Cuarcita armoricana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info da wiki en castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de maio de 2015 ás 17:48

A cuarcita armoricana (denominada tamén como cuarcita ordovícica) é unha formación xeolóxica composta por cuarcitas e cuarzoarenitas con cemento silícico, que se formou no ordovícico inferior.

Cuarcita armoricana da Peña Furada, en Gallegos del Campo (Zamora).

É unha formación rochosa moi típica dos macizos, como no macizo Ibérico (nas zonas Asturoccidental-Leonesa, Cantábrica, Centroibérica e Ossa-Morena) e no macizo Armoricano, que é o que lle dá o nome, xa que este procede das descricións realizadas neste macizo situado na antiga Armórica, rexión xeolóxica da Bretaña.

Aparicións na península Ibérica

Existen exemplos na península Ibérica,[1] como no Parque Nacional de Monfragüe ou na Serra Morena, así como no cabo de Peñas, os montes de Toledo e na serra da Culebra (provincia de Zamora).

Notas

  1. García-Cortés, Jaime Palacio Suárez-Valgrande, Carlos I. Salvador González, José A. Águeda Villar, (2008): Contextos geológicos españoles, páx. 21.

Véxase también

Outros artigos