Pedro de Monteagudo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
Pedro Monteagudo movida a Pedro de Monteagudo: movo para combinar historiais
Prevert (conversa | contribucións)
m recupero revisión como estaba 21:41, 26 abril 2007 por User:Lansbricae
Liña 1:
'''Pedro de Monteagudo e Piñeiro e Taboada''' ([[Castro, Cerdedo|Santa Baia de Castro]] c. [[1640]] - m. [[1700]]).
#REDIRECT [[Pedro de Monteagudo]]
 
Arquitecto galego; figura do esplendor barroco. Era fillo do mestre canteiro Pedro de Monteagudo e de Dominga de Piñeiro.
 
Monteagudo contruiríaa algunhas das obras máis relevantes do [[Barroco]] galego como son as fachadas dos templos dos mosteiros de [[San Xoán de Poio]], [[provincia de Pontevedra]], e [[Sobrado dos Monxes]], [[provincia da Coruña]]. Da súa valía é mostra que fose nomeado "Maestro Mayor de todas las Obras, Castillos y Fortalezas de puertos marítimos" do [[Reino de Galiza]].
 
Iniciado no oficio seguramente polo seu propio pai, comezou traballando no [[mosteiro de Oseira]], nos que xa será citado como mestre arquitecto, lugar no que mesmo se avecindou con a súa esposa, dada a duración das obras, como parece demostrar o o feito de que entrase na confraría de Nosa Señora da Ventela, radicada alí. Aínda que se lle chegou a adxudicar a autoría da fachada occidental da igrexa monacal, actualmente sábese que foi trazada por Francisco de [[Castro Canseco]].
 
Arredor de [[1665]], Monteagudo debeu ser contratado para as obras que se viñan realizando no mosteiro de Santa María de Sobrado, a súa obra cimera. En [[1676]] rematou a portada occidental do seu templo, e en [[1679]] as torres que a flanquean. Entre [[1689]] e [[1692]] constrúe a capela da Virxe do Rosario, na ala septentrional do cruceiro, que está considerada a súa obra mestra. Cara [[1695]] parece que debeu de deixar Sobrado.
 
Na fachada da igrexa o autor asina a súa obra (sitúase no frontón por enriba da imaxe da Virxe). Este dato é de gran importancia xa que por primeira vez na idade moderna en Galicia un arquitecto asina a súa obra. Ninguén desde que ofixera o [[Mestre Mateo]] na [[Catedral de Santiago]] reivindicara de tal xeito a súa obra.
 
Foi pioneiro de facturas e formas que caracterizarían ao barroco galego cun sentido de solidez e elevación incomparables, tal como se pode admirar na fachada da igrexa.
 
Porén algúns anos antes, en xaneiro de [[1691]], Monteagudo, logo da poxa aberta correspondente que gaña, pecha o contrato para erguer no prazo de un ano, consonte planos que o Abade lle presenta, a fachada principal da igrexa do mosteiro de San Xoán de Poio, moi perto de "[[Pontevedra|A Boa Vila]]". O Abade de [[Poio]] Pedro Otero encargoulle polo tanto a fachada do templo do mosteiro e pese a que seguiu unha traza discreta Monteagudo non deixou de mudar detalles. Isto xunto outros detalles contractuais que non cumpriu, conduciron a apertura dun preito contra el desde [[1695]].
 
No outro ano de [[1696]], Monteagudo debeu coller as obras da igrexa de [[Arealonga, Vilagarcía de Arousa|Santa Baia de Arealonga]], en [[Vilagarcía de Arousa]], Pontevedra, que non chegaría a concluír por falecemento a principios de marzo do ano 1700. Foi pai dos tamén arquitectos Pedro, Antonio e Francisco.
 
== Fontes ==
 
*Rodríguez Fraiz, Antonio, ''Canteiros e artistas de Terra de Montes e Ribeiras do Lérez''. Pontevedra. [[1982]]
 
*Rodríguez Fraiz, Antonio, ''Pedro de Monteagudo e outros canteiros de Terra de Montes e a súa obra nos mosteiros galegos'', in Boletín Auriense, Anexo 6. Ourense. [[1986]], páxs.153-168
 
*Tilve Jar, Mª de los Ángeles, ''El arquitecto Pedro de Monteagudo en la iglesia de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa)'', in El Museo de Pontevedra, nº 44. Pontevedra. [[1990]], páxs. 431-453
 
[[Category:Arquitectos galegos]]