Organización Republicana Gallega Autónoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
Liña 8:
 
== Estatuto ==
A ORGA contaba cun sector galeguista que pulou por facer da ORGA un partido comprometido coa realidade nacional galega e que asumise o autogoberno como un referente político, máis tamén contaba cun outro sector desinteresado da consecución de calquera autonomía para Galicia. Con todo tras a proclamación da república foi a ORGA a que tomou a iniciativa convocando o 4 de xuño de 1931 unha asemblea pro-Estatuto da que saiu un primeiro proxecto de estatuto, que resultou frustrado. Tras outro proxecto fracasado a fins de ano, o alcalde de Santiago de Compostela, militante da ORGA convocou unha asemblea de municipios en 1932 do que saiu un proxecto de estatuto e un Comité Central de Autonomía de Galicia presidido por [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall|Osorio Tafall]], así e todo o principal valedor deste proxecto non foi a ORGA senón o [[Partido Galeguista]], debido en parte a que o sector galeguista tiña cada vez menos peso no seo da ORGA e os atrancos que o propio Casares Quiroga como ministro da Gobernación lle puxo.
 
== Prensa ==