Diferenzas entre revisións de «Zonula adhaerens»

m
Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética)
[[Ficheiro:Adherens Junctions structural proteins gl.svg|thumb|350px|Principais interaccións das proteínas estruturais nas unións adherentes baseadas na cadherina. Os filamentos de actina están asociados con unións adherentes ademais doutras varias proteínas de unión á actina como a [[vinculina]]. O dominio de cabeza da vinculina asóciase coa E-cadherina por medio de [[catenina]]s α-, β - e γ. O dominio de cola da vinculina únese a lípidos de membrana e a filamentos de actina.]]
Unha '''''zonula adhaerens''''' (tamén escrito '''''zonula adherens''''') tamén chamada '''unión adherente''' ou '''desmosoma en banda'''<ref>http://219.221.200.61/ywwy/zbsw%28E%29/edetail4.htm</ref> é un conxunto de complexos proteicos que aparecen nas [[unión celular|unións entre as células]] dos tecidos epiteliais. A cara citoplasmática destas unións está unida ao [[citoesqueleto]] de [[actina]]. Están situadas xeralmente nunha posición máis basal ca as [[unión hermética|unións herméticas]].
Aparecen xeralmente como bandas que rodean a célula.
 
Unha [[unión celular]] parecida que se chama [[fascia adhaerens]] aparece en células non epiteliais, como as [[cardiomiocito|células musculares cardíacas]]. É estruturalmente igual, pero aparece formando patróns con forma de fita que non rodean por completo a célula.
Cómpre distinguir entre ''zonula adhaerens'' (desmosoma en banda), ''[[macula adhaerens]]'' ([[desmosoma]] puntual), e [[hemidesmosoma]], consultando os artigos correspondentes.
 
== Compoñentes proteicos ==
As zonula adhaerens están compostas polas seguintes proteínas:
* [[Cadherina]]s. Son unha familia de proteínas transmembrana que forman homodímeros dun modo dependente do calcio con outras moléculas de cadherina de células adxacentes.
* p120 (ás veces chamada [[delta catenina]]). Únese á rexión xustamembranal da cadherina.
* [[beta catenina|β-catenina]] ou gamma-catenina ([[placoglobina]]). Únese á rexión da cadherina para a unión da catenina.
* [[alfa catenina|α-catenina]]. Únese á cadherina indirectamente por medio da β-[[catenina]] ou da placoglobina e une o citoesqueleto de actina da célula coa cadherina.<ref> {{ cita libro | título=Cell Junctions: Adhesion, Development, and Disease | editor=LaFlamme SE, Kowalczyck AP. | capítulo= Signaling to and through the Endothelial Adherens Junction |autor= Ferreri DM, Vincent PA | editor= Wiley VCH | ano=2008 | ISBN = 978-3-527-31882-7}}</ref>
 
== Modelos ==
Pensouse durante moito anos que as unións adherentes compartían a característica de unir as células veciñas conectando os seus filamentos de [[actina]].
 
O modelo aceptado era que as unións adherentes servían como unha ponte que conectaba os citoesqueletos de actina das células veciñas por medio dunha interacción directa. Porén, os investigadores non puideron illar o complexo cuaternario cadherina-βcatenina-αcatenina-actina [[in vitro]]. Datos recentes (2005) demostraron que a actina asociada á membrana é varias veces menos estable comparada cos compoñentes do complexo da unión adherente.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica | author = Yamada S, Pokutta S, Drees F, Weis W, Nelson W | title = Deconstructing the cadherin-catenin-actin complex. | journal = Cell | volume = 123 | issue = 5 | pages = 889–901 | year = 2005 | pmid = 16325582 | doi = 10.1016/j.cell.2005.09.020}}</ref><ref>{{citeCita journalpublicación periódica | author = Drees F, Pokutta S, Yamada S, Nelson W, Weis W | title = Alpha-catenin is a molecular switch that binds E-cadherin-beta-catenin and regulates actin-filament assembly. | journal = Cell | volume = 123 | issue = 5 | pages = 903–15 | year = 2005 | pmid = 16325583 | doi = 10.1016/j.cell.2005.09.021}}</ref>
 
Ademais, os autores encontraron que a α-[[catenina]] monomérica se une preferentemente ao complexo de unión da cadherina por medio da β-catenina. A α-catenina dimérica únese preferentemente á actina e suprime a ramificación da actina mediada polo [[complexo Arp2/3]], actuando así como un interruptor molecular que regula a polimerización da actina.
As unións adherentes poden servir como módulos regulatorios para manter o anel contráctil de actina co cal están asociados nos estudos microscópicos.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.mechanobio.info/Home/glossary-of-terms/mechano-glossary--a/mechano-glossary-adherens-junction MBInfo - Unión adherente (zonula adhaerens)]
* BUHistology - 20502loa [http://www.bu.edu/histology/p/20502loa.htm]
 
393.002

edicións