Congreso da Emigración Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
 
===Primeiro Congreso da Emigración Galega===
O Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en [[Bos Aires]] entre o 24 e 31 de xullo de 1956, foi impulsado polo [[Consello de Galiza]], coincidindo coa celebración do centenário do [[Banquete de Conxo]], considerado e reivindicado coma un dos feitos chave na etapa fundacional do movemento galeguista.
 
Este encontro tiña como obxectivo, segundo figura na convocatoria, estudar os problemas específicos, individuais e colectivos, dos emigrados galegos, con proxeccións sobre o presente e futuro de Galiza, buscándolles as posíbeis e axeitadas solucións, e supuña unha tentativa de unión das diversas colectividades espalladas polo continente americano, así como, de forma indirecta, un elemento de auto-lexitimación do propio Consello de Galiza que, como entidade convocadora e na súa propia natureza de representante do goberno galego no exilio, podería beneficiarse a nivel simbólico dos avances realizados neste camiño.