Diferenzas entre revisións de «Lactato deshidroxenase»

m
Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética)
| CDD =
}}
A '''lactato deshidroxenase''' ou '''L-lactato deshidroxenase''' ('''LDH''' ou '''LD''') é un [[encima]] que se encontra en animais, plantas e [[procariota]]s, que intervén na [[fermentación homoláctica]]. Como [[deshidroxenase]] que é transfire un hidróxeno dunha molécula a outra. En concreto, a lactato deshidroxenase cataliza a conversiónn [[reacción reversible|reversible]] do [[piruvato]] en [[lactato]] e á vez converte o [[coencima]] [[NADH]] na súa forma oxidada NAD<sup>+</sup>.
 
<center>Piruvato + NADH + H<sup>+</sup> {{Eqm}} L-lactato + NAD<sup>+</sup></center>
Este artigo trata sobre a L-lactato deshidroxenase dependente de NAD(P) ([[Número EC|EC]]1.1.1.27, e nome sistemático (S)-lactato:NAD+ oxidorredutase), pero existen outras clases de lactato deshidroxenase, que poden actuar sobre o D-lactato ou o L-lactato e ser dependentes do [[citicromo c]] ou do NAD(P), entre as que están: [[D-lactato deshidroxenase (citrocromo)]] ([[Número EC|EC]]: 1.1.2.4), [[D-lactato deshidroxenase]] dependente de NAD(P) (EC: 1.1.1.28), e [[L-lactato deshidroxenase (citocromo)]] (EC: 1.1.2.3).
 
== Reaccións ==
[[Ficheiro:LDH reaction.svg|left|miniatura|355px|Reacción que cataliza a LDH.]]
A lactato deshidroxenase cataliza a interconversión reversible do [[piruvato]] e o [[lactato]] á vez que se interconverten o [[NADH]] e o [[NAD]]<sup>+</sup>. O piruvato é o produto final da [[glicólise]], que cando non hai oxíxeno ou é moi escaso, fermenta a lactato. Despois, realízase a reacción inversa durante o [[ciclo de Cori]] no [[fígado]]. A altas concentracións de lactato, o encima mostra [[inhibición encimática|inhibición]] por retroalimentación, e a velocidade de conversión do piruvato en lactato diminúe.
Tamén pode catalizar a deshidroxenación do [[2-hidroxibutirato]], pero é un [[substrato encimático|substrato]] moito peor que o lactato para o encima. Ten moi pouca ou ningunha actividade co [[beta-hidroxibutirato]].
 
== Regulación do encima ==
 
Esta proteína pode usar o modelo da [[morfeeína]] de [[regulación alostérica]].<ref name="pmid22182754">{{cite journal | author = Selwood T, Jaffe EK | title = Dynamic dissociating homo-oligomers and the control of protein function | journal = Arch. Biochem. Biophys. | volume = 519 | issue = 2 | pages = 131–43 | year = 2012 | month = March | pmid = 22182754 | pmc = 3298769 | doi = 10.1016/j.abb.2011.11.020 }}</ref>
 
=== Hipoglicemia inducida por etanol ===
O [[etanol]] pode afectar indirectamente á actividade deste encima. O etanol é deshidroxenado a [[acetaldehido]] pola [[alcohol deshidroxenase]], e despois este é transformado en [[acetato]] pola [[acetaldehido deshidroxenase]]. Durante esta reacción prodúcense 2 NADH. Se están presentes grandes cantidades de etanol, prodúcense grandes cantidades de NADH, o que orixina unha depleción do NAD<sup>+</sup> celular. Deste xeito, a conversión de piruvato en lactato increméntase debido á rexeneración asociada do NAD<sup>+</sup> que se produce. Por tanto, pode ocorrer unha acidose láctica metabólica no envelenamento por etanol.
 
* LDH-3 (2H2M) — nos [[pulmón]]s
* LDH-4 (1H3M) — nos [[ril]]es, [[placenta]], e [[páncreas]]
* LDH-5 (4M) — no [[fígado]] e [[músculo esquelético]]<ref>{{citeCita booklibro |author=Van Eerd, J. P. F. M.; Kreutzer, E. K. J. |title=Klinische Chemie voor Analisten deel 2 |pages=138–139 |year=1996 |isbn=978-90-313-2003-5}}</ref>
 
O principal isoencima presentes no fígado e músculo esquelético é o M<sub>4</sub>, que ten catro subunidades M (M do inglés ''muscle''), mentres que o isoencima H<sub>4</sub> é o principal na maioría das especies no corazón, con 4 subunidades H (H de ''heart''). As outras variantes conteñen as dúas subunidades en diferentes proporcións, polo que son heterotetrámeras.
Xeralmente a LDH-2 é a forma predominante no [[soro sanguíneo]]. Un nivel de LDH-1 máis alto que o de LDH-2 (un "patrón invertido" con respecto ao normal) suxire [[infarto de miocardio]] (as lesións cardíacas liberan a LDH cardíaca LDH-1, no torrente sanguíneo).
 
== Xenética en humanos ==
As subunidades M e H están codificadas en dous [[xene]]s diferentes:
* A subunidade M está codificada polo xene ''LDHA'', localizado no [[cromosoma 11]] na posición 11p15.4 ([http://omim.org/entry/150000 OMIM 150000])
As mutacións na subunidade M foron asociadas á rara enfermidade chamada ''[[mioglobinuria]] do esforzo'', e describíronse mutacións da subunidade H, pero non parecen producir doenzas.
 
== Uso médico ==
A LDH é unha proteína que normalmente aparece en todo o corpo en pequenas cantidades. Moitos cancros poden aumentar os niveis de LDH, polo que a LDH pode utilizarse como un [[marcador de tumor]]es, pero ao mesmo tempo, non é útil para identificar o tipo de [[cancro]]. A medida dos niveis de LDH pode ser útil para monitorizar o tratamento dun cancro. Condicións non cancerosas que tamén elevan os niveis de LDH son a insuficiencia cardíaca, hipotiroidismo, anemia, e enfermidades pulmonares ou hepáticas.<ref name="url_Cancer_Diagnosis_Stanford_Cancer_Center">{{cite web | url = http://cancer.stanford.edu/information/cancerDiagnosis | title = Cancer Diagnosis - Understanding Cancer | author = Stanford Cancer Center | work = Understanding Cancer | publisher = Stanford Medicine }}</ref>
 
 
=== Meninxite e encefalite ===
Niveis altos de LDH no [[líquido cefalorraquídeo]] están asociados a miúdo coa [[meninxite]] bacteriana.<ref name="Stein1998">{{citeCita booklibro | author = Stein JH | title = Internal Medicine|url=http://books.google.com/books?id=mqg2dPYS-u0C&pg=PA1408|accessdate=12 August 2013 | year=1998 | publisher = Elsevier Health Sciences | isbn = 978-0-8151-8698-4 | pages = 1408–}}</ref> En casos de meninxite [[virus|vírica]], uns niveis altos de LDH, en xeral, indican a presenza de [[encefalite]] e un mal [[prognóstico]].
 
=== VIH ===
A LDH mídese con frecuencia en pacientes de VIH como un marcador non específico para a [[pneumonía por Pneumocystis]] (PCP), causada por ''[[Pneumocystis jirovecii]]''. Unha elevada LDH no marco de síntomas respiratorios das vías superiores nun paciente de [[VIH]] suxiren unha PCP (pero non a diagnostican con certeza). Porén, nos pacientes VIH positivos con síntomas respiratorios, un nivel moi alto de LDH (>600 IU/L) indicou [[histoplasmose]] nun estudo de 120 pacientes de PCP e 30 de histoplasmose.<ref name="pmid12161854">{{cite journal | author = Butt AA, Michaels S, Greer D, Clark R, Kissinger P, Martin DH | title = Serum LDH level as a clue to the diagnosis of histoplasmosis | journal = AIDS Read | volume = 12 | issue = 7 | pages = 317–21 | year = 2002 | month = July | pmid = 12161854 | doi = }}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Deshidroxenase]]
* [[Oxidorredutase]]
393.002

edicións