Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 15:
| father =[[Manuel I de Portugal]]
| mother =[[María de Aragón]]
| date of birth = 24 de Outubrooutubro de 1503
| place of birth =[[Lisboa]], [[Portugal]]
| dat
Liña 29:
O casamento fora negociado polo seu pai, D. [[Manuel I de Portugal|Manuel I]], que morrendo antes de finalizalo, deixouno recomendado en testamento ao seu sucesor no codicilo do 11 de decembro de 1521. Así, o 6 de Outubro de 1525 era asinado en Torres Novas o contrato. A noiva levou por dote a exorbitante contía de 900 mil cruzados portugueses, ou dobras castelás. [[Carlos V]], o seu noivo e seu curmán directo, era entón aínda só Carlos I, rei das Coroas de [[Coroa de Aragón|Aragón]] e [[Coroa de Castela|Castela]], duque da Borgoña e varios outros feudos: só catro anos despois será electo emperador do Sacro Imperio, tornándose xerarquicamente o máis alto soberano da Cristiandade, con xurisdición sobre a Alemaña e varios reinos e señoríos da [[Península Ibérica]], Italia, Francia e Flandres, estendendo ao mundo a súa influencia política e o poder das súas armas; porén, como todos os soberanos do [[Renacemento]], foi varias veces grazas a recorrer a grandes familias de banqueiros, como os Fugger, non só para financiar o seu acceso á coroa imperial, como tamén os seus proxectos político-militares. Por iso mesmo Carlos prometera, anteriormente, a Henrique VIII casarse con súa filla, Maria, de quen igualmente era curmán directo, en 1522 (cando esta tiña só seis anos) - mais preferiu aceptar a consorte portuguesa, cuxa alianza e cuxo dote inmediato eran moito máis significativos na Europa do tempo, e lle traían a liquidez necesaria para a compra do trono imperial.
 
Así, a princesa casou en Almeirim, o 1 de novembro de 1525, co seu curmán Carlos, representado polo embaixador Carlos Popeto; e partiu en xaneiro de 1526 rumbo a Elvas con grande e rica comitiva. DeslumbradoCegado coa súa beleza, Carlos V deulle ao casar por nova divisa as tres grazas, tendo a primeira delas a rosa, símbolo da fermosura; a segunda o ramo de murta, símbolo do amor; e a terceira, a coroa de carballo, símbolo da fecundidade.
 
== A morte e a lenda ==
 
Tendo a emperatriz falecido en Toledo, e estando nesa época o soberano en Granada, encargou este o futuro S. Francisco de Borja, un dos moitos apaixonados platónicos da bela emperatriz, da conducir até si a fin da sepultar. Chegados alí, ao abriren cerimonialmentecerimoniosamente o caixón de D. Sabela, a fin de verificaren a identidade do rexio cadáver, a súa descomposición ía xa avanzada, destruíndo a fermosura da máis bela muller daquel tempo, segundo rezaban os literatos de entón. Segundo a lenda, perante a fedorenta visión do seu cadáver descomposto o aínda Duque de Gandia, casado coa portuguesa D. Leonor de Castro, unha das súas damas, e que tanto e tan longamente amara a emperatriz á distancia, xurou nunca máis servir a señor humano algún, virándose unicamente para o servizo divino; e ao enviuvar de D. Leonor, algúns anos despois, optará pola vida relixiosa ingresando na [[Compañía de Xesús]]. O novo padre Francisco de Borja foi o terceiro Xeral da Compañía, sendo despois canonizado como [[San Francisco de Borja]]. Porén, sabemos agora que a famosa frase despois atribuída ao duque, e que deu nome ao célebre poema de Sophia de Mello Breyner titulado "Meditación do Duque de Gandia na morte de Sabela de Portugal", sobre a súa alegada decisión de nunca máis servir a señor mortal algún, foi si pronunciada por San Xoán de Ávila na oración fúnebre da emperatriz que proferiu durante as súas exequias. É aínda no entanto posíbel que S. Xoán de Ávila utilizase nas exequias imperiais a frase do humilde S. Francisco de Borja ao ser obrigado a contemplar descomposta a muller que amara, e que a tradición oral o soubese, ao atribuír a autoría desta a el e non a S. Xoán de Ávila.
 
[[Categoría:Emperador do Sacro Imperio Romano]]