playoffs por seis encontros.
 
Malia o récord de derrotas, a tempada foi un éxito. [[Chris Paul]] gañou o premio ó [[Rookie do Ano]], e varios xogadores máis gañaron outros títulos individuais. Os siareiros de Oklahoma City esgotaron as localidades do [[Ford Center]] 24 veces, amosando así que están preparados para acoller un equipo das catro grandes ligas profesionais.