Audrey Hepburn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 132:
Unha das cousas que máis destacaron nos seus últimos anos foi a dedicación, por enriba da súa saúde, ás causas do [[SIDA]] ou a [[malnutrición]] dos nenos en todo o mundo. En [[1992]], tres meses antes da súa morte e xa desafiuzada, Audrey fixo a súa última viaxe a [[Somalia]], un acto que sempre foi moi agradecido por [[UNICEF]] e que engrandecía aínda máis a súa xa sinxela e humana forma de entender a vida. A través desta organización, Hepburn dedicou o resto da súa vida a axudar aos nenos necesitados nos países máis pobres. En UNICEF aínda recordan a súa dedicación e entrega á causa, que databa dende o ano [[1955]] e que, pouco a pouco, foi gañando peso na súa vida. Cabe destacar a súa estatua na sede UNICEF de Nova York, inaugurada no ano [[2000]].
=== Defunción ===
[[Ficheiro:Grave of Audrey Hepburn, Tolochenaz, Switzerland - 20080711.jpg|miniatura|TombaTumba de Hepburn en Tolochenaz, Suíza.]]
Faleceu de cancro de colon na súa casa de [[Tolochenaz]], en [[Suíza]], o 20 de xaneiro de [[1993]] aos 63 anos de idade. Ese mesmo día, [[Elizabeth Taylor]] dixo que «Deus estaría contento de ter un anxo como Audrey con El».