Rías de Galicia: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Xeomorfoloxía das rías |
|||
Liña 11:
As [[Rías Baixas]], todas na fachada atlántica, son de maior tamaño. Enumeradas (de norte a sur) son as de [[Ría de Corcubión|Corcubión]], [[Ría de Muros e Noia|Muros e Noia]], [[Ría de Arousa|Arousa]], [[Ría de Pontevedra|Pontevedra]], [[Ría de Aldán|Aldán]], [[Ría de Vigo|Vigo]] e [[Ría de Baiona|Baiona]].
== A orixe e a xeoloxía das rías galegas ==
=== A orixe das rías ===
A costa atlántica e cantábrica da península presentan unha morfoloxía que nacería coa rotura das placas tectónicas o comezo do Cenozoico e que daría froito a aparición das rías. A rotura de Pangea no Cenzoico deu lugar á aparición do Océano Atlántico. A aparición do océano foi por unha tripla rotura do continente que dou comezo á separación da placa Ibérica, a Europea e a Norte Americana. Así, a finais do Mesozoico a costa peninsular atlántica e cantábrica quedaron definidas xeomorfoloxicamente como na actualidade. Esa fragmentación fixo aparecer a costa Ibérica, e que se modelou na forma que hoxe a vemos durante o Paleoceno. Durante esa época, esa nova costa fragmentada foi modelada pola acción fluvial de incisión, algo que sería máis marcado na cara atlántica da península que na cantábrica <ref name="romani_2005">J. R. Vidal-Romaní; A. Martelli, D. Fernández-Mosquera, E. de Uña and J. Yepes. GALICIA REGION: LANFORMS AND MORPHOLOGICAL EVOLUTION OF GRANITIC AREAS. SIXTH INTERNATIONAL CONFERENCE ON GEOMORPHOLOGY GALICIA REGION: LANDFORMS AND MORPHOLOGICAL EVOLUTION OF GRANITIC AREAS. Zaragoza, 2005.</ref>.
Desde o momento de rotura de placas, a costa cantábrica peninsular e a atlántica evolucionaron de diferente xeito. A marxe cantábrica actuou como unha zona de choque ata o Eoceno. Pola contra, a zona atlántica foi, dende o primeiro momento de rotura de Pangea, unha rexión onde a costa se expandiu e contraeu de xeito pasivo continuo. Así, a litosfera arrefriouse progresivamente ao avanzar o veta de fractura atlántica. Iso permitiu a distensión desa parte da placa e o seu afundimento. Durante o Terciario, a parte oeste peninsular foise afundindo por acumulación de sedimentos na súa plataforma continental. Iso provocou a aparición de bordes de placa pasivos no que se darían ascensos isostáticos de placa e unha acentuada erosión por fluxos fluviais. Esa erosión sería máis acentuada na parte atlántica da península mentres que máis suave na parte cantábrica. Ese proceso de descensos de nivel de base de mar e adaptación da rede fluvial foi o que deu lugar á aparición das rías <ref name="romani_2005" /><ref name="pages_2000">JL. Pagés Valcarlos. Origen y Evolución Geomorfológica de las Rías Atlánticas de Galicia. Rev. Soc. Geología de España. 13()3-4, 2000.</ref>.
As rías non chegaron a estar cubertas polo mar ata aproximadamente o Neoxeno. Estimase que durante o Pleistoceno o mar estaba a varios quilómetros da actual liña de costa. Durante o Pleistoceno ese limitite variaría, aumentando e reducíndose ata chegar a altura de costa de hoxe en día. Durante o Paleozoico, polas oscilacións glaciais e interglaciais, a erosión fluvial modelaría e faría máis acusada, a morfoloxía das zonas fluviais que acollen ás rías<ref name="romani_2005" />.
As rías da costa oeste, as rias Baixas (Laxe, Camariñas, Muros, Arousa e Vigo), serían as primeiras en ter aparecido. As rías altas (Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro e Ortigueira) serían máis recentes, do Neoxeno. En concordancia co anterior, as rías do Golfo Ártabro (Ferrol, Ares-Betanzos e o Burgo) serían rías de transición que apareceron entre medias no tempo<ref name="romani_2005" />.
=== Litoloxía e morfoloxía ===
Unha das clasificación xeolóxicas das rías establece que as rías atlánticas se poden ordenar en <ref name="pages_2000" />:
* Rías Baixas: Vigo, Pontevedra e Arousa
* Costa da Morte: Muros, Corcubión, Camariñas e Corme
* Golfo Ártabro: O Burgo, Ares-Betanzos e Ferrol
* Rías Altas
Considerase así o momento de fracturación de placas e a súa orientación. As orientacións das rías son de NNE-SSO (Ría de Arousa),NE-SO (Rías Baixas), e NO-SE (Ría de Corme e o Golfo Ártabro). As rías Baixas labráronse a favor das fracturas tectónicas, os ríos encaixáronse nestas e erosionaron os vales facéndoas máis anchas. Nestas rías o fondo da ría é máis profundo, pola intersección de fracturas de placa no seu interior. As rias da Costa da Morte son máis pequenas e danse sobre intersección de fracturas de placas e a súa forma está controlada pola intersección destas. As rías Ártabras están definidas pola súa litoloxía: quedan cerradas dentro de granitos resistentes no borde lateral e ancheadas pola facilidade de erosión do macizo interior <ref name="pages_2000" />.
==Véxase tamén==
|