Ácido biliar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 4:
Os ácidos biliares son fundamentalmente os ácidos [[ácido cólico|cólico]], [[ácido quenodesoxicólico|quenodesoxicólico]], [[ácido desoxicólico|desoxicólico]], [[ácido litocólico|litocólico]], e os seus derivados conxugados que forman sales, como o [[ácido taurocólico]] e o [[ácido glicocólico]] (derivados do ácido cólico), que supoñen o 8% do total de sales biliares, e outros sales.
 
== Tipos ==
[[Ficheiro:Bile acid differentiation gl.svg|miniatura|dereita|400px|Síntese dos restantes 10 ácidos graxos, 2 secundarios e 8 conxugdos a partir dos dous ácidos biliares primarios..]]
Nos humanos, a síntese de ácidos biliares faise a partir do colesterol primeiramente nos [[hepatocito]] do fígado, e despois no intestino pola acción das [[bacteria]]s. Distinguiremos entre ácidos biliares primarios e secundarios e os derivados destes, os ácidos biliares conxugados e os sales biliares.
 
=== Ácidos biliares primarios ===
Hai dous '''ácidos biliares primarios''' que se sintetizan nos hepatocitos a partir do colesterol, son o [[ácido cólico]] e o [[ácido quenodesoxicólico]], <ref name=Costanzo>{{citeCita booklibro|last=Costanzo|first=Linda S.|title=Physiology|year=2010|publisher=Saunders/Elsevier|location=Philadelphia, PA|isbn=978-1-4160-6216-5|edition=4th}}</ref><sup>:357-358</sup> Nos hepatocitos prodúcese unha oxidación do colesterol mediada por encimas da familia do [[citocromo P450]], que orixina estes dous ácidos. Aproximadamente, sintetízanse diariamente 600 mg de sales biliares para substituír os ácidos biliares que se perden nas feces, pero se segrega moito máis, porque se reabsorben. <ref name=Costanzo /><sup>:359</sup> Nos humanos, o paso limitante da síntese é a reacción de adición dun grupo hidroxilo na posición 7 do núcleo [[esteroide]] do [[colesterol]] polo encima [[CYP7A1|colesterol 7 alfa-hidroxilase]] (CYP7A1). O ácido cólico e o colesterol regulan a actividade deste encima; o ácido cólico faina decrecer, e o colesterol faina aumentar.
 
Os ácidos biliares primarios sofren conxugación con aminoácidos (ver máis adiante) e almacénanse na [[vesícula biliar]], onde se concentran, antes de ser vertidos no [[duodeno]] durante a [[dixestión]].
Liña 17:
</gallery>
 
=== Ácidos biliares conxugados ===
Nas células hepáticas e antes da súa [[secreción]] os ácidos biliares mencionados deben ser conxugados (unidos) á [[glicina]] ou a [[taurina]] (dous [[aminoácido]]s), para formar catro posibles '''ácidos biliares conxugados''': os [[ácido glicocólico|ácidos glicocólico]] e [[ácido taurocólico|taurocólico]] (derivados do ácido cólico), e os ácidos glicoquenodesoxicólico e tauroquenodesoxicólico (derivados do ácido quenodesoxicólico) <ref name=Costanzo /><sup>:358</sup> As bacterias do [[intestino]] desconxugan estes ácidos e transforman os primarios en secundarios. Unha vez que os secundarios se reabsorban e volvan ao fígado serán conxugados tamén e segregados de novo ao intestino, polo que se forman catro ácidos biliares conxugados máis: os ácidos glicodesoxicólico e taurodesoxicólico (derivados do ácido desoxicólico) e os ácidos glicolitocólico e taurolitocólico (derivados do ácido litocólico).
<gallery>
Liña 24:
</gallery>
 
=== Ácidos biliares secundarios ===
Cando os conxugados dos ácidos cólico e quenodesoxicólico se segregan ao [[lume (anatomía)|lume]] do [[intestino]], as bacterias desconxugan e deshidroxilan parcialmente estas moléculas orixinando os '''ácidos biliares secundarios''', que son o [[ácido desoxicólico]] (derivado do ácido cólico) e o [[ácido litocólico]] (derivado do ácido quenodesoxicólico). <ref name=Costanzo /><sup>:358</sup> Estes ácidos biliares poden ser reabsorbidos no intestino e volver ao fígado por medio da [[circulación enterohepática]].
<gallery>
Liña 31:
</gallery>
 
=== Sales biliares ===
Os ácidos biliares (xeralmente os conxugados) están ionizados ou poden formar sales con catións como o ión sodio, polo que tamén se denominan '''sales biliares''' <ref name=Costanzo /><sup>:358</sup>, os cales teñen importantes funcións fisiolóxicas. Os que derivan dos ácidos biliares primarios conxugados denomínanse sales biliares primarios, e os que derivan dos secundarios son sales biliares secundarios. Por tanto, non é o mesmo ácido biliar que sal biliar, xa que os sales biliares son os ácidos biliares (xeralmente conxugados) ionizados ou combinados con catións.
 
