Cigurat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 6:
O centro do cigurat facíase de [[ladrillo]]s cocidos ao sol, o exterior da construción mostraba adornos de ladrillos queimados. Os adornos normalmente eran envidrazados en cores diferentes, posibelmente contendo significación [[cosmoloxía|cosmolóxica]]. O acceso ao templo, situado no topo do cigurat, facíase por unha serie de rampas construídas no flanco da construción ou por unha rampa en forma de [[espiral]] que subía dende a base ata o cume do edificio. Os exemplos máis antigos de cigurats datan do final do terceiro milénio a. C., encanto os máis tardíos, do [[século -VI|século VI a. C.]], e algúns dos exemplos máis notabeis desas estruturas inclúen as ruínas da cidade de [[Ur]] e de [[Khorsabad]] na [[Mesopotamia]].
 
A idea que se ten de que servían como lugar de idolatría ou cerimonias públicas, con todo, non é correcta. Na [[Mesopotamia]] acreditábase que eran a morada dos [[deus]]es. A través dos cigurats as divindades colocaríanse pertopreto da [[humanidade]], razón pola cal cada cidade adoraba seu propio deus ou [[deusa]]. Alén diso, apenas os [[sacerdote]]s podían entrar no cigurat, e era deles a responsabilidade de coidar da adoración aos deuses e facer que atendesen as necesidades da comunidade. Naturalmente os sacerdotes gozaban dunha reputación especial na sociedade [[sumeria]].
 
Un exemplo de cigurat máis simples é o do [[Templo]] Branco de [[Uruk]], na antiga [[Sumeria]], que debe ter sido construído por volta de 400-300 a. C. O propio cigurat é a base sobre a cal o Templo Branco repousa, e a súa función é tracer o templo máis próximo aos [[ceo]]s, de forma que puedese dar acceso dende o chan ata aló. A estrutura tería a función, polo tanto, dunha ponte entre os dous mundos. Por iso acredítase que o templo dos sumerios sería un [[eixo]] cósmico, unha conexión vertical entre o ceo e a terra, e entre a terra o [[submundo]]; e unha conexón horizontal entre as terras. Construído en sete niveis, ou camadas, o cigurat representaría os sete ceos, ou planos de existencia, os sete [[planeta]]s e os sete metais a eles asociados e as súas cores correspondentes.