Poxviridae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 32:
 
Hai catro xéneros de poxvirus que poden infectar a humanos, que son:
* '''''Orthopoxvirus''''': virus da varíola, virus [[vaccinia]], virus da varíola bovina, virus da varíola do mono; tamén é deste grupo o virus da varíola do camelo, que ás veces contaxia as mans dos humanos que manipulan eses animais.
* '''''Parapoxvirus''''': virus orf, virus da pseudovaríola bovina, virus da estomatite papular bovina.
* '''''Yatapoxvirus''''': virus da varíola do río [[Tana, río|Tana]], virus do tumor do mono de [[Yaba, Lagos|Yaba]].
* '''''Molluscipoxvirus''''': virus do [[molusco contaxioso]] (MCV).<ref>{{cite journal | title=Pathogenic Molluscum Contagiosum Virus Sequenced | journal=Antiviral Agents Bulletin |date=August 1996 | pages=196–7 | publisher=Biotechnology Information Institute | url=http://www.bioinfo.com/mcv.html | accessdate=2006-07-16}}</ref>
Liña 40:
== Estrutura ==
[[Ficheiro:Electron micrograph of poxvirus particles in synovium of a big brown bat and negative staining of poxvirus particles in cell culture supernatant.jpg|miniatura|esquerda|A) Micrografía electrónica de partículas de poxvirus na membrana sinovial dun morcego. B) Tinguidura negativa de partículas de poxvirus no sobrenadante dun cultivo celular. Barra de escala = 100 nm.]]
As partículas virais ([[virión]]s) dos ''Poxviridae'' teñen xeralmente [[envoltura vírica|envoltura]] (virión con envoltura externa ou EEV), aínda que a forma virión maduro intracelular (IMV) deste virus, contén envolturas diferentes, e é tamén infeccioso. Varían na súa forma dependendo da especie, pero xeralmente teñen forma de ladrillo ou forma oval similar a un ladrillo redondeado porque están envoltos polo [[retículo endoplasmático]] da célula. O virión é excepcionalmente grande, o seu tamaño é de arredor de 200 [[Nanómetro|nm]] de diámetro e 300 [[Nanómetro|nm]] de lonxitude e leva o seu [[xenoma]] nun segmento de [[ADN]] de dobre cadea linear e único.<ref>{{cite web|title=ICTVdb Descriptions: 58. Poxviridae|author=International Committee on Taxonomy of Viruses|date=2004-06-15|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/ICTVdb/ICTVdB/58000000.htm|accessdate=2005-02-26}}</ref> En comparación, a lonxitude dun ''[[Rhinovirus]]'' é só a décima parte da dun virión típico de ''Poxviridae''.<ref>[http://www.cellsalive.com/howbig.htm How Big is a ... ?] at ''[http://www.cellsalive.com/index.htm Cells Alive!]''. Retrieved 2005-02-26.</ref>
 
== Replicación ==
A replicación dos poxvirus implica varios estadios. A primeira cousa que fai o virus é unirse a un receptor da superficie da célula [[hóspede]]; crese que os receptores para os pxvirus son [[glicosaminoglicano]]s (GAGs). Despois de unirse ao receptor, o virus entra na célula, onde perde a envoltura. Esta perda da envoltura é un proceso en dúas etapas. Primeiramente, elimínase a membrana externa a medida que a partícula entra na célula; en segundo lugar, a partícula vírica (sen a membrana externa) fusiónase coa membrana celular para liberar a súa parte central (''core'') no [[citoplasma]]. Os xenes virais pox exprésanse en dúas fases. Os xenes temperáns codifican as proteínas non estruturais, incluíndo as proteínas necesarias para a replicación do xenoma viral, e exprésanse antes de que se replique o xenoma. Os xenes tardíos exprésanse despois da replicación do xenoma e codifican as proteínas estruturais necesarias para construír a partícula do virus. A ensamblaxe da partícula do virus ocorre en cinco etapas de maduración que acaban coa [[exocitose]] final dos virións novos envoltos. O número de membranas que envolven os virións foi discutido, pero crese que son de unha a tres segundo a etapa do ciclo vital.
 
En virus como o da vaccinia distínguense varias formas do virión, que son:<ref name=vaccinia1>{{cite journal |author=[[Geoffrey L. Smith|Smith GL]], Vanderplasschen A, Law M |title=The formation and function of extracellular enveloped Vaccinia virus |journal=J. Gen. Virol. |volume=83 |issue=Pt 12 |pages=2915–31 |date=1 December 2002|pmid=12466468 |url=http://vir.sgmjournals.org/cgi/content/full/83/12/2915 }}</ref>
Liña 78:
 
== Historia ==
As doenzas causadas polos poxvirus, especialmente a [[varíola]], coñécense desde hai séculos. Un dos primeiros casos sospeitosos é o do [[faraón]] exipcio [[Ramsés V]], que se cre que morreu de varíola aproximadamente no ano 1150 [[a. C.]].<ref name="Hopkins_2002">{{citeCita booklibro |title=The greatest killer: smallpox in history, with a new introduction |first=Donald R. |last=Hopkins |origyear=1983|year=2002 |publisher=University of Chicago Press |page=15 |quote=Co permiso especial do presidente Anwar el Sadat, permitíuseme examinar a metade superior frontal da [[momia]] desvendada de Ramsés V no Museo do Cairo en 1979. …A inspección da momia revelou unhas erupcións de "pústulas" elevadas, cada unha de aproximadamente de dous a catro milímetros de diámetro, …(Un intento de probar que estas erupcións foran causadas pola varíola por medio dun exame con [[microscopio electrónico]] de pequenos fragmentos de tecidos que caeran na mortalla non tivo éxito. Non se me permitiu extirpar unha das pústulas.) …O aspecto das pústulas máis grandes e a distribución aparente das erupcións son similares ás erupcións da varíola que vin en vítimas máis recentes.}}</ref><ref>Date of Ramses V's death derived from the Encyclopedia of Ancient Egypt, Margaret Bunson (New York: Facts On File, 2002) ISBN 08160456310-8160-4563-1 p.337.</ref> A varíola pénsase que foi transferida a Europa arredor de finais do [[século VIII]] e despois a América a inicios do [[século XVI]]. Acéptase que a gran mortaldade causada entre os [[azteca]]s, que contribuíu grandemente á súa derrota, foi causada por unha epidemia de varíola e que en dous anos morreron uns 3,2 millóns de indíxenas mexicanos. Esta elevada cifra pode explicarse pola completa falta de inmunización contra ese virus da poboación americana. Un século despois [[Edward Jenner]] atopou que o virus máis leve da varíola bovina podía usarse para vacinar efectivamente contra a máis grave e mortal varíola humana, e no [[século XX]] fíxose un esforzo mundial para estender a vacinación contra a varíola. O último caso de varíola epidémica ocorreu en Somalia en 1977. Despois dunha ampla investigación durante dous anos sen que se detectasen novos casos, en 1979 a [[Organización Mundial da Saúde]] (OMS) declarou que a doenza estaba oficialmente erradicada. En 1986, todas as mostras do virus foron destruídas ou transferidas a dous laboratorios de referencia aprobados pola OMS: na sede central dos Centros para a Prevención e Control de Enfermidades ([[CDC]]) federais de EUA en [[Atlanta]], [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]] e no Instituto de Preparacións de Virus de [[Moscova]], [[Rusia]].<ref>{{cite journal |pages=2127–37 |doi=10.1001/jama.281.22.2127 |title=Smallpox as a Biological Weapon: Medical and Public Health Management |year=1999 |last1=Henderson |first1=D. A. |last2=Inglesby |first2=Thomas V. |last3=Bartlett |first3=John G. |last4=Ascher |first4=Michael S. |last5=Eitzen |first5=Edward |last6=Jahrling |first6=Peter B. |last7=Hauer |first7=Jerome |last8=Layton |first8=Marcelle |last9=McDade |first9=Joseph |last10=Osterholm |first10=Michael T. |last11=O'Toole |first11=Tara |last12=Parker |first12=Gerald |last13=Perl |first13=Trish |last14=Russell |first14=Philip K. |last15=Tonat |first15=Kevin |last16=For The Working Group On Civilian Biodefense |journal=JAMA: the Journal of the American Medical Association |volume=281 |issue=22 |pmid=10367824}}</ref> A partir dos atentados do 11 de setembro de 2001 en EUA, os gobernos de EUA e Reino Unido incrementaron a súa preocupación sobre o uso de virus causantes varíola ou de doenzas similares no bioterrorismo.
 
== Notas ==
Liña 86:
=== Ligazóns externas ===
* Micrografías electrónicas de ''Orthopoxvirus'' e ''Parapoxvirus'', incluíndo o virus da varíola, recompiladas polo [[ICTV]] na súa [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/ICTVdb/WIntkey/Images/em_poxvi.htm galería de imaxes de ''Poxviridae''].
* {{cite journal |first1=R. Mark L. |last1=Buller |first2=Gregory J. |last2=Palumbo |title=Poxvirus Pathogenesis |journal=Microbiology and Molecular Biology Reviews |pmid=1851533 |pmc=372802 |url=http://mmbr.asm.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=1851533 |year=1991 |volume=55 |issue=1 |pages=80–122}}
* [http://www.poxvirus.org Información xenómica e bioinformática de Poxviruses na base de datos do NIH].
* [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?id=10240 Páxina de taxonomía do NCBI].