Mazaricos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 74:
 
== Situación ==
Mazaricos áchase pertopreto do mar, mais non chega a el -antes están os estreitos concellos de [[Carnota]] e [[Muros]]. O [[río Xallas]], que lle chega desde [[Santa Comba]], constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de [[Dumbría]]. A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras ([[montes de Ruña]] ou [[serra de Guián]]) que se prolongan cara o sur cara o [[Macizo do Pindo]]). Cara o Xallas flúen varios ríos, como o [[río Arcos|Arcos]], o [[río Beba|Beba]] e o [[río Mazaricos|Mazaricos]], estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sul, como o [[río Santabaia|Santabaia]], que son máis pequenos, desembocan directamente na [[ría de Muros e Noia]]. O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.
 
A [[oscilación térmica]] anual é de 10 °C, se ben a temperatura media é agradábel (14 °C). As precipitacións son abundantes (1.500-2.000 mm).