Liña 38:
Outra vantaxe que ten este incremento de solubilidade é que impide a reabsorción pasiva desas substancias unha vez segregadas ao intestino (pero hai [[transporte activo]]). Como resultado, a concentración de ácidos biliares/sales biliares no intestino delgado pode permanecer alta dabondo como para formar [[micela]]s e solubilizar os lípidos en dixestión. A "concentración micelar crítica" é a cantidade de ácidos biliares necesaria para que funcione a formación espontánea e dinámica das micelas. <ref>Salette Reisa, Carla Guimarães Moutinhob, Carla Matosa, Baltazar de Castroc, Paula Gameiroc, José L.F.C. Lima. Noninvasive methods to determine the critical micelle concentration of some bile acid salts. Analytical Biochemistry. Volume 334, Issue 1, 1 November 2004, Pages 117–126. [http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0003269704006116]</ref>
 
== Circulación enterohepática ==
A [[circulación enterohepática]] é a circulación de ácidos e sales biliares entre o fígado e o intestino por vía sanguínea. Os sales biliares primarios son absorbidos nun 90-95% no [[íleo]] e pasan por vía sanguínea ao fígado. O 5-10% restante chega ao [[colon]] onde as bacterias os converten en ácidos biliares secundarios, que alí son absorbidos tamén en parte, pasan ao sangue e volven ao fígado. A fracción que non se absorba é expulsada coas feces. Todos estes ácidos biliares que volven ao fígado, serán conxugados alí e voltos a segregar á [[vesícula biliar]] e despois ao intestino, polo que hai unha continua recirculación.
 
== Funcións e produción ==
Ademais de emulsionar os lípidos formando [[micela]]s para facilitar a súa dixestión polos encimas dixestivos (lipases) e a súa absorción e paso aos vasos quilíferos da parede intestinal, os ácidos biliares tamén desempeñan outras funcións, como son: eliminar o colesterol do corpo, dirixir o fluxo de bile para eliminar catabolitos do fígado, emulsionar vitaminas liposolubles no intestino para que poidan ser absorbidas, axudar á redución da flora bacteriana que se encontra no intestino delgado e no tracto biliar, e funcionar como moléculas sinalizadoras a través do receptor [[FXR]] (e outros) que interveñen na [[homeostase]] da glicosa e lípidos.<ref name=Sintese>La página de Bioquímica médica [http://themedicalbiochemistrypage.org/es/bileacids-sp.php Ácidos biliares]</ref>
 
Os ácidos biliares poden ser vistos tamén como unha especie de hormonas esteroides, debido a esa capacidade de unirse ao [[receptor nuclear]] farnesoide [[FXR]], ou aos receptores de membrana TGR5 <ref>{{cite journal|last=Fiorucci|first=S|coauthors=Mencarelli, A, Palladino, G, Cipriani, S|title=Bile-acid-activated receptors: targeting TGR5 and farnesoid-X-receptor in lipid and glucose disorders|journal=Trends in pharmacological sciences|year=2009|volume=30|issue=11|pages=570–80|pmid=19758712|doi=10.1016/j.tips.2009.08.001}}</ref>.
 
A síntese de ácidos biliares é a principal ruta do metabolismo do colesterol na maioría das especies non humanas e nos humanos é unha ruta moi importante. O corpo humano produce uns 800 mg de colesterol ao día e aproximadamente a metade vai utilizarse para a síntese de ácidos biliares. En total segréganse arredor de 20-30 gramos de ácidos biliares no [[intestino]] cada día. Aproximadamente o 90% dos ácidos biliares excretados reabsórbense por [[transporte activo]] no [[íleo]] e outra pequena porción no [[colon]], e son reciclados ao entraren na [[circulación enterohepática]], que devolve os sales biliares intestinais por vía sanguínea ao fígado. Isto permite que haxa unha taxa de síntese moderada á vez que se mantén unha taxa de secreción ao [[aparato dixestivo]] alta.<ref name=Hofmann/>
 
== Estrutura química ==
[[Ficheiro:Steroid numbering.png|miniatura|dereita|500px|Denominación de letras dos aneis e numeración dos átomos recomendada pola [[Nomenclatura da IUPAC|IUPAC]] para o esqueleto dos esteroides. Os catro aneis A-D forman o núcleo de [[esterano]].]]
[[Ficheiro:Cholesterol with numbering.svg|300px|miniatura|Molécula de colesterol numerada.]]
Os ácidos biliares son unha gran familia de moléculas, composta por unha estrutura esteroide básica de catro aneis, unha cadea lateral de 5 a 