Diferenzas entre revisións de «Alveolados»

m
Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética)
| image_caption = ''[[Ceratium furca]]''
| fossil_range = [[Ediacariano]] <ref>
{{Cita publicación periódica
{{cite journal
| first = C.-W.
| last = Li
| year=2007 | volume=286 | pages=151–156
| doi = 10.1144/SP286.11
}}
</ref> - [[Recente]]
| domain = [[Eukarya]]
Os '''alveolados''' ou '''''Alveolata''''' ("con cavidades") <ref>{{cite web |url=http://www.memidex.com/alveolate |title=alveolate |work=Memidex (WordNet) Dictionary/Thesaurus |accessdate=2011-01-26}}</ref> son un dos principais supergrupos de [[protista]]s. Caracterízanse pola posesión dunhas vesículas corticais chamadas alvéolos. Os grupos principais de alveolados son os aplicomplexos, ciliados e dinoflaxelados.
 
== Filos ==
Existen catro [[filo]]s que, malia seren moi desemellantes en forma, sábese que están emparentados debido a varias semellanzas xenéticas e ultraestruturais. Son:
 
* [[Apicomplexa]]. [[Protozoo]]s [[parasito]]s que carecen de estruturas locomotoras [[axonema|axonémicas]] excepto nos [[gameto]]s.
* [[Croméridos]]. Un filo mariño de protozoos [[fotosíntese|fotosintéticos]].
* [[Ciliado]]s. Protozoos moi comúns con moitos [[cilio]]s dispostos en ringleiras.
* [[Dinoflaxelado]]s. Son [[flaxelado]]s principalmente mariños moitos deles con [[cloroplasto]]s.
 
O xénero ''[[Perkinsus]]'' pode pertencer a outro [[clado]], os [[Perkinsozoa]], debido a varias características moleculares. <ref name=Zhang2011>Zhang H, Campbell DA, Sturm NR, Dungan CF, Lin S (2011) Spliced leader RNAs, mitochondrial gene frameshifts and multi-protein phylogeny expand support for the genus ''Perkinsus'' as a unique group of Alveolates. PLoS One. 2011;6(5):e19933</ref>
 
== Características ==
A característica máis salientable que comparte este supergrupo e á que se debe o seu nome é a presenza de alvéolos corticais, que son [[vesícula]]s aplanadas comprimidas formando unha capa continua na superficie da célula, que sostén a [[membrana plasmática]], formando tipicamente unha película flexible. Nos dinoflaxelados con frecuencia forman unhas placas de armadura superficiais. Os alveolados teñen [[mitocondria]]s con cristas tubulares e os seus flaxelos ou cilios teñen unha estrutura peculiar.
 
Os devanceiros deste grupo parece que eran fotosintéticos. <ref name=Reyes-Prieto2008>Reyes-Prieto A, Moustafa A, Bhattacharya D. (2008) Multiple genes of apparent algal origin suggest ciliates may once have been photosynthetic. 18 (13):956-962</ref>
 
== Clasificación ==
Os [[Apicomplexa]] e [[dinoflaxelado]]s poden estar máis estreitamente relacionados entre si que cos [[ciliado]]s. Ambos os dous grupos teñen [[plasto]]s, e a maioría comparten a posesión dun monllo ou cono de [[microtúbulo]]s na parte superior da célula. Nos apicomplexos esta estrutura forma parte dun complexo utilizado para entrar na célula [[hóspede]], e nalgúns dinoflaxelados incoloros forma un pedúnculo utilizado para inxerir as presas. Outros xéneros están relacionados estreitamente con estes dous grupos, e son principalmente flaxelados cunha estrutura apical similar. Entre eles hai especies de vida libre nos xéneros ''[[Oxyrrhis]]'' e ''[[Colponema]]'', e parasitos en ''[[Perkinsus marinus|Perkinsus]]'', ''[[Parvilucifera]]'', ''[[Rastrimonas]]'' e os [[elobiópsido]]s. En 2001, a amplificación directa do xene do [[ARNr]] en mostras de [[picoplancto]] mariño indicou a presenza de dúas novas liñaxes de alveolados, chamadas grupo I e II. <ref>López-García, P. ''et al.'' (2001). Unexpected diversity of small eukaryotes in deep-sea Antarctic plankton. ''Nature'' '''409''': 603-7.</ref><ref>Moon-van der Staay, S. Y. ''et al.'' (2001). Oceanic 18S rDNA sequences from picoplankton reveal unsuspected eukaryotic diversity. ''Nature'' '''409''': 607-10.</ref> O grupo I non ten parentees cultivados, e o grupo II está relacionado co dinoflaxelado parasito ''[[Amoebophrya]]'', que fora clasificado ata agora como o orde de dinoflaxelados dos [[Syndiniales]].
 
