Diferenzas entre revisións de «CD8»

m
Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética)
O '''CD8''' ([[cluster de diferenciación|''cluster'' de diferenciación]] 8) é unha [[glicoproteína]] [[proteína transmembrana|transmembrana]] que serve como [[correceptor]] para o [[receptor de células T]] (TCR). Igual que o receptor [[TCR]] das células T, o CD8 únese a moléculas do [[complexo maior de histocompatibilidade]] (MHC), pero é específico para as de [[MHC I|clase I]].<ref>{{cite journal |author=Gao G, Jakobsen B |title=Molecular interactions of coreceptor CD8 and MHC class I: the molecular basis for functional coordination with the T-cell receptor |journal=Immunol Today |volume=21 |issue=12 |pages=630–6 |year=2000 |pmid=11114424 |doi=10.1016/S0167-5699(00)01750-3}}</ref> Hai dúas isoformas da proteína, alfa e beta, cada unha codificada nun [[xene]] diferente, ambos os dous situados no caso humano no [[cromosoma 2]].
 
== Distribución nos tecidos ==
 
O correceptor CD8 exprésase predominantemente na superficie das [[célula T citotóxica|células T citotóxicas]], pero pode tamén encontrarse nas [[célula asasina natural|células asasinas naturais]] (NK), [[timocito]]s corticais, e [[célula dendrítica|células dendríticas]]. Exprésase nas células de [[linfoma linfoblástico de células T]] e [[micose fungoide]] hipopigmentada, pero desaparece con frecuencia noutros tipos de [[neoplasma]]s de células T.<ref name=Leong>{{citeCita booklibro|author=Leong, Anthony S-Y|author2=Cooper, Kumarason|author3=Leong, F Joel W-M|year=2003|title=Manual of Diagnostic Cytology|edition=2|publisher=Greenwich Medical Media, Ltd.|page=73|isbn=1-84110-100-1}}</ref>
 
== Estrutura ==
 
Para funcionar, o CD8 forma un [[dímero]], que consta dun par de cadeas CD8. A forma máis común de CD8 está composta por unha cadea CD8-α e outra CD8-β, ambas as dúas membros da [[superfamilia das inmunoglobulinas]] cun dominio variable de tipo inmunoglobulina (IgV) na rexión extracelular conectado coa membrana por un fino talo, seguido por unha cola intracelular. Nalgunhas células tamén se expresan [[homodímero]]s menos comúns da cadea CD8-α. O peso molecular do CD8 é de arredor de 13.463,2 [[dalton (unidade)|Da]]. A estrutura da molécula CD8 foi determinada por Leahy, D.J., Axel, R., e Hendrickson, W.A. por [[difracción de raios X]] a unha resolución de 2,6 [[angstrom|Å]].<ref name="pmid1547508"/> A estrutura ten un pregamento en [[sandwich beta]] de tipo inmunoglobulina e consta de 114 residuos de aminoácidos. O 2% da proteína está pregada en [[hélice alfa|hélice α]], o 46% en folla β, e o restante 52% son as porcións en bucles.
[[Ficheiro:CD8_receptor.svg|miniatura|none|esquerda|Representación esquemática do correceptor CD8 heterodimérico.]]
 
== Función ==
 
O dominio extracelular de tipo IgV da CD8-α interacciona coa porción α<sub>3</sub> das moléculas [[MHC de clase I]].<ref>{{cite journal |author=Devine L, Sun J, Barr M, Kavathas P |title=Orientation of the Ig domains of CD8 alpha beta relative to MHC class I |journal=J Immunol |volume=162 |issue=2 |pages=846–51 |year=1999 |pmid=9916707}}</ref> Esta afinidade mantén o [[receptor de células T]] (TCR) das [[célula T citotóxica|células T citotóxicas]] e a célula diana unidos moi estreitamente durante a activación específica de antíxeno. As células T citotóxicas con proteína de superficie CD8 chámanse células T CD8+. O principal sitio de recoñecemento é un bucle flexible no dominio a3 dunha molécula [[MHC]]. Isto descubriuse facendo análises mutacionais.<ref name="pmid1547508" />
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.tcells.org/scientific/CD8/ T-cell Group - Cardiff University]
* [http://www.ebioscience.com/ebioscience/whatsnew/mousecdchart.htm Mapa dos antíxenos CD do rato]
* [http://www.ebioscience.com/ebioscience/whatsnew/humancdchart.htm Mapa dos antíxenos CD humanos]
 
 
[[Categoría:Antíxenos CD]]
393.002

edicións