Mycobacterium: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 16:
Ver [[#Especies|máis abaixo]].
}}
'''''Mycobacterium''''' é un [[xénero (bioloxía)|xénero]] de [[Actinobacteria]], que é o único membro da [[familia (bioloxía)|familia]] '''Mycobacteriaceae''' ('''Micobacteriáceas'''). A miúdo faise referencia a elas chamándolles '''micobacterias'''. O xénero inclúe [[patóxeno]]s que orixinan graves enfermidades nos [[mamífero]]s, como a [[tuberculose]] (''[[Mycobacterium tuberculosis]]'') e a [[lepra]] (''[[Mycobacterium leprae]]'').<ref name=Sherris>{{citeCita booklibro | author = Ryan KJ, Ray CG (editors) | title = Sherris Medical Microbiology | edition = 4th | publisher = McGraw Hill | year = 2004 | isbn = 0-8385-8529-9 }}</ref> O prefixo ''myco'' que forma parte do seu nome procede do [[lingua grega|grego]] e significa “[[fungo (bioloxía)|fungo]]”, facendo alusión ao modo similar ao dos fungos que ten a micobacteria de crecer na superficie dos líquidos cando se cultiva.<ref>James H. Kerr and Terry L. Barrett, “Atypical Mycobacterial Diseases”, Military Dermatology Textbook, p. 401.</ref>
 
== Características microbiolóxicas ==
[[Ficheiro:Mycobacterial cell wall diagram.png|miniatura|300px|[[Parede celular]] de micobacteria: 1-lípidos externos, 2-[[ácido micólico]], 3-[[polisacárido]]s ([[arabinogalactano]]), 4-[[peptidoglicano]], 5-[[membrana plasmática]], 6-[[lipoarabinomanano]] (LAM), 7-[[fosfatidilinositol manósido]], 8-esqueleto da parede celular.]]
 
As micobacterias son bacterias aeróbicas e inmóbiles (excepto a especie ''[[Mycobacterium marinum]]'', que é móbil dentro de [[macrófago]]s) que son cracteristicamente [[ácido resistente|ácido-alcohol resistentes]] (resisten a decoloración por ácidos durante a tinguidura).<ref name=Sherris /> En xeral, as micobacterias non conteñen [[endospora]]s e son consideradas xeralmente [[Gram positiva]]s. Porén, observouse esporulación en ''Mycobacterium marinum'' e talvez en ''M. bovis''.<ref>Ghosh, Jaydip, Pontus Larsson, Bhupender Singh, B M Fredrik Pettersson, Nurul M Islam, Sailendra Nath Sarkar, Santanu Dasgupta, y Leif A Kirsebom. 2009. Sporulation in mycobacteria. Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 106, no. 26 (Junio 30): 10781-10786. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/19541637</ref>, aínda que isto foi moi contestado por outros científicos.<ref>Traag BA, Driks A, Stragier P, Bitter W, Broussard G, Hatfull G, Chu F, Adams KN, Ramakrishnan L, Losick R.2010. Do mycobacteria produce endospores? Proc Natl Acad Sci U S A. 2010 Jan 12;107(2):878-81.</ref> Cómpre tamén facer algunhas precisións sobre a súa tinguidura de Gram, xa que desde un punto de vista empírico non parecen corresponder á categoría das Gram positivas (é dicir, en xeral, non reteñen ben o colorante [[cristal violeta]]), pero a pesar de todo son clasificadas como bacterias Gram positivas ácido resistentes debido á súa falta de membrana externa na parede. Todas as especies de ''Mycobacterium'' comparten unha [[parede celular]] característica, de maior grosor ca a doutras bacterias, [[hidrofóbica]], cerosa, e rica en [[ácido micólico]]/micolatos. A parede celular consta dunha capa de micolatos hidrofóbicos e unha capa de [[peptidoglicano]] unidas polo [[polisacárido]], [[arabinogalactano]]. A parede celular fai unha contribución substancial á robustez das bacterias deste xénero. As [[ruta metabólica|rutas biosintéticas]] dos compoñentes da parede celular son dianas potenciais das novas drogas contra a tuberculose.<ref name= BhamidiS>{{citeCita booklibro |author= Bhamidi S|year=2009|chapter=Mycobacterial Cell Wall Arabinogalactan|title=Bacterial Polysaccharides: Current Innovations and Future Trends|publisher=Caister Academic Press|isbn= 978-1-904455-45-5}}</ref> Moitas especies non parecen ter [[cápsula bacteriana|cápsula]] ou é moi difícil de ver coas técnicas de microscopía convencionais, pero nalgunhas, como ''M. tuberculosis'' está demostrada a presenza de cápsula.<ref>Daffé M, Etienne G. The capsule of Mycobacterium tuberculosis and its implications for pathogenicity. Tuber Lung Dis. 1999;79(3):153-69. PMID 10656114. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10656114]</ref>
 