As relacións entre algúns destes grupos principais xa foran suxeridas na década de 1980s, e a existencia dunha relación específica entre eles foi confirmada a comezos da década de 1990 por estudos xenéticos, realizados principalmente por Gajadhar ''et al''.<ref>
{{citeCita journalpublicación periódica | author = Gajadhar, A. A. ''et al.''
| title = Ribosomal RNA sequences of ''Sarcocystis muris'', ''Theilera annulata'', and ''Crypthecodinium cohnii'' reveal evolutionary relationships among apicomplexans, dinoflagellates, and ciliates
| journal = Molecular and Biochemical Parasitology
</ref> aínda que naquel momento el consideraba que se trataba dunha agrupación [[parafilético|parafilética]], en lugar dun grupo [[monofilético]].
 
Algúns estudos suxiren que os [[Ascetosporea|haplosporidiohaplosporidios]]s, uns parasitos principalmente de invertebrados mariños, poderían pertencer tamén aos alveolados, pero carecen de alvéolos e agora están situados entre os [[Cercozoa]].
 
== Adquisición de plastos ==
O desenvolvemento de plastos entre os alveolados non é seguro. Cavalier-Smith propuxo que os alveolados se desenvolveran a partir dun antepasado que tiña cloroplastos, o cal tamén deu lugar aos [[Chromista]] (esta é a hipótese dos [[Chromalveolata]]). Porén, como os plastos só aparecen en grupos relativamente "derivados" (en oposición a grupos "ancestrais"), outros autores opinan que os alveolados carecían inicialmente de plastos e que posiblemente os dinoflaxelados e Apicomplexa os adquiriron despois por separado.
 
Parece que os alveolados, xunto cos [[dinoflaxelado]]s e as algas [[heteroconta]]s adquiriron os seus plastos de [[algas vermellas]], o que suxire unha orixe común deste [[orgánulo]] en todos estes clados. <ref name=Janouskovec2010>Janouskovec J, Horák A, Oborník M, Lukes J, Keeling PJ (2010) A common red algal origin of the apicomplexan, dinoflagellate, and heterokont plastids. Proc Natl Acad Sci USA 107(24):10949-10954</ref>
 
== Evolución ==
 
Parece probable que o antepasado común destes grupos era un predador [[mizocitose|mizocitótico]] (que succionaba as presas a través dun tubo) con dous [[flaxelo]]s heterodinámicos, [[microporo]]s, [[tricocisto]]s, [[roptría]]s, [[micronema]]s, un anel polar e un [[conoide]] enroscado cos laterais abertos. <ref name=Kuvardina2002>Kuvardina ON, Leander BS, Aleshin VV, Myl'nikov AP, Keeling PJ, Simdyanov TG (2002) The phylogeny of [[colpodellid]]s (Alveolata) using small subunit rRNA gene sequences suggests they are the free living sister group to apicomplexans. J Eukaryot Microbiol 49(6):498-504</ref> Este antepasado probablemente tamén posuía un [[plasto]] pero actualmente non está claro que fose fotosintético. Ademais, non está claro se os perkínsidos ou colpodélidos existentes retiveron este orgánulo.
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://tolweb.org/Alveolates/2379 Tree of Life: Alveolates]
 
 
[[Categoría:Eucariotas]]
393.002

edicións