Proteus anguinus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite book
Liña 49:
 
== Ecoloxía e ciclo vital ==
O [[desenvolvemento embrionario]] dura 140 días, e acada a [[madurez sexual]] aos 14 anos. As [[larva]]s teñen o aspecto do adulto despois de case catro meses, a duración do desenvolvemento está estreitamente relacionada coa temperatura da auga.<ref name="DUR02">Durand J.P. & Delay B. (1981). ''Influence of temperature on the development of ''Proteus anguinus'' (Caudata: Proteidae) and relation with its habitat in the subterranean world'' (en inglés). Journal of Thermal Biology '''6'''(1): 53–57.</ref> Os ovos son [[Fecundación|fecundados]] no interior da femia. Existen observacións históricas non confirmadas de [[viviparismo]], pero está confirmado que os seus ovos teñen unha cuberta similar á dos ovos de peixe e doutros anfibios producida por unha glándula da femia.<ref name="ALJ01">Aljančič M., Bulog B. et al. (1993). ''Proteus&nbsp;– mysterious ruler of Karst darkness''. Ljubljana: Vitrium d.o.o.</ref> Creuse durante moito tempo que a femia daba a luz parindo crías formadas (ovoviviparismo) cando as temperaturas eran baixas e poñía ovos (oviparismo) cando as temperaturas eran máis altas, pero rigorosas observacións non confirmaron isto. O proteo parece ser, pois, [[ovíparo]].<ref>{{citeCita booklibro|Sever, David M.|year=2003|title=Reproductive biology and phylogeny of Urodela|publisher=Science Publishers|page=449|isbn=1578082854}}</ref> A femia pon ata 70 ovos, cada un duns 12 [[milímetros]] de diámetro, e colócaos entre as rochas, onde permanecen baixo a súa protección. As [[larva]]s teñen 2 centímetros de longo cando eclosionan e viven o primeiro mes da xema do ovo almacenado nas células do seu sistema dixestivo.<ref name="AA01">Aljančič G. and Aljančič M. (1998). ''Žival meseca oktobra: Človeška ribica (Proteus anguinus)'' (en esloveno) <nowiki>[</nowiki>''Olm''<nowiki>]</nowiki>. Proteus '''61'''(2): 83–87.</ref>
 
O animal non experimenta [[Metamorfose (bioloxía)|metamorfose]] e conserva características larvarias (un atraso somático) no estadio adulto, pero posúe madurez reprodutiva, é dicir, chega á madurez reprodutiva mentres que conserva a morfoloxía do estado larval. Noutros anfibios, a metamorfose é regulada pola [[hormona]] [[tirosina]], excretada pola [[glándula tiroide]].