Moitas especies de ''Mycobacterium'' poden adaptarse rapidamente ao crecemento en substratos moi simples, utilizando [[amoníaco]] ou [[aminoácido]]s como fontes de nitróxeno, e [[glicerol]] como fonte de cabono en presenza de sales minerais. As súas temperaturas de crecemento óptimas varían amplamente segundo a especie e van desde 25&nbsp;°C a algo máis de 50&nbsp;°C.
 
Algunhas especies poden ser moi difíciles de [[cultivo microbiolóxico|cultivar]] e poden tardar moito tempo en desenvolverse en cultivo. Ademais, algunhas especies teñen ciclos reprodutivos extremadamente longos; por exemplo, ''[[M. leprae]]'' pode precisar máis de 20 días para completar un ciclo de división (por comparación, algunhas cepas de ''[[E. coli]]'' tardan só 20 minutos), facendo que o seu cultivo en laboratorio sexa un proceso lento.<ref name=Sherris /> Ademais, a facilidade para aplicarlles técnicas de manipulación xenética é moito menor ca noutras especies bacterianas.<ref name= ParishBrown>{{citeCita booklibro |author= Parish T, Brown A (editors)| year=2009 |title=Mycobacterium: Genomics and Molecular Biology | publisher=Caister Academic Press | isbn= 978-1-904455-40-0}}</ref>
 
Existe unha división natural entre as especies de micobacterias de crecemento lento e de crecemento rápido. As micobacterias que forman colonias claramente visibles a simple vista en sete días en subcultivo denomínanse de crecemento rápido, e as que requiren períodos máis longos chámanse de crecemento lento. As células das micobacterias son [[bacilo]]s rectos ou lixeiramente curvados de entre 0,2 e 0,6&nbsp;µm de largo e de 1,0 a 10&nbsp;µm de longo.
 
=== Pigmentación ===
Algunhas micobacterias producen [[pigmento]]s [[carotenoide]]s sen estaren expostas á luz. Outras requiren fotoactivación para a produción de pigmentos. Podemos distinguir os seguintes grupos:
 
;Fotocromóxenas (Grupo I)
Liña 45:
:* Exemplos: ''M. fortuitum'', ''M. chelonae''
 
=== Tinguidura ===
As micobacterias son os organismos clásicos [[ácido resistentes]] (non se decoloran con ácidos na tinguidura).<ref name=Baron>{{citeCita booklibro | author = McMurray DN | editor = Baron S ''et al.'' (eds.) | chapter = Mycobacteria and Nocardia | title = Baron's Medical Microbiology | edition = 4th | publisher = Univ of Texas Medical Branch | year = 1996 | chapterurl = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mmed.section.1772| isbn = 0-9631172-1-1 }}</ref> As tinguiduras utilizadas para a avaliación de especimes de mostras de tecidos ou microbiolóxicos son: [[tinguidura de Fite]], [[tinguidura de Ziehl-Neelsen]], e [[tinguidura de Kinyoun]].'''
 
