Hifa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Liña 3:
[[Ficheiro:Aspergillus niger 01.jpg|miniatura|''[[Aspergillus niger]]''.]]
[[Ficheiro:Conidium.png|miniatura|[[Conidio]]s nos conidióforos.]]
Unha '''hifa''' é unha estrutura filamentosa longa e ramificada propia dos [[Fungo (bioloxía)|fungofungos]]s, e tamén das bacterias do grupo das [[Actinobacteria]] (non relacionadas cos fungos).<ref name=Brock>{{cita libro | autor = Madigan M; Martinko J (editors). | título = Brock Biología de los Microorganismos| edición = 10ª | editor = Pearson- Prentice Hall | ano = 2003 | isbn = 84-205-3679-2 }}</ref> Na maioría dos fungos as hifas son o modo principal de crecemento vexetativo. O conxunto de hifas que non forma parte do corpo frutífero (formador de esporas) forma o chamado [[micelio]], pero o propio corpo frutífero está formado tamén por hifas. Os [[lévedo]]s son fungos unicelulares e non forman hifas propiamente ditas, senón pseudohifas (ver máis abaixo).
 
== Estrutura ==
As hifas constan dunha ou máis células rodeadas por unha [[parede celular]] de forma tubular. Na maioría dos fungos as hifas están divididas en células por paredes celulares transversais chamadas "[[septo]]s". Os septos están normalmente perforados por poros que son grandes dabondo como para que pasen por eles dunha célula a outra [[ribosoma]]s, [[mitocondria]]s e ás veces [[núcleo celular|núcleos]]. O principal polímero estrutural nas paredes celulares fúnxicas é a [[quitina]]. Algúns fungos teñen hifas aseptadas, que non están divididas por septos.
 
== Crecemento ==
As hifas medran polos seus xstremos. Durante o crecemento apical da hifa, as paredes celulares esténdense pola ensamblaxe externa e [[polimerización]] dos compoñentes da parede celular, e a produción interna de nova membrana celular. O [[orgánulo]] [[spitzenkörper]] está asociado co crecemento apical da hifa. Este orgánulo está composto por un agregado de [[vesícula]]s membranosas que contéñen os compoñentes da parede celular. O spitzenkörper é parte do [[sistema de endomembranas]] dos fungos, que retén e libera as vesículas que recibe procedentes do [[aparato de Golgi]]. Estas vesículas viaxan á membrana celular seguindo os elementos do [[citoesqueleto]] e liberan o seu contido fóra da célula polo proceso da [[exocitose]]. As membranas da vesícula contribúen ao crecemento da membrana plasmática e o seu contido forma a nova parede celular da hifa en crecemento. O spitzenkörper móvese ao longo do ápice da hifa e xera o crecemento apical e as ramificacións. O grao de crecemento apical dunha hifa está regulado polo spitzenkörper. <ref>Steinberg G. (2007). [http://ec.asm.org/cgi/content/full/6/3/351 Hyphal growth: a tale of motors, lipids, and the spitzenkörper.] ''Eukaryotic Cell'' '''6'''(3): 351–360.</ref>
 
A medida que a hifa se estende, poden formarse os septos detrás do extremo en crecemento, dividindo a hifa en células individuais. As hifas poden ramificarse pola bifurcación do extremo da hifa ou pola emerxencia dun novo extremo nunha hifa xa formada.
 
== Modificacións ==
As hifas poden ser modificadas de moi diferentes formas para desempeñar diversas funcións. Algúns fungos [[parasito]]s forman [[haustorio]]s que funcionan como elementos absorbentes dentro das células hóspede. As chamadas [[arbúsculas]] das [[micorriza]]s dos fungos [[mutualismo|mutualistas]] serven para unha función similar no intercambio de nutrientes, e son importantes para axudaren ás plantas á absorción de auga. As hifas poden envolver os [[gonidio]]s dos [[lique]]s, constituíndo gran parte da súa estrutura. Nos fungos que atrapan [[nematodo]]s, as hifas poden ser modificadas en estruturas que funcionan como trampas para os vermes, con forma de aneis constritores e redes adhesivas. Poden formarse tamén agregados paralelos de hifas chamados [[rizomorfo]]s para transferir nutrientes a grandes distancias.
 
Liña 21:
=== Clasificación segundo a súa división en células ===
* Hifas septadas (con septos)
** ''[[Aspergillus]]''<ref name="urlMycology Online -- Aspergillosis">{{cite web |url=http://www.mycology.adelaide.edu.au/Mycoses/Opportunistic/Aspergillosis/ |title=Mycology Online -- Aspergillosis |format= |work= |accessdate=2008-12-10}}</ref> e moitas outras especies teñen este tipo de hifas. A maioría dos [[Ascomiceto]]s teñen un micelio moi ramificado de hifas septadas con tabiques transversais perforados por un poro simple.
 
* Hifas aseptadas ou [[cenocito|cenocíticas]] ou sifonais (sen septos)
** Hifas non septadas asociadas con ''[[Mucor]]'',<ref name="urlInfection">{{cite web |url=http://library.med.utah.edu/WebPath/INFEHTML/INFEC022.html |title=Infection |work= |accessdate=2008-12-10}}</ref> algúns ''[[Zygomycota]]'', e outros fungos.
 
* "Pseudohifas", que se distinguen das hifas verdadeiras polo seu modo de crecemento, relativa fraxilidade e falta de conexións citoplasmáticas entre as células. Os lévedos poden formar pseudohifas, <ref name="urlYeasts">{{cite web |url=http://pathmicro.med.sc.edu/mycology/mycology-3.htm |title=Yeasts |work= |accessdate=2008-12-10}}</ref> que son o resultado do seu modo de división por [[xemación]], no cal as células quedan unidas durante un tempo despois da división formando curtas cadeas.
 
=== Clasificación segundo o tipo de parede e forma xeral ===
Liña 34:
* '''Hifas de unión'''. Son de paredes grosas e frecuentemente ramificadas. A miúdo parecen cornos de cervo or árbores sen follas debido ás moitas ramas de grosor decrecente cara aos extremos.
 
Baseándose nos tipos de hifas xenerativas, esqueléticas e de unión, en 1932 [[E. J. H. Corner]] utilizou os termos monomítico, dimítico, e trimítico para describir os sistemas de hifas, para mellorar a clasificación dos fungos [[poliporo]]s. <ref name=Corner_1932>{{citeCita journalpublicación periódica | author = Corner EJH | title = A Fomes with two systems of hyphae | journal = Trans. Brit. Mycol. Soc.| year = 1932 | volume = 17 | pages = 51–81 | doi = 10.1016/S0007-1536(32)80026-4}}</ref><ref name=Cunningham_1954>{{citeCita journalpublicación periódica | author = Cunningham GH | title = Taxonomic Problems of some Hymenomycetes | journal = Transactions and Proceedings of the Royal Society of New Zealand | year = 1954–55 | volume = 82 | pages = 893&ndash;6 | url=http://rsnz.natlib.govt.nz/volume/rsnz_82/rsnz_82_04_010220.html }}</ref>
* '''Monomíticos'''. Todo fungo debe conter hifas xenerativas. Un fungo que só contén hifas deste tipo, como os cogomelos carnosos (agáricos) denomínase monomítico.
 
* '''Dimíticos'''. Se un fungo contén hifas xenerativas e só un dos outros tipos de hifas denomínase dimítico. De feito, os fungos dimíticos case sempre conteñen hifas xenerativas e esqueléticas; pero hai un xénero, o ''[[Laetiporus]]'', que ten hifas xenerativas e de unión.
 
* '''Trimíticos'''. Se un fungo contén os tres tipos de hifas, como, por exemplo, ''[[Trametes versicolor|Trametes]]'', denomínase trimítico. As hifas esqueléticas e de unión danlles aos fungos coriáceos e duros como os [[poliporo]]s a súa consistencia resistente..
 
Un refinamento posterior a esta clasificación introducido por Cornell en 1966 incluíu os termos sarcodimítico e sarcotrimítico. Os fungos que forman hifas esqueléticas fusiformes unidas por hifas xenerativas forman sistemas de hifas que se denominan '''sarcodimíticos'''. Uns poucos fungos forman hifas equeléticas fusiformes, hifas xenerativas e hifas de unión e dise que teñen sistemas de hifas '''sarcotrimíticos'''. <ref name=Corner_1966>{{citeCita journalpublicación periódica |author = Corner EJH | title = Monograph of cantharelloid fungi| journal = Ann. Bot. Mem.| year = 1966 | volume = 2 | pages = 1–255}}</ref>
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Hyphae}}
=== Ligazóns externas ===