Plasma sanguíneo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 33:
# Gases respiratorios (principalmente CO<sub>2</sub>, xa que a maior parte do O<sub>2</sub> está nos eritrocitos).
# Solutos orgánicos. Hai dúas grandes clases destes solutos no plasma:
::* Substancias en tránsito : nutrientes ([[líipidolípido]]s, [[glícido]]s, [[aminoácido]]s), residuos metabólicos ([[urea]], [[ácido úrico]], [[bilirrubina]]), e [[hormona]]s.
::* Proteínas plasmáticas (60 a 80 g/L) : en total no plasma hai unhas 300 proteínas diferentes. As máis abondosas son: [[seroalbumina humana|albumina]] (+ do 50 %), [[anticorpo]]s (= inmunoglobulinas: 20 %, esencialmente as [[IgG]], e tamén [[IgA]] e [[IgM]]), [[fibrinóxeno]] (5 %, coagulación), alfa 1 antitripsina (4 %), alfa 2 macroglobulina (4 %), [[transferrina]] (3 %), [[lipoproteína]]s ([[HDL]] e [[LDL]], principalmente: 8 %). Outras proteínas menos representadas poden ter tamén funcións moi importantes para o organismo. En xeral, as proteínas exercen un efecto tampón que contribúe a manter o pH, a equilibrar a [[presión osmótica]] e [[Presión oncótica|oncótica]] e a darlle ao sangue a súa [[viscosidade]]; neste papel a proteína maioritaria albumina é a máis importante.<br /> Ademais, cada tipo de proteína plasmática exerce unhas funcións específicas. Varias proteínas transportan substancias como a transferrina (transporta ferro), a [[ceruloplasmina]] (cobre), as lipoproteínas (lípidos), e a albumina (transporta hormonas, [[ácido graxo|ácidos graxos]], bilirrubina, Ca<sup>2+</sup>, e ten sitios para a fixación de fármacos). Outras interveñen na defensa inmunitaria humoral, como as inmunoglobulinas (IgG, 70%, IgA, 20%, IgM, 5 %) e as proteínas do [[sistema do complemento|complemento]]. Outras interveñen na [[coagulación do sangue]] (factores de coagulación, que forman unha fervenza que orixina a formación de coágulos de [[fibrina]]).