As micobacterias parecen estar fenotipicamente máis relacionadas con membros de ''[[Nocardia]]'', ''[[Rhodococcus]]'' e ''[[Corynebacterium]]''.
Liña 60:
As infeccións por micobacterias son moi difíciles de tratar. Estes microorganismos son robustos debido á súa parede celular, que non é claramente [[Gram negativa]] nin [[Gram positiva]] (ver máis arriba). Ademais, son resistentes de forma natural a varios [[antibiótico]]s que interfiren coa biosíntese da parede celular, como a [[penicilina]]. Debido á súa peculiar parede celular, poden sobrevivir a unha longa exposición aos ácidos, alcalis, deterxentes, [[explosión oxidativa|explosións oxidativas]], lise polo [[sistema do complemento]], e a moitos [[antibiótico]]s. A maioría das micobacterias son susceptibles aos antibióticos [[claritromicina]] e [[rifamicina]], pero apareceron xa cepas resistentes a eses antibióticos.
 
Como ocorre con outras bacterias patóxenas, as [[proteína]]s de superficie e as [[secreción|secretadas]] de ''M. tuberculosis'' contribúen significativamente á virulencia deste organismo. Hai unha lista crecente de proteínas extracitoplasmáticas das que se comprobou que teñen unha función na virulencia de ''M. tuberculosis''.<ref name= McCann>{{citeCita booklibro |author= McCann et al.|year=2009|chapter=Secreted and Exported Proteins Important to Mycobacterium tuberculosis Pathogenesis |title=Bacterial Secreted Proteins: Secretory Mechanisms and Role in Pathogenesis|publisher=Caister Academic Press|isbn = 978-1-904455-42-4 }}</ref>
 
=== Clasificación médica ===
Liña 74:
</ref>. Os micósidos A e B teñen 18 e 20 átomos de carbono, respectivamente.<ref>[http://www.cyberlipid.org/simple/simp0003.htm#10 fatty alcohols and aldehydes]</ref><ref> A. P. MacLennan. The monosaccharide units in specific glycolipids of Mycobacterium avium. Biochem J. 1962 March; 82(3): 394–400. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1243471/]</ref><ref>D Chatterjee, C M Bozic, C Knisley, S N Cho, and P J Brennan. Phenolic glycolipids of Mycobacterium bovis: new structures and synthesis of a corresponding seroreactive neoglycoprotein. Infect Immun. 1989 February; 57(2): 322–330. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC313100/]</ref>
 
== Xenómica ==
As análises comparativas de xenomas micobacterianos identificaron varios [[indel sinatura conservado||indeis conservados]] e proteínas sinatura que se encontran unicamente en todas as especies secuenciadas do xénero ''Mycobacterium''.<ref>Gao, B.; Paramanathan, R.; Gupta, R. S. (2006). "Signature proteins that are distinctive characteristics of Actinobacteria and their subgroups". Antonie van Leeuwenhoek 90 (1): 69–91. doi:10.1007/s10482-006-9061-2. PMID 16670965.</ref><ref name=Gao>Gao, B.; Gupta, R. S. (2012). "Phylogenetic Framework and Molecular Signatures for the Main Clades of the Phylum Actinobacteria". Microbiology and Molecular Biology Reviews 76 (1): 66–112. doi:10.1128/MMBR.05011-11. PMC 3294427. PMID 22390973. //www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC3294427/.</ref> Ademais, encontráronse 14 proteínas só nas especies do xénero ''Mycobacterium'' e ''[[Nocardia]]'', o que suxire que estes dous xéneros están estreitamente emparentados.<ref name=Gao/>
 
