Legionella pneumophila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 16:
}}
 
'''''Legionella pneumophila''''' é unha especie de [[bacteria]]s [[Gram negativa]]s, [[organismo aeróbico|aeróbicas]], [[pleomorfismo (microbioloxía)|pleomórficas]], [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxeladas]], non formadoras de esporas, do xénero ''[[Legionella]]''.<ref name=Brock>{{citeCita booklibro |author=Madigan M; Martinko J (editors). |title=Brock Biology of Microorganisms |edition=11th |publisher=Prentice Hall |year=2005 |isbn=0-13-144329-1 }}</ref><ref name=HeunerK>{{citeCita booklibro |author=Heuner K; Swanson M (editors). |title=Legionella: Molecular Microbiology |publisher=Caister Academic Press |year=2008 |url=http://www.horizonpress.com/leg |isbn=978-1-904455-26-4}}</ref> ''L. pneumophila'' é o principal axente causante en humanos da [[lexionelose]] ou [[enfermidade do lexionario]].
 
== Caracterización ==
''L. pneumophila'' é un [[bacilo]] ou [[cocobacilo]] Gram negativo, non encapsulado cun só flaxelo polar. É [[organismo aeróbico|aeróbico]] e incapaz de [[hidrólise|hidrolizar]] a xelatina ou producir [[urease]]. Non é [[Fermentación|fermentativo]]. ''L. pneumophila'' non ten [[pigmento|pigmentación]] nin [[autofluorescencia]]. É [[oxidase]] e [[catalase]] positiva, e produce [[beta-lactamase]]. As colonias de ''L. pneumophila'' son cincentas claras cunha aparencia de vidros talaldos con textura. Require [[cisteína]] e [[ferro]] para crecer. Crece en extracto de lévedo formando colonias "tipo ópalo".
 
=== Estrutura da membrana celular ===
Aínda que ''L. pneumophila'' está categorizada como bacteria [[Gram negativa]], tínguese pouco debido ao seu contido sigular de [[lipopolisacárido]] da capa externa da membrana externa da súa parede (que é unha bicapa como é típico nas membranas).<ref name=Sherris>{{citeCita booklibro |author=Ryan KJ; Ray CG (editors) |title=Sherris Medical Microbiology |edition=4th |publisher=McGraw Hill |year=2004 |isbn=0-8385-8529-9 }}</ref> A base da especificidade dos [[antíxeno]]s somáticos deste organismo está localizada nas cadeas laterais da parede celular. A composición química destas cadeas laterais con respecto aos seus compoñentes e á disposición dos distintos azucres, determina a natureza dos determinantes dos antíxenos somáticos ou do antíxeno O, que son importantes para a clasificación serolóxica de moitas bacterias Gram negativas. Describíronse polo menos 35 [[serovar]]es de ''L. pneumophila''.
 
=== Detección ===
 
Utilizouse soro para estudos de aglutinación e para a detección directa da bacteria en tecidos utilizando [[anticorpo]]s etiquetados [[fluorescencia|fluorescentemente]]. Poden determinarse anticorpos específicos en pacientes polo test de anticorpos fluorescentes indirectos. As probas [[ELISA]] e de microaglutinación tamén foron aplicadas con éxito.
 
A lexionela tínguese mal coa [[tinguidura de Gram]], ten tinguidura positiva coa prata, e cultívase en extracto de lévedo carbón vexetal con adición de ferro e cisteína.
 
== Reservorio ==
''L. pneumophila'' é unha bacteria intracelular facultativa, xa que pode invadir e multiplicarse dentro de [[ameba]]s no seu medio ambiente, as cales poden así servir de reservorio para ''L. pneumophila'', e proporcionarlle protección ante os estreses ambientais, como a cloración da auga.<ref>{{cite journal |author=Greub G, Raoult D |title=Morphology of Legionella pneumophila according to their location within Hartmanella vermiformis |journal=Res Microbiol. |volume=154 |issue=9 |pages=619–21 |year=2003 |month=Nov |pmid=14596898 |doi=10.1016/j.resmic.2003.08.003 }}</ref>
 
