Criptófitas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Liña 34:
}}
 
As '''criptófitas''' ou '''''Cryptophyta''''' son un tipo de [[protista]]s de tipo [[alga]]l a maioría dos cales teñen [[plasto]]s. <ref name="pmid18397952">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Khan H, Archibald JM |title=Lateral transfer of introns in the cryptophyte plastid genome |journal=Nucleic Acids Res. |volume=36 |issue=9 |pages=3043–53 |year=2008 |month=May |pmid=18397952 |pmc=2396441 |doi=10.1093/nar/gkn095 |url=http://nar.oxfordjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=18397952}}</ref> Tamén se lles chama (segundo as distintas clasificacións e con lixeiras diferenzas na súa definición ou posición taxonómica) '''criptomónadas''' ('''''Cryptomonada'''''), '''criptomonas''', '''''Cryptista''''', '''''Cryptomonadida''''' ou '''''Cryptophyceae'''''. Son comúns nas augas doces, pero tamén aparecen en augas salgadas e salobres. Cada célula ten un tamaño de entre 10 e 50 [[micron|μm]] e unha forma aplanada, cunha fenda ou bolsa en posición anterior. Nas beiras desta bolsa hai tipicamente dous [[flaxelo]]s lixeiramente distintos.
 
Son fotosintéticas, pero algunhas presentan [[mixotrofía]] (combinan as nutricións [[autótrofo|autótrofa]] e [[heterótrofo|heterótrofa]]). <ref name="urlCryptophyta - the cryptomonads">{{cite web |url=http://www.life.umd.edu/labs/delwiche/PSlife/lectures/Cryptophyta.html/wwwtax.cgi?mode=Info&id=412159&lvl=1 |title=Cryptophyta - the cryptomonads |format= |work= |accessdate=2009-06-02}}</ref>
 
== Características ==
As criptófitas distínguense pola presenza duns [[extrusoma]]s característicos chamados exectosomas, que consisten en dúas estruturas con forma de fita espirais conectadas e mantidas en tensión. <ref name="Graham">Graham LE, Graham JM, Wilcox LW (2009) ''Algae''. 2nd Edition. Benjamin Cummings (Pearson), San Francisco, CA</ref> Se as células son irritadas por un estrés mecánico, químico ou pola luz, descargan os extrusomas, o que propulsa a célula en zig-zag lonxe da perturbación. Asociados coa súa bolsa presentan grandes exectosomas, visibles con [[microscopio óptico]]; outros máis pequenos aparecen debaixo do periplasto que rodea a superficie da célula. <ref name="MorrallGreenwood">Morrall S, Greenwood AD (1980) A comparison of the periodic sub-structures of the trichocysts of the Cryptophyceae and Prasinophyceae. BioSystems 12:71–83</ref><ref name="GrimStaehelin">Grim JN, Staehelin LA (1984) The ejectisomes of the flagellate ''Chilomonas paramecium'' - Visualization by freeze-fracture and isolation techniques. Journal of Protozoology 31: 259-267</ref>
 
As criptófitas teñen un ou dous [[cloroplasto]]s, excepto en ''Chilomonas'', que ten [[leucoplasto]]s e ''Goniomonas'' (antes chamada ''Cyathomonas'') que carece por completo de plastos. Os cloroplastos conteñen [[clorofila]]s ''a'' e ''c'', xunto con [[ficobiliproteína]]s e outros [[pigmento]]s, e varían en cor (castaño, vermello, verde-azulado). Cada cloroplasto está rodeado de catro membranas, e presentan no plasto un pequeno [[núcleo celular]] chamado [[nucleomorfo]], situado entre as dúas membranas medias. Isto indica que o plasto deriva dun [[endosimbiose|endosimbionte]] eucariótico, que, segundo os estudos xenéticos, puido ser unha [[rodophyta|alga vermella]]. <ref name="Douglas2002">Douglas S, Zauner S, Fraunholz M, Beaton M, Penny S, Deng LT, Wu XN, Reith M, Cavalier-Smith T, Maier UG (2002) The highly reduced genome of an enslaved algal nucleus. Nature 410: 1091-1096</ref>
 
Unhas poucas criptófitas ou criptomónadas, como ''[[Cryptomonas]]'', poden formar estadios [[palmeloide]]s, pero escapan rapidamente do ''[[mucus]]'' que as rodea para formar formas flaxeladas de vida libre de novo. Algunhas especies de ''[[Cryptomonas]]'' poden tamén orixinar formas inmóbiles con paredes celulares ríxidas ([[quiste]]s) que lles permiten sobrevivir en condicións desfavorables.
 
Os [[flaxelo]]s das criptófitas están inseridos paralelamente un ao outro, son lixeiramente distintos en tamaño, e están cubertos por uns pelos bipartitos ou bárbulas, chamadas [[mastigonema]]s, formados no [[retículo endoplasmático]] e transportados despois á superficie celular. As bárbulas flaxelares preséntanse en dúas filas no flaxelo máis longo e nunha no máis curto. Poden ter parede [[celulosa|celulósica]]. Tamén pode haber pequenas escamas sobre os flaxelos e o corpo celular.
Liña 49:
As [[mitocondria]]s teñen cristas aplanadas. A [[mitose]] é aberta (desfaise a [[envoltura nuclear]]) ; tamén se dan casos de [[reprodución sexual]].
 
== Clasificación ==
Orixinalmente as criptófitas ou criptomónadas foron consideradas próximas aos [[dinoflaxelado]]s a causa da súa pigmentación aparentemente similar. Máis tarde os [[Botánica|botánicos]] tratáronas como unha división separada, Cryptophyta, e os [[Zooloxía|zoólogos]] tratáronas como a orde de [[flaxelado]]s Cryptomonadida. Hai probas considerables de que os cloroplastos das criptófitas están moi relacionados cos das [[heteroconta]]s e [[haptófita]]s, e estes tres grupos son ás veces clasificados xuntos no grupo [[Chromista]]. Porén, aínda que os seus plastos estean relacionados, as probas de que os propios organismos estean relacionados non son tan fortes, xa que puideron ter adquirido os plastos independentemente. Actualmente, discútese se son membros do [[reino (bioloxía)|reino]] [[Chromalveolata]] e forman xunto coas [[Haptophyta]] o grupo [[Hacrobia]].
 
Liña 56:
Cavalier-Smith agrúpaas dentro do proposto reino Chromista como Subreino '''''Cryptista''''' e integrado por criptomónadas, goniomónadas e catablefáridas. Porén, varios especialistas suxiren que son necesarios máis estudos [[filoxenia|filoxenéticos]] para definir a relación entre Cryptophyta e Chromista/ou Chromalveolata.
 
== Catablefáridas ==
As [[Katablepharida]], descritas desde 1939, son un grupo de [[flaxelado]]s [[heterótrofo]]s, que se consideran parte de Cryptophyta. Nalgunhas clasificacións considéranse unha [[clase (bioloxía)|clase]].
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://tolweb.org/Cryptomonads/2396 Tree of Life: Cryptomonads]
* [http://www.algaebase.org/browse/taxonomy/?id=97243 Phylum Cryptophyta at AlgaeBase]
{{wikispecies|Cryptophyta}}
 
 
[[Categoría:Eucariotas]]