Raxó, Poio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 12:
'''San Gregorio de Raxó''' é unha parroquia do concello de [[Poio]], na [[comarca do Salnés]]. Segundo o [[Igesip|IGE]], no ano 2014 tiña 1.144 habitantes (558 homes e 586 mulleres), 7 máis ca no ano 2008.
 
Con 1.8 km², é a parroquia máis pequena do concello. Dista 8,5 km da casa consistorial. Conta con once entidades de poboación: A Igrexa, Caneliñas, Espedregada, Lameiriña, Outeiro, Praia, Portería, O Rego, A Serpe, Terradepedra e Valdemós. Dista 8Porén,5 km da casa consistorial. Debidodebido ó desenvolvemento urbano, o [[INE]], conta conta dous núcleos: [[Raxó vila]] e [[Serpe, Raxó, Poio|Serpe]] (Serpe).
 
== Xeografía ==
Liña 85:
Esta situación mantívose ata principios do século XX, cando comezaron a xurdir as primeiras experiencias industriais a partir das pesquerías realizadas en Raxó. Ademais da pesca propiamente dita, que neste tempo comeza a xerar excedentes que dan lugar primeiro a unha economía de troco e despois de mercado, cómpre falar das primeiras fábricas de salgadura. Mantéñense aínda en pé os restos de dúas fábricas de salgadura, unha fronte á praia da Maceiriña, no límite dos concellos de [[Poio]] e [[Sanxenxo]], e outra na Granxa de Abaixo, xa no concello de Sanxenxo. Ámbalas dúas industrias contaban cun pequeno peirao onde atracaban as chalanas e os barcos co peixe. Son os precedentes máis directos da posterior fábrica de [[conservas Camping]], propiedade de [[Rafael Casaponsa]] en funcionamento na actualidade, que se instalará en Fontemaior, se ben estas primeiras industrias traballaron máis como talleres artesanais que como fábricas modernas
 
A [[guerra civil española]] someteu de novo ós habitantes de Raxó a unha penuria económica, provocando un novo éxodo migratorio e o traballo dos homes na navegación de gran altura. En efecto, gran número dos mariñeiros que non emigran, embárcanse tanto en mercantes (transmediterraneaTransmediterránea etc.). como en pesqueiros de altura, ou en petroleiros da CAMPSA, e en menor medida en barcos de compañías estranxeiras. Na década dos setenta e principios doisdos oitenta, hai tamén traballadores de Raxó nas plataformas petrolíferas holandesas do [[Mar do Norte]], entre outras.
 
A mellora das condicións económicas do país, unida ó benestar das familias que teñen o cabeza de familia na emigración, na pesca de gran altura, na navegación ou nas plataformas, vai dar lugar a unha mellora económica apreciable. É a época na que se crean pequenos negocios na vila, diversificando as tradicionais tabernas e bares existentes.
Liña 94:
 
== Entidades locais ==
As asociacións organizadas son fundamentalmente a Asociación de Veciños "A Laxe", que ten unha escasa actividade pero que se mantén vixente no plano legal, e a Sociedade Cultural e Deportiva Raxó, fundada en 1982. Arredor da igrexa creouse recentemente o Consello parroquial, para organizar as actividades relixiosas e o culto.
 
== Galería de imaxes ==