== Especies ==
[[Ficheiro:Mycobacterium phylogenetic tree.png|miniatura|318px|Posición filoxenética do bacilo da tuberculose no xénero ''Mycobacterium''. O triángulo azul corresponde ás secuencias do bacilo da tuberculose que son idénticas ou difiren só nun nucleótido. As secuencias do xénero Mycobacterium que coinciden máis coas de ''M. tuberculosis'' proceden da base de datos BIBI (http://pbil.univ-lyon.fr/bibi/) e están aliñadas coas obtidas de 17 cepas lisas e MTBC. A árbore contigua sen raíz está baseada en 1.325 posicións de [[nucleótido]]s aliñados do xene de [[ARNr]] de 16S. A escala indica as distancias por parellas despois de aplicar a corrección de Jukes-Cantor.]]
Poden usarse probas fenotípicas para identificar e distinguir diferentes especies de micobacterias e cepas. Noutros sistemas vellos, as micobacterias agrúpanse segundo a súa aparencia e grao de crecemento. Porén, estes son [[simplesiomorfía]]s (trazos ancestrais herdados por varios [[taxon]]s), e as clasificacións máis recentes están baseadas na [[cladística]].
 
=== De crecemento lento ===
 
==== Complexo da Mycobacterium tuberculosis ====
* ''[[Mycobacterium tuberculosis complex]]'' (MTBC). Os membros deste complexo son os axentes causantes da [[tuberculose]] humana e animal. As especies incluídas son:
*: ''[[Mycobacterium tuberculosis|M. tuberculosis]]'', a principal causante da [[tuberculose]] humana
Liña 94:
*: ''[[Mycobacterium pinnipedii|M. pinnipedii]]''
 
==== Complexo da Mycobacterium avium ====
* ''[[Mycobacterium avium complex|Mycobacterium avium complex (MAC)]],'' é un grupo de especies que nas infeccións diseminadas (pero non nas pulmonares) adoitan ser unha causa significativa de morte por [[SIDA]] nos paciente afectados. Neste complexo inclúense as especies seguintes:
*: ''[[Mycobacterium avium avium|M. avium]]''
*: ''[[Mycobacterium avium paratuberculosis|M. avium paratuberculosis]]'', que foi implicada na [[enfermidade de Crohn]] en humanos (trastorno inflamatorio crónico no cal o [[sistema inmunitario]] ataca o tracto gastrointestinal posiblemente dirixiíndose aos [[antíxeno]]s microbianos<ref name=Bact08>{{cite journal |doi=10.1097/MCG.0b013e3181662c90 |title=Innate Immunity in Crohnʼs Disease |year=2008 |last1=Dessein |first1=Rodrigue |last2=Chamaillard |first2=Mathias |last3=Danese |first3=Silvio |journal=Journal of Clinical Gastroenterology |volume=42 |pages=S144–7 |pmid=18806708}}</ref>) e na [[enfermidade de Johne]] no gando [[vacún]] e [[ovino]]
*: ''[[Mycobacterium avium silvaticum|M. avium silvaticum]]''
*: ''[[Mycobacterium avium hominissuis|M. avium "hominissuis"]]''
Liña 103:
*: ''[[Mycobacterium indicus pranii|M. indicus pranii]]''
 
==== Clado de Mycobacterium gordonae ====
* ''[[Mycobacterium asiaticum|M. asiaticum]]''
* ''[[Mycobacterium gordonae|M. gordonae]]''
 
==== Clado de Mycobacterium kansasii ====
* ''[[Mycobacterium gastri|M. gastri]]''
* ''[[Mycobacterium kansasii|M. kansasii]]''
 
==== Clado de Mycobacterium nonchromogenicum/terrae ====
* ''[[Mycobacterium hiberniae|M. hiberniae]]''
* ''[[Mycobacterium nonchromogenicum|M. nonchromogenicum]]''
Liña 117:
* ''[[Mycobacterium triviale|M. triviale]]''
 
==== Micobacterias que producen micolactona ====
* ''[[Mycobacterium ulcerans|M. ulcerans]]'', que causa a [[úlcera de Buruli]]
* ''[[Mycobacterium pseudoshottsii|M. pseudoshottsii]]''
* ''[[Mycobacterium shottsii|M. shottsii]]''
 
