Quimiótrofo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 3:
Os '''quimiótrofos''' son organismos que obteñen a súa [[enerxía]] de [[reacción química|reaccións químicas]] de [[oxidación]] de [[doante de electróns|doantes de electróns]] que se encontran no seu ambiente, os cales poden ser moléculas [[materia orgánica|orgánicas]] (nese caso o organismo é [[quimioorganótrofo]]) ou [[composto inorgánico|inorgánicas]] (organismos [[quimiolitótrofo]]s). Este tipo de [[metabolismo]] chámase '''quimiotrofia'''. O contrario de quimiótrofo é [[fotótrofo]], que é un organismo que utiliza a enerxía da luz solar. Os quimiótrofos poden ser [[autótrofo]]s (quimioautótrofos) se utilizan o carbono do CO<sub>2</sub>, ou [[heterótrofo]]s (quimioheterótrofos), se utilizan carbono procedente de moléculas orgánicas.
 
== Quimioautótrofos ==
Os '''quimioautótrofos''', ademais de obteren enerxía de reaccións químicas, sintetizan todos os compostos orgánicos necesarios utilizando o carbono procedente do [[dióxido de carbono]]. Os quimioautótrofos usan fontes de electróns inorgánicas para producir enerxía, como o [[sulfuro de hidróxeno]], [[xofre]] elemental, [[ferro ferroso|ión ferroso]], [[hidróxeno]] molecular, e [[amoníaco]], polo que son [[litótrofo]]s (quimiolitoautótrofos). Son quimioautótrofos a maioría das [[bacteria]]s ou [[arquea]]s que viven en ambientes [[extremófilo|hostís]] como as [[fonte hidrotermal|fontes hidrotermais]] mariñas e son os [[produtor primario|produtores primarios]] neses [[ecosistema]]s. Os biólogos evolutivos cren que os primeiros organismos que habitaron a terra eran quimioautótrofos. Os quimioautótrofos xeralmente pertencen aos seguintes grupos: [[metanóxeno]]s, [[halófilo]]s, [[Metabolismo microbiano|oxidantes do xofre]], [[bacterias redutoras do xofre|reductoras do xofre]], [[nitrificación|nitrificantes]], bacterias do [[anammox]], e [[termoacidófilo]]s. O crecemento quimiolitotrófico pode ser moi rápido, como ocorre en ''Thiomicrospira crunogena'' que ten un [[tempo de duplicación]] de arredor dunha hora.<ref>[http://dx.doi.org/10.1128/JB.187.16.5761-5766.2005 The Carbon-Concentrating Mechanism of the Hydrothermal Vent Chemolithoautotroph Thiomicrospira crunogena J Bacteriol. 2005 August; 187(16): 5761–5766]</ref>
 
== Quimioheterótrofos ==
Os '''quimioheterótrofos''' son incapaces de [[fixación do carbono|fixar o carbono]] para formar os seus propios compostos orgánicos, polo que deben adquirir compostos orgánicos xa formados do seu medio. Os quimioheterótrofos poden ser quimiolitoheterótrofos (algúns [[procariota]]s), que utilizan fontes de electróns inorgánicas para producir enerxía como o xofre, ou quimioorganoheterótrofos (animais, fungos, protozoos, moitos procariotas), que utilizan fontes de orgánicas de enerxía (e de carbono) como [[carbohidrato]]s, [[lípido]]s, e [[proteína]]s.<ref>{{citeCita booklibro | last= Davis| first= Mackenzie Leo, et al.| title= Principles of environmental engineering and science| year= 2004| publisher=清华大学出版社| page= 133| url= http://books.google.com/books?id=e0OsNiQthNQC&pg=PA133&dq=chemoheterotroph&lr=&cd=41#v=onepage&q=&f=false| isbn= 978-7-302-09724-2}}</ref><ref>{{citeCita booklibro | last1= Lengeler| first1= Joseph W.| last2= Drews| first2= Gerhart| last3= Schlegel| first3= Hans Günter| title= Biology of the Prokaryotes| year= 1999| publisher= Georg Thieme Verlag| page= 238| url= http://books.google.com/books?id=MiwpFtTdmjQC&pg=PA238&dq=chemolithoheterotroph+sulfur+bacteria&cd=6#v=onepage&q=chemolithoheterotroph%20sulfur%20bacteria&f=false| isbn= 978-3-13-108411-8}}</ref><ref>{{citeCita booklibro | last= Dworkin| first= Martin| title= The Prokaryotes: Ecophysiology and biochemistry| year= 2006| edition=3rd| publisher= Springer| page= 989| url= http://books.google.com/books?id=uleTr2jKzJMC&pg=PA989&dq=chemolithoheterotroph+sulfur+bacteria&cd=3#v=onepage&q=chemolithoheterotroph%20sulfur%20bacteria&f=false| isbn= 978-0-387-25492-0}}</ref><ref>{{citeCita booklibro | last= Bergey| first= David Hendricks| last2= Holt| first2= John G.| title= Bergey's manual of determinative bacteriology| year= 1994| edition=9th| publisher= Lippincott Williams & Wilkins| page= 427| url= http://books.google.com/books?id=jtMLzaa5ONcC&pg=PA427&dq=chemolithotrophic+sulfur+bacteria&cd=1#v=onepage&q=chemolithotrophic%20sulfur%20bacteria&f=false| isbn= 978-0-683-00603-2}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
Liña 16:
* [[Litótrofo]]
 
== Bibliografía ==
 
1. Katrina Edwards. ''Microbiology of a Sediment Pond and the Underlying Young, Cold,
Hydrologically Active Ridge Flank''. Woods Hole Oceanographic Institution.
 
2. Coupled Photochemical and Enzymatic Mn(II) Oxidation Pathways of a Planktonic Roseobacter-Like Bacterium
Colleen M. Hansel and Chris A. Francis*
Department of Geological and Environmental Sciences, Stanford University, Stanford, California 94305-2115
Received 28 September 2005/ Accepted 17 February 2006
 
 
[[Categoría:Metabolismo]]