== Frequencia de aparición ==
Nas rexións endémicas, dun 4% a 5% das [[pneumonía]]s son causadas por ''L. pneumophila''. As infeccións aumentan no verán. En países como EEUU hai unhas 30 infeccións por ''L. pneumophila'' por cada 100.000 residentes e ano.<ref>[http://www.rki.de/DE/Content/Infekt/EpidBull/Merkblaetter/Ratgeber__Mbl__Legionellose.html L. pneumophila], Robert-Koch-Institut</ref>
 
== Patoxénese ==
 
Nos humanos, ''L. pneumophila'' invade e replícase dentro dos [[macrófago]]s. A internalización da bacteria nesa célula pode ser potenciada pola presenza de [[anticorpo]]s e elementos do [[sistema do complemento]], pero isto non é imprescindible. A internalización da bacteria parece ocorrer por medio de [[fagocitose]], pero ''L. pneumophila'' pode tamén infectar células non fagocíticas por medio de mecanismos descoñecidos. Describiuse en ''L. pneumophila'' unha rara forma de fagocitose coñecida como fagocitose enroscada (''coiling phagocytosis''), pero esta non depende do sistema de [[secreción]] Dot/Icm e foi observada tamén noutros patóxenos.<ref>[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/1398932?dopt=Citation]</ref> Unha vez no interior da célula, as bacterias quedan rodeadas por un [[vacúolo]] membranoso, que non se fusiona cos [[lisosoma]]s, que doutro modo degradarían a bacteria. Neste compartimento protexido, a bacteria multiplícase.
 
=== Sistema de secreción de tipo IV Dot/Icm ===
 
A bacteira usa un [[secreción|sistema de secreción]] de tipo IVB coñecido como [[Dot/Icm]] para inxectar proteínas efectoras dentro do hóspede. Estes efectores incrementan a capacidade da bacteria de sobrevivir dentro da célula hóspede. ''L. pneumophila'' codifica unhas 200 proteínas "efectoras",<ref>http://microbiology.columbia.edu/shuman/effectors.html</ref> que son segregadas polo sistema de translocación Dot/Icm para interferir con procesos da célula hóspede e axudar á supervivencia da bacteria. Unha vía fundamental na cal ''L. pneumophila'' utiliza estas proteínas efectoras é interferir coa fusión dos "vacúolos que conteñen lexionela" (LCV) cos [[endosoma]]s do hóspede, e así protexerse da lise.<ref>{{cite journal |author=Pan X, Lührmann A, Satoh A, Laskowski-Arce MA, Roy CR |title=Ankyrin repeat proteins comprise a diverse family of bacterial type IV effectors |journal=Science |volume=320 |issue=5883 |pages=1651–4 |year=2008 |month=Jun |pmid=18566289 |doi=10.1126/science.1158160 |pmc=2514061 }}</ref> Os estudos de [[knockout de xenes]] dos efectores translocados por Dot/Icm indican que son vitais para a supervivencia intracelular da bacteria, aínda que moitas proteínas efectoras se pensa que funcionan redundantemente, porque os knockouts dun só efector raramente impiden a supervivencia intracelular. Este grande número de proteínas efectoras trnaslocadas e a súa redundancia é probablemente resultado de que a bacteria evolucionou en moitos hóspedes [[protozoo]]s diferentes.<ref name="LpneumFEBS">{{cite journal | author = Jules M & Buchrieser c | title = Legionella pneumophila adaptation to intracellular life and the host response: Clues from genomics and transcriptomics and the host response: Clues from genomics and transcriptomics | journal = FEBS Letters | volume = 581 | pages = 2829–2838 | year = 2007 | url = }}</ref>
 
=== Vacúolos que conteñen ''Legionella'' ===
[[Ficheiro:TEM image of Legionella pneumophila within a phagocytic cell.tif|240px|miniatura|dereita|Imaxe de microscopio electrónico de transmisión de ''Legionella pneumophila'' dentro dunha célula fagocítica.]]
 
Liña 62:
Porén, a promoción da degradación proteasomal para a obtención de aminoácidos pode non ser a única estratexia de [[virulencia]] para obter fontes de carbono e enerxía do hóspede. Os encimas degradativos [[secreción|segregados]] polo sistema de tipo II poden proporcionar unha estratexia adicional para xerar fontes de carbono e enerxía.
 