==== Clado de Mycobacterium simiae ====
* ''[[Mycobacterium triplex|M. triplex]]''
* ''[[Mycobacterium genavense|M. genavense]]''
Liña 134:
* ''[[Mycobacterium simiae|M. simiae]]''
 
==== Non agrupadas ====
* ''[[Mycobacterium branderi|M. branderi]]''
* ''[[Mycobacterium cookii|M. cookii]]''
Liña 165:
* ''[[Mycobacterium xenopi|M. xenopi]]''
 
=== De crecemento intermedio ===
* ''[[Mycobacterium intermedium|M. intermedium]]''
 
=== De crecemento rápido ===
==== Clado de Mycobacterium chelonae ====
* ''[[Mycobacterium abcessus|M. abscessus]]''
* ''[[Mycobacterium chelonae|M. chelonae]]''
* ''[[Mycobacterium bolletii|M. bolletii]]''
 
==== Clado de Mycobacterium fortuitum ====
* ''[[Mycobacterium fortuitum|M. fortuitum]]''
* ''[[Mycobacterium fortuitum subsp. acetamidolyticum|M. fortuitum subsp. acetamidolyticum]]''
Liña 189:
* ''[[Mycobacterium cosmeticum|M. cosmeticum]]''
 
==== Clado de Mycobacterium parafortuitum ====
* ''[[Mycobacterium parafortuitum|M. parafortuitum]]''
* ''[[Mycobacterium austroafricanum|M. austroafricanum]]''
Liña 197:
* ''[[Mycobacterium frederiksbergense|M. frederiksbergense]]''
 
==== Clado de Mycobacterium vaccae ====
* ''[[Mycobacterium aurum|M. aurum]]''
* ''[[Mycobacterium vaccae|M. vaccae]]''
 
==== CF ====
* ''[[Mycobacterium chitae|M. chitae]]''
* ''[[Mycobacterium fallax|M. fallax]]''
 
==== Non agrupadas ====
* ''[[Mycobacterium confluentis|M. confluentis]]''
* ''[[Mycobacterium flavescens|M. flavescens]]''
Liña 239:
* ''[[Mycobacterium pulveris|M. pulveris]]''
 
=== Non agrupadas ===
* ''[[Mycobacterium arosiense|M. arosiense]]''
* ''[[Mycobacterium aubagnense|M. aubagnense]]''
Liña 261:
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outras lecturas ===
 
<div class="references-small">
* [http://ajrccm.atsjournals.org/cgi/content/full/156/2/S1 Diagnosis and Treatment of Disease Caused by Nontuberculous Mycobacteria]. American Thoracic Society. Am J Respiratory and Critical Care Medicine. Aug 1997 156(2) Part 2 Supplement
* [http://www.ridom-rdna.de/ RIDOM]: Ribosomal Differentiation of Medical Microorganisms
* J.P. Euzéby: List of Prokaryotic Names with Standing in Nomenclature - [http://www.bacterio.cict.fr/m/mycobacterium.html Genus ''Mycobacterium'']
Liña 271:
</div>
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://genolist.pasteur.fr/TubercuList/ Tuberculist]: Base de datos de anotación do xenoma
* [http://mtbsysborg.igib.res.in/ MTB Sysborg]: Base de datos de anotación do xenoma do Institute of Genomics and Integrative Biology
Liña 277:
* [http://kiev.physchem.kth.se/MycDB.html MycDB]: Base de datos de ''Mycobacterium''
* [http://www.tbdb.org/ TBDB]: Base de datos da tuberculose
* [http://patricbrc.org/portal/portal/patric/Taxon?cType=taxon&cId=1763 Mycobacterium]: xenomas e información relacionada en [http://patricbrc.org/ PATRIC], un Centro de Recursos Bioinformáticos da [http://www.niaid.nih.gov/ NIAID]
* [http://www.ntminfo.org/default_aspx/p/faqs.aspx Frequently Asked Questions about NTM Lung Disease]
* [http://app.chuv.ch/prasite/index.html PRASITE: Identificación de micobacterias]
 
 
[[Categoría:Actinomycetales]]