Escola filosófica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 81:
|editorial = HarperCollins
|data = 1999
|cita = "The rejection of religion in favour of a belief in the advancement of humanity by its own efforts". |anopublicaciónano = [[1990]]}}.</ref>. A expresión ''studia humanitatis'' contrapúxose por [[Coluccio Salutati]] aos estudos [[Teoloxía|teolóxicos]] e [[Escolástica (filosofía)|escolásticos]] cando tivo que falar das inclinacións intelectuais do seu amigo [[Francesco Petrarca]]; para el, ''[[humanitas]]'' significaba propiamente o que o termo grego [[filantropía]], amor cara aos nosos semellantes, pero en Salutati o termo estaba rigorosamente unido ás ''litterae'' ou estudo das letras clásicas. O humanismo propugnaba, fronte ao canon eclesiástico en prosa, que imitaba o pobre latín tardío dos [[Santos Padres]] e o simple vocabulario e sintaxe dos textos bíblicos traducidos, os ''studia humanitatis'', unha formación íntegra do home en todos os aspectos fundada nas fontes clásicas grecolatinas, moitas delas entón buscadas nas bibliotecas monásticas e descubertas daquela nos mosteiros de todo o continente europeo. En non poucos casos estes textos foron traducidos grazas ao traballo de, entre outros, [[Averroes]], e á infatigábel busca de manuscritos por eruditos monxes humanistas. Todo iso destinado a acceder así a un latín máis puro, brillante e xenuíno, e ao redescubrimento do grego grazas ó forzado exilio a Europa dos sabios bizantinos ao caer [[Constantinopla]] e o [[Imperio de Oriente]] en poder de los [[Turcos|turcos otománs]] en [[1453]]. O humanismo debía restaurar todas as disciplinas que axudaran a un mellor coñecemento e comprensión destes autores da Antigüidade Clásica, ao que se consideraba un modelo de coñecemento máis puro que o debilitado na Idade Media, para recrear as escolas de pensamento filosófico grecolatino e imitar o estilo e lingua dos escritores clásicos, e por iso desenvolvéronse extraordinariamente a [[gramática]], a [[retórica]], a [[literatura]], a [[filosofía moral]] e a [[historia]], disciplinas ligadas estreitamente ao espírito humano, no marco xeral da filosofía: as artes liberais ou todos os saberes dignos do home libre fronte ao dogmatismo pechado da teoloxía, exposto en sistemáticos e abstractos [[tratado]]s que excluían a multiplicidade de perspectivas e a palabra viva e oral do [[diálogo]] e a [[epístola]], típicos xéneros literarios humanísticos, xunto á [[biografía]] de heroes e personaxes célebres, que testemuña o interese polo humano fronte á [[haxiografía]] ou vida de santos medievais, e a [[mitoloxía]], que representa un rico repertorio da conduta humana máis suxerinte para os humanistas que as castrantes [[lenda]]s piadosas, vidas de santos e [[haxiografía]]s.<ref>Fred Edwors, ''What Is Humanism?'' [http://www.americanhumanist.org/who_we_are/about_humanism/What_is_Humanism] {{en}}</ref> Para iso, os humanistas imitaron o estilo e o pensamento grecolatino de dúas formas diferentes: a chamada ''imitatio ciceroniana'', ou imitación dun só autor como modelo de toda a cultura clásica, [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]], impulsada polos humanistas italianos, e a ''imitatio eclectica'', ou imitación do mellor de cada autor grecolatino, propugnada por algúns humanistas encabezados por [[Erasmo de Rotterdam]].
 
* [[Racionalismo]]: Corrente filosófica que apareceu en [[Francia]] no [[século XVII]], formulada por [[René Descartes]], que se opón ao [[empirismo]] e que é un sistema de pensamento que acentúa o papel da [[razón]] na adquisición do coñecemento, en contraste co [[empirismo]], que resalta o papel da [[experiencia]], sobre todo o sentido da percepción. <ref>[http://www.usp.br/fau/docentes/depprojeto/c_deak/CD/4verb/racio/index.html] {{pt}}</ref>. Descartes cría que a [[xeometría]] representaba o ideal de todas as ciencias e tamén da filosofía. Mantiña que só por medio da razón se podían descubrir certas verdades universais, evidentes en si, das que é posíbel deducir o resto dos contidos da filosofía e das ciencias. Manifestaba que estas verdades evidentes en si eran innatas, non derivadas da experiencia. Este tipo de racionalismo desenvolvérono outros filósofos europeos, como o neerlandés [[Baruch Spinoza]] e o pensador e matemático alemán [[Gottfried Wilhelm Leibniz]]. Opuxéronse a ela os empiristas británicos, como [[John Locke]] e [[David Hume]], que crían que todas as ideas procedían dos sentidos.