Parque Natural do Delta do Ebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Almaffi (conversa | contribucións)
Engadir contido
Liña 7:
O delta do Ebro é a zona húmida máis grande de [[Cataluña]] e unha das máis importantes de [[Europa Occidental]] detrás do parque rexional da [[Camarga]] en [[Francia]] e do [[parque nacional de Doñana]] no sur de España.
 
==Hábitats==
===Arrozais===
No Delta do Ebro existen unhas 22.000 hectáreas de arrozais. Creando, este cultivo, un lugar idóneo de refuxio, alimento e cría para moitas aves acuáticas. Algunhas das aves máis comúns son as [[Pernalonga|pernaslongas]], a [[Perdiz de mar|perdiz de mar]] ou o [[Mazarico negro|mazarico negro]]. Tamén son frecuentes aves das familias [[Ardeidae]], [[Laridae]] ou [[Sternidae]].
A presenza das aves nos arrozais tamén causa danos ó cultivo. Así, por exemplo o [[Flamengo]] pisa a planta e ocasiona grandes perdas. Mediante a vixiancia, a espantada de aves e as axudas económicas reducíronse os danos económicos. Outra ave que pode ocasionar danos nos arrozais é o [[Camón]], neste caso por alimentarse directamente da planta do [[Arroz|arroz]]; sendo este un fenómeno habitual en toda a costa mediterránea. Algunhas medidas que teñen mitigado o problema
foron a separación natural dos arrozais das canaveiras por balsas de auga salgada, o peche das leiras afectadas por tendidos eléctricos ou a realización de fotografía aérea para acadar unha mellor peritaxe<ref>El conflicto entre el calamón y la agricultura del arroz. Revista Quercus, Cuaderno 333, Novembro 2013{{es}}</ref>.
 
==Notas==
{{Listaref}}
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===