Andy Partridge: Diferenzas entre revisións

músico británico
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Andy Partridge"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 10 de maio de 2015 ás 18:45

Andrew John "Andy" Partridge, nado o 11 de novembro de 1953 en Mtarfa, Malta, é un cantante, letrista e guitarrista inglés, membro fundador da banda de pop/new wave, XTC. .

Traxectoria

Ademais do seu traballo con XTC, Partridge gravou un álbum con Virgin Records en 1980, Take Away/the Lure of Salvage. Tamén editou demos das súas cancións baixo o seu propio nome na serie de oito álbums The Official Fuzzy Warbles Collector's Album e en Fuzzy Warbles con APE House . Colaborou con artistas como Martin Newell, co que gravou e produciu un álbum en 1993 co título de The Greatest Living Englishman, ou entre outros  Peter Blegvad, Harold Budd, Jamie Cullum, Stephen Duffy, Terry Hall, The Heads, Charlotte Hatherley, Robyn Hitchcock, Jen Olive, The Residents, Thomas Dolby, David Yazbek, Miles Kane, The Nines, Pugwash e Meat Beat Manifesto. In 2010, Partridge lanzou un CD en edición limitada con música inspirada polo ilustrador de ciencia ficción Richard M. Powers titulado Powers.[1] En 2012, Partridge traballou con Mike Keneally no álbum Wing Beat Fantastic.[2]

Partridge foi produtor da banda inglesa Blur durante a gravación de Modern Life Is Rubbish, aínda que despois substituiuno Stephen Street por insitencia do selo musical, Food, segundo Partridge non lle pagaron polas sesións e só tivo gastos.[3] Partridge tamén escribiu catro cancións para a versión da Disney' de James and the Giant Peach, non obstante Randy Newman  substiuíuno ao non chegar finalmente a un acordo aceptable.

En 2004, Partridge escribiu "I Wonder Why the Wonder Falls" como o tema musical para comedia de televisión Wonderfalls

Radio e filme

Partridge participou regularmente en BBC Radio 1 a mediados da década de 1980, salientando o carácter de  "Agony Andy", unha parodia no programa de Janice Long, e tamén contribuíu con sketches en Saturday Live e Studio B15, e estivo no elenco regular de  Roundtable e The Great Rock'n'Roll Trivia Quiz, e presentou o piloto dun concurso infantil na ITV, Matchmakers.

Notas

Ligazóns externas