Al-Hakam II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 78:
Da traxectoria deste califa, intelixente, ilustrado, sensíbel e extremadamente piadoso só cabe lamentar que reinara a penas 15 anos, e que cometera o gran erro de non nomear un sucesor capacitado e eficaz.
 
QuizáisQuizais por sentir próxima a súa morte polo ataque de hemiplexía que sufriu, apresurouse en nomear sucesor ao seu fillo, [[Hisham (Córdoba)|Hisham II]] que, ao acceder ao trono sendo menor de idade, converteuse nunha marioneta utilizada con astucia por Al-Mansur e os seus partidarios.
 
As desbordadas ambicións do [[visir]] e o seu obsesivo fanatismo relixioso e militarista abocarían a Al-Ándalus a emprender continuas campañas bélicas. Xunto aos seus acólitos apropiouse da autoridade administrativa, iniciando un período de intransixencia que desencadeou graves conflitos civís e afectou moi negativamente á unidade política das diversas colectividades que integraban o conxunto social de Al-Ándalus. A continuidade do califato fíxose inviábel e comezou a súa decadencia.