Continuo dialectal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 28 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q215844
Liña 16:
As variedades de [[lingua alemá|alemán]] e [[lingua neerlandesa|neerlandés]] formaban ata comezos de século un continuo xeolectal. Así os moitos dialectos etiquetados usualmente como formas de [[lingua alemá|alemán]], [[lingua neerlandesa|neerlandés]] ou [[afrikaans]] forman un único continuo dialectal con tres [[lingua estándar|estándares literarios]] recoñecidos. Aínda que o neerlandés e o alemán non son mutuamente intelixibles, hai numerosos dialectos de transición que si o son. De acordo co paradigma [[Ausbausprache - Abstandsprache - Dachsprache]], estes dialectos poden considerarse ''Abstandsprachen'' (é dicir, "linguaxes autónomas"). Con todo, poden verse tamén como dialectos dunha única lingua, asumindo a existencia dunha [[lingua estándar]] común a través da cal sexa posible a comunicación. Tal situación denomínase [[diglosia]].
 
As [[lingua romance|linguas romances]] de [[Portugal]], [[España]], [[Francia]] e [[Italia]] foron propostas como exemplo de continuo xeolectal. Aínda que máis modernamente os dialectos intermedios que permiten construír a cadea lingüística tenden á desaparición. Con todo, para seguir a cadea de dialectos mutuamente intelixibles non serve calquera camiño. Entre Portugal e Francia, a cadea de dialectos ha de pasar necesariamente por [[Galicia]], o dominio lingüístico astur-leonés de sur a norte ([[lingua mirandesa|Mirandés]], [[lingua leonesa|Leonés]] e [[Bable]]s asturianos de oeste a este) e máis adiante polo [[Pireneo Aragonés]] e por [[Cataluña]].
 
As [[Inuktitut|linguas esquimós]] forman unha cadea dialectal ao longo do ártico [[Canadá|canadense]], na que cada variedade é altamente comprensible coas variedades próximas situadas en xeral ao leste e ao oeste, pero nas que variedades extremas como o [[Inuktitut|inupiatum]] de [[Alasca - Alaska|Alaska]] non é comprensible co [[Inuktitut|Nunatsiavummiutut]] do [[Terra Nova e Labrador|Norte de Labrador]], malia que existe intelixibilidade destas variedades con outras intermedias.