Momia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Taxidermia
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 18:
Algúns países de Europa, como Reino Unido, Alemaña, Suecia e Dinamarca, posúen rexións pantanosas chamadas ''bogs''. Nestes terreos combínanse varios factores, como son a acidez da auga, as baixas temperaturas e a falta de osíxeno, que fan que se curtan as partes brandas dos tecidos dos corpos atopados nas augas, normalmente procedentes de sacrificios rituais ou asasinatos. Estas momias están extremadamente ben conservadas, aínda que normalmente os esqueletos se descompoñen, mais nalgúns casos é posible determinar o contido da última comida achada no estómago.
 
En [[1972]], foron descubertas oito momias extraordinariamente ben conservadas nunha comunidade [[Inuit]], chamada Qilakitsoq, na [[Groenlandia]]. As "Momias da Groenlandia" é un grupo formado por un bebé de seis meses, un neno de catro anos e seis mulleres de varias idades, que morreron fai aproximadamente 500 anos. Os corpos foron momificados por causa das temperaturas baixo cero e os ventos secos que asolan a caverna onde foron encontrados.
Algunhas das momias mellor preservadas datan do período [[Inca]] no [[Perú]], 500 anos atrás, cando nenos que eran sacrificados en ritos eran colocados nos picos das montañas da [[Cordilleira dos Andes]]. O clima frío e seco actúa na preservación dos corpos.
 
Liña 43:
Momificación é o nome do proceso acuñado polos [[exipcio]]s no que se sacan os principais órganos, dificultando así a súa descomposición. Xeralmente, os corpos eran colocados en [[sarcófago]]s de pedra e envoltos por faixas de algodón ou liño. Tras acabar este proceso de momificación chamábanlle ''momias''. O proceso de momificación duraba preto de setenta días.
 
A momificación era un proceso bastante complexo e lento. O [[sacerdote]] (embalsamador) comezaba por retirar o [[cerebro]] do morto, cun gancho, atraves dos furados da nariz. Despois, facían un corte no lado esquerdo do corpo, retirando os órganos, que eran colocados en [[Vaso canopo|vasos canopos]] e gardados no [[túmulo]], ha excepción do [[corazón]], que, por ser necesario na outra vida, era recolocado no seu lugar.
 
Entón, o corpo era cuberto con [[natrón]] (cristais de sal) e deixado a secar durante setenta días. Tras ese proceso, as cavidades eran cheas con liño e sustancias aromáticas, e enrolábase o corpo con ligaduras. Os ollos eran cheos con liño ou pedras pintadas de branco. Tamén os animais de compaña eran por veces embalsamados e colocados en sepulturas propias.
Liña 53:
=== O proceso de momificación exipcia ===
 
As primeiras evidencias da momificación intencionada en Exipto remóntase o 3500 a.C.<ref name=strudwick>{{CiteCita booklibro|last=Strudwick |first =Nigel|title= Masterpieces of Ancient Egypt|year=2006| publisher=British Museum Publishers| place=London| pages= 26–27}}</ref> As partes dos corpos humanos momificados, recuperados de [[Hieracómpolis]] (ou ''Nekhen''), mostran restos de resina e envoltorios de liño.<ref name=strudwick/>
A primeira momia exipcia completa, data aproximadamente do 3400 a.C., e consérvase hoxe en día no [[Museo Británico]].<ref name=brm32751>{{Cita web|title=Human Mummy| work=The British Museum |url= http://www.britishmuseum.org/research/search_the_collection_database/search_object_details.aspx?objectid=117645&partid=1 |accessdate=14-12-2012}}</ref>
 
Liña 61:
Este sal que se atopa nas beiras dos lagos de auga salgada, o [[natrón]], usábano para secar e conservar a carne pegada nos ósos. Unha vez secas, as momias eran ritualmente untadas con aceites e perfumes.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Mummies}}
* [[Taxidermia]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.quimica.net/emiliano/artigos/2006nov_mumias.pdf Aspectos Científicos da Momificación] {{pt}}
* [http://www.mummytombs.com/mummylocator/group/guanajuato.htm Momias de Guanajuato] {{en}}