Omar Khayyam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 5:
 
== Achegas ás Matemáticas e á Ciencia ==
[[Ficheiro:Khayam_2.jpg|miniatura|200px|TombaTumba de Omar Jayyam en Nishapur.]]Durante 18 anos, realizou relevantes investigacións en astronomía, que abrangueron a compilación de táboas astronómicas e particularmente, a corrección do antigo calendario Zaratustrano, que os persas conservaran debido á súa exactitude, a pesar de que a cultura islámica impuña a todas as nacións conquistadas o seu calendario lunar. As investigacións realizadas, permitíronlle calcular o erro do calendario persa que tiña un ano de 365 días exactos. Para o novo calendario, que se chamou Yalalí, (por orde de Malek Shah, que tamén se chamaba Yalaledín) Khayyam calculou a duración do ano cunha exactitude abraiante. O seu erro é dun día en 3770 anos, menor aínda que o do calendario gregoriano (dun día en 3330 anos), que recentemente se comezaría a empregar en Europa a partir do [[15 de outubro]] de [[1582]]. Foi formalmente inaugurado o [[15 de marzo]] de [[1079]], e é o calendario empregado aínda hoxe polos Persas. Khayyam non puido terminar as táboas astronómicas por mor das mortes de Nezam-o-Molk, e no mesmo ano, 1092 DC, a do sultán Malek Shah.
 
Fixo a súa peregrinación á Meca, segundo o costume musulmán no 1092 DC. Ao seu regreso a Neishabur, permaneceu vinculado á corte onde se desempeñou como historiador e xuíz, e deu clases de disciplinas como matemáticas, astronomía, historia, medicamento e filosofía. Lamentablemente, a súa obra científica só nos chegou en parte. Son extraordinarias: a ''Disertación sobre unha posible demostración do postulado paralelo, da xeometría de Euclides'', a ''Tese sobre Demostracións de Álxebra e Comparación'' escrita en árabe (traducida por Woepecke en [[1851]]), e o ''Tratado sobre a exactitude do sistema Indio para calcular raíces de ecuacións'' referido a ecuacións de segundo e terceiro grao, ''Os Problemas en Aritmética e Cálculo'', a ''Descrición das Táboas Astronómicas de Malek Shah'', o ensaio ''Luz da Razón'' sobre a ciencia en xeral, e a ''Disertación sobre Ciencias Naturais''. Existen uns oito traballos máis, sobre física, economía, historia, filosofía, metafísica e tradicións.