KV62: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 24:
==Descubrimento==
[[Ficheiro:Tutankhamen tomb layout.jpg|esquerda|300px|miniatura|Plano da tumba]]
En [[1907]], xusto antes do descubrimento da tumba de [[Horemheb]], o equipo de [[Theodore M. Davis]] atopou unha pequena cámara, a chamada KV54, contendo obxectos funerarios co nome de '''Tutankhamón'''. Pensando que era a tumba deste faraón, Davis concluíu a escavación. En [[1912]] Davis publicou detalles de ambas as procuras, nas que afirmaba ''Témome que o Val dos Reis está xa esgotado.'' <ref>({{Cita libro|autor=Davis, Theodore M.|título= The Tombs of Harmhabi and Touatânkhamanou|ano=2001 |ide=ISBN =0-7156-3072-5|publicación= Duckworth Publishing}})</ref>
 
O arqueólogo [[Reino Unido|británico]] Howard Carter (ás ordes de [[George Herbert de Carnarvon|Lord Carnarvon]]) descubriu a tumba de Tutankhamón no Val dos reis o 4 de novembro de 1922, preto da entrada á de [[Ramsés VI]], a [[KV35]]. O achado renovou o interese do mundo occidental pola exiptoloxía. Carter avisou a Carnarvon e o 26 de novembro ambos os homes foron os primeiros en entrar na tumba en 3000 anos. Tras semanas dunha escavación coidadosa, o [[16 de febreiro]] de [[1923]], Carter abriu a cámara interior e descubriu o [[sarcófago]] do faraón.