Diferenzas entre revisións de «Morgana en Esmelle»

(→‎Narración: lig int)
A novela, escrita en [[terceira persoa]], alterna varios narradores: Felipe de Amancia, Merlín, a propia Morgana e as ''Crónicas de Ávalon''. Os dous primeiros amosan unha visión persoal deses personaxes, e os textos tomados das ''Crónicas'' pretenden dar unha visión máis obxectiva.
 
A trama entronca coa [[Materia de Bretaña]] e co mundo fabuloso descrito por [[Álvaro Cunqueiro]] na terra de Miranda na obra ''[[Merlín e familia]]''. Con todo, esta é unha novela que pretende botar sobre o asunto unha mirada feminina, resaltando o papel de Viviana e Morgana fronte ás pretensións de Merlín<ref>"Morgana en Esmelle", artigo sobre o libro na revista ''[[Andaina]]'' nº 60, xaneiro de 2012.</ref>.
 
==Notas==
128.330

edicións