== Xenómica ==
A determinación e publicación da secuencia xenómica completa de tres illados clínicos de ''L. pneumophila'' en 2004 serviu para unha mellor comprensión da [[bioloxía molecular]] de ''L. pneumophila'' en particular e do xénero ''[[Legionella]]'' en xeral. Nunha análise xenómica comparativa profunda utilizando matrices de ADN para estudar o contido xénico de 180 cepas de ''Legionella'' atopouse que había unha grande plasticidade xenómica e unha frecuente [[transferencia horizontal de xenes]]. Un maior coñecemento do ciclo de vida de ''L. pneumophila'' obtívose ao investigar o perfil de [[expresión xénica]] de ''L. pneumophila'' en ''[[Acanthamoeba]]'', concretamente en ''[[Acanthamoeba castellanii|A. castellanii]]'', o seu hóspede natural. ''L. pneumophila'' mostra un ciclo de vida bifásico e presenta trazos transmisivos ou replicativos segundo os seus perfís de expresión xénica.<ref name="HeunerK" />
 
== Transformación xenética ==
A [[transformación xenética]] é unha adaptación bacteriana que consiste na transferencia de ADN dunha bacteria a outra a través do medio líquido que as rodea. A transformación é un proceso bacteriano parecido ao sexo.<ref name=Michod>{{cite journal|pmid=18295550|year=2008|last1=Michod|first1=RE|last2=Bernstein|first2=H|last3=Nedelcu|first3=AM|title=Adaptive value of sex in microbial pathogens|volume=8|issue=3|pages=267–85|doi=10.1016/j.meegid.2008.01.002|journal=Infection, genetics and evolution : journal of molecular epidemiology and evolutionary genetics in infectious diseases|url=http://www.hummingbirds.arizona.edu/Faculty/Michod/Downloads/IGE%20review%20sex.pdf|format=PDF}}</ref> Para que unha bacteria se una a ADN exóxeno, o capte e o recombine co seu cromosoma, esta debe estar nun estado fisiolóxico especial denominado “competencia” (ver [[competencia natural]]).
 
Para determinar que moléculas poden inducir competencia en ''Legionella pneumophila'', probáronse 64 moléculas tóxicas,<ref name=Charpentier>{{cite journal |author=Charpentier X, Kay E, Schneider D, Shuman HA |title=Antibiotics and UV radiation induce competence for natural transformation in Legionella pneumophila |journal=J. Bacteriol. |volume=193 |issue=5 |pages=1114–21 |year=2011 |month=March |pmid=21169481 |pmc=3067580 |doi=10.1128/JB.01146-10 |url=}}</ref> e só 6 delas, que eran todas axentes que danaban o [[ADN]], causaban unha forte indución da competencia. Tratábase da [[mitomicina C]] (que introduce enlaces cruzados entre as fibras do ADN), a [[norfloxacina]], a [[ofloxacina]] e o [[ácido nalidíxico]] (inhibidores da [[ADN xirase]] que causan roturas na [[dobre hélice]]), a [[biciclomicina]] (causa roturas da dobre hélice) e a [[hidroxiurea]] (causa a oxidación de [[base nitroxenada|bases]] do ADN). Estes resultados suxiren que a competencia para a transformación en ''Legionella pneumophilia'' evolucionou como resposta aos danos no ADN.<ref name=Charpentier /> Quizais a indución da competencia proporciona unha avantaxe de supervivencia no hóspede natural, como ocorre con outras bacterias patóxenas.<ref name=Michod />
 
== Tratamento ==
Os [[macrólido]]s ([[azitromicina]]) ou fluoroquinolonas ([[moxifloxacina]]) son o tratamento estándar para as infeccións por ''Legionella pneumophila'' en humanos.
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/sites/entrez?Db=pubmed&Cmd=DetailsSearch&Term=%22Legionella+pneumophila%22%5BMajr%5D+AND+%22loattrfree+full+text%22%5Bsb%5D Major topic "Legionella pneumophila": free-full text articles in PubMed]
* [http://www.metapathogen.com/legionella/ Legionella pneumophila, causative agent of Legionnaire's disease and Pontiac fever at MetaPathogen]
* [http://microbiology.columbia.edu/shuman/effectors.html A good list of known translocated effectors, with links to references]
 
 
[[Categoría:Proteobacterias]]