110.001
edicións
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética) |
Sem resumo de edição |
||
[[Ficheiro:Echinopsis spachiana .part.jpg|thumbnail|Espiñas do cacto (''[[Trichocereus spachianus]]''.]]
As '''espiñas''' son en botánica pugas duras e agudas que nacen no [[talo]] ou [[póla]]s dalgunhas plantas. Tamén se denominan espiños ou picos. Son formacións agudas , ás veces ramificadas, provistas de tecido vascular, moi ricas en tecidos de sostén e, como consecuencia, ríxidas. As espiñas poden ter a súa orixe como transformación do [[talo]], é dicir, que son [[póla]]s reducidas, coma ocorre no [[abruñeiro]] (''Prunus spinosa'') ou na acacia americana (''[[Gleditsia triacanthos]]''), e se denominan ''espiñas caulinares''. Neste caso, o tecido vascular da espiña é unha continuación do leño do talo. ''[[Hydrolea spinosa]]'', planta palustre típica de brañas e humedais, é un exemplo ilustrativo de espiña caulinar, xa que a súas espiñas ás veces levan follas miudiñas, o mesmo que un talo. As espiñas tamén poden ser o resultado da transformación dunha [[folla]], como é o caso das [[cactáceas]] e das especies do xénero ''[[Berberis]]'', e se denominan ''espiñas foliares''. Finalmente, en casos moi raros, as espiñas poden ser o resultado da modificación da [[raíz]] a través dun intenso proceso de lignificación e se denominan ''espiñas radicais''. Varios termos comunmente utilizados en botánica derivan da palabra espiña. Así «espiñento/a» refírese a un tecido, órgano ou a unha planta que presenta espiñas; «espinuloso/a» ou «espinescente», cando as espiñas que mostra son miúdas.<ref name = Pio>{{cita libro |
</ref>
== Aguillón ==
[[Ficheiro:Rose_prickle.jpg|thumbnail|Aguillóns nunha [[roseira]].]]
En botánica denomínase '''aguillón''' ou '''acúleo''' á excrecencia ríxida e aguzada que nace do [[tecido epidérmico]] dalgunhas plantas e pode ser desprendida facilmente. A diferenza das espiñas, os acúleos carecen de tecido vascular, por iso son fáciles de arrincar. O exemplo típico de aguillón é o da [[roseira]]; así mesmo, os acúleos de ''[[Ceiba speciosa]]'', as paineiras (xéneros ''[[Chorisia]]'' e ''[[Ceiba]]''), e de ''[[Fagara rhoifolia]]'' son emerxencias formadas por tecidos corticais do talo.<ref>{{cita libro|
== Galicia ==
|