Xoán Primicerius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Ligazón correcta
Liña 3:
'''Xoán''' ou '''Ioannes Primicerius''', finado en Aquileia no [[425]], foi un [[emperador romano]]. Ocupou o trono do [[Imperio Romano de Occidente]] entre o [[423]] e o 425, recoñecido polo [[senado]] de Roma, pero non polo [[Imperio Romano de Oriente]].
 
== Traxectoria ==
=== Morte de Honorio e ascenso de Xoán ===
Cando [[Flavio Honorio|Honorio]] morre en [[Rávena]] de [[hidropisía]] o [[15 de agosto]] de [[423]] as relacións entre as dúas partes do imperio atópanse nun momento delicado. Tan pronto como a corte oriental se entera da morte de Honorio, forzas orientais ocupan Salona, na Dalmatia, prefectura de Italia. Este feito, unido á anterior negativa oriental a recoñer ao falecido [[Constancio III]] oficialmente coma ''augustus'', reforzaría as sospeitas occidentais de que a corte oriental pretendía dende tempo atrás que [[Teodosio II]] sexa o único soberano para todo o orbe romano.
 
Liña 19:
A ''Chronica'' de [[Próspero de Tiro]] explica así a situación: ''“Honorius moritur et imperium eius Iohannes occupat conivente, ut putabatur, Castino, qui exercitui magister militum praeerat.”'' É dicir, Castino non aparece como a forza decisoria, senón que simplemente deixaría facer e aceptaría feitos consumados.
 
O [[23 de novembro]] de [[423]] o senado de Roma declara a Xoán oficialmente ''augustus'' da ''pars occidentis'' tomando coma escusa a necesidade de que un novo emperador determinase medidas efectivas contra o bloqueo ao abastecemento de trigo africano e outros bens necesarios para a cidade e Italia por parte de [[Bonifacio I, papa|Bonifacio]], que así pretendía debilitar a influencia de Castino, sucesor de Constancio ao fronte dos exércitos occidentais. En decembro Xoán asume a púrpura e trasládase a [[Rávena]].
 
===As dificultades de goberno===