Diferenzas entre revisións de «Cromosoma politénico»

m
Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética)
As células das glándulas salivares dos [[insecto]]s da orde dos [[Díptero]]s presentan [[núcleo celular|núcleos]] que están nunha [[interfase]] permanente. Durante o crecemento e desenvolvemento das larvas destes insectos, a [[división celular]] detense nalgúns tecidos pero as células continúan o seu crecemento por incremento de volume. Este proceso ocorre, por exemplo, nos [[tubo de Malpighi|tubos de Malpighi]], nas células nutricias dos [[ovario]]s, no [[epitelio]] intestinal e nas células das glándulas salivares. Nas células dos tecidos mencionados, os cromosomas sofren roldas repetidas de duplicacións pero sen separarse, proceso coñecido como [[endomitose]]. Isto leva á produción de cromosomas constituídos por varios centos ou mesmo miles de febras. Este proceso denomínase politenización ou politenia.
 
== Características ==
Durante o proceso de politenización, os cromosomas incrementan a súa lonxitude e o seu diámetro. De feito, a lonxitude dos cromosomas de ''Drosophila'' nunha metafase é da orde de 7,5μ entanto que o longo total dos [[cromosoma]]s nun núcleo de célula das glándulas salivares é de arredor de 2.000μ. <ref name=Panzera /><ref name=Ashburner1970>{{Cita publicación
| autor = Ashburner, M.
Os cromosomas politénicos poden presentar unhas expansións ou inchamentos chamados '''puffs cromosómicos''' (''chromosome puffs'') <ref name=Igor/>, que son rexións desespiralizadas difusas, que se corresponden con sitios de [[transcrición (xenética)|transcrición]] do [[ARN]]. Denomínase '''anel de Balbiani''' a un destes puffs de gran tamaño.
 
== Descubrimento e distribución ==
Os cromosomas politénicos foron observados orixinalmente nas células das glándulas salivares de larvas dos mosquitos ''[[Chironomidae|Chironomus]]'' por Balbiani en 1881,<ref>{{citeCita journalpublicación periódica | author=Balbiani EG | title=Sur la structure du noyau des cellules salivaires chez les larves de ''[[Chironomus]]''| journal=Zool. Anz. | year=1881 | pages=637–641 | volume=4}}</ref> pero a natureza hereditaria destas estruturas non foi confirmada ata que foron estudadas en ''[[Drosophila|Drosophila melanogaster]]'' a principios da década de 1930 por Emil Heitz e Hans Bauer. Sábese que aparecen nos tecidos secretores doutros dípteros, como nos [[tubo de Malpighio|tubos de Malpighio]] do xénero ''[[Sciara]]'' e tamén noutros insectos e nalgúns [[protista]]s, [[planta]]s, e [[mamífero]]s <ref name=Igor/>. Algúns dos cromosomas politénicos máis longos descritos atopáronse nas glándulas salivares das larvas do quironómido ''[[Axarus]]''.
 
Os cromosomas politénicos utilízanse para identificar especies de quironómidos que son moi difíciles de identificar doutro modo en fase larvaria. Cada grupo distinto morfoloxicamente de larvas consta de certo número de especies morfoloxicamente idénticas que só se poden distinguir deixandoos crecer ata que formen machos adultos ou por análises citoxenéticas dos cromosomas politénicos larvarios. Os seus [[cariotipo]]s utilízanse para confirmar a presenza de especies determinadas e no estudo da diversidade xenética das especies. <ref>>{{citeCita journalpublicación periódica | author=Int Panis L, Kiknadze I, Bervoets L, Aimanova A| title=Karyological identification of some species of the genus Chironomus Meigen, 1803 from Belgium| journal=Bull. Annls Soc. R. Belge Ent. | year=1994 | pages=135–142 | volume=130}}</ref><ref>>{{citeCita journalpublicación periódica | author=Кикнадзе ИИ, Михайлова П, Истомина АГ, Голыгина ВВ, Инт Панис Л, Крастанов Б| title=Хромосомный полиморфизм и дивергенция популяций у Chironomus nuditarsis Keyl (Diptera, Chironomidae)| journal=Tsitologia | year=2006 | pages=595–609 | volume=48}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
== Véxase tamén ==
 
=== Outros artigos ===
[[Categoría:Cromosomas]]
 
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
* [[Cromosoma plumoso]]
* [[Isocromosoma]]
* [[Microcromosoma]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [//commons.wikimedia.org/wiki/File:87AC_polytene_heatshock_puffs-1-.jpg#filelinks] (87A&C Heat-shock puffs)
 
* [http://www.natureprotocols.com/2007/05/09/highresolution_light_microscop.php] (High resolution spreads)
 
* [http://www.nenno.it/phaseolus-polytene-chromosomes/ Phaseolus Polytene chromosomes] (Plants)
 
[[Categoría:Cromosomas]]
393.002

edicións