Esfínter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Anorectum gl.gif|miniatura|dereita|Esfínteres externo e interno do ano.]]
Un '''esfínter''' (do latín tardío ''sphincter'', e este do grego σφιγκτήρ, sphinktēr, "banda, músculo contráctil"), é unha estrutura anatómica constituída por un [[músculo]] circular ou con forma de anel que normalmente mantén a constrición dun orificio ou pasaxe natural do corpo, que se relaxa cando é necesario para o funcionamento fisiolóxico normal. Os esfínteres atópanse en moitos animais vertebrados e invertebrados, e no corpo humano existen moitos, aínda que algúns son pequenos e microscópicos, especialmente os millóns de [[esfínter precapilar|esfínteres precapilares]] existentes nos [[capilar]]es sanguíneos.<ref name="vander-6th">{{citeCita booklibro|last=Vander|first=Arthur|title=Human Physiology: The Mechanism of Body Function (Sixth Edition, International Edition)|year=1994|publisher=McGraw Hill, Inc|isbn=0-07-113761-0|pages=437–440|coauthors=Sherman, James; & Luciano, Dorothy}}</ref> Os esfínteres reláxanse ao morrer. O mal funcionamento dos esfínteres orixina diversos problemas como a [[incontinencia]] urinaria ou fecal ou o [[refluxo gastroesofáxico]].
 
== Funcións ==
Os esfínteres son efectivos para controlar a entrada e liberación de líquidos e sólidos, facilitando o seu paso nos momentos adecuados ou impedindo o refluxo. Moitos esfínteres úsanse diariamente como parte normal da dixestión ou da visión. Por exemplo, o esfínter esofáxico situado na parte superior do estómago mantén os ácidos estomacais e outros contidos estomacais dentro do estómago evitando que pasen ao [[esófago]].
 
== Clasificacións ==
Os esfínteres poden clasificarse en funcionais e anatómicos:
* Os esfínteres anatómicos teñen un engrosamento de músculo localizado e xeralmente circular que facilita a súa acción como esfínter.
Liña 14:
* Os esfínteres involuntarios son estimulados polo [[sistema nervioso autónomo]].
 
== Exemplos ==
[[Ficheiro:Ileocaecal sphincter.png|miniatura|dereita|180px|Diagrama do [[esfínter ileocecal|esfínter e válvula ileocecal]].]]
* O [[esfínter pupilar]], situado no [[iris (anatomía)|iris]] no [[ollo]], que controla a abertura pupilar e, por tanto, a cantidade de luz que entra no ollo.
Liña 24:
* O [[esfínter uretral]], que controla a saída da [[urina]] do corpo.
* O [[ano (anatomía)|ano]] posúe dous esfínteres ([[esfínter anal externo]] e [[esfínter anal interno]]), que controlan a saída das [[feces]] do corpo. O interno é involuntario e o externo é voluntario.
* Os [[esfínter precapilar|esfínteres precapilares]] microscópicos funcionan controlando o fluxo de sangue nos [[capilar]]es en resposta á actividade [[metabolismo|metabólica]] local.<ref name="vander-6th">{{citeCita booklibro|last=Vander|first=Arthur|title=Human Physiology: The Mechanism of Body Function (Sixth Edition, International Edition)|year=1994|publisher=McGraw Hill, Inc|isbn=0-07-113761-0|pages=437–440|coauthors=Sherman, James; & Luciano, Dorothy}}</ref>
* Os músculos orbiculares, como o dos labios e o das pálpebras, considéranse tamén esfínteres.
 
== Notas ==
{{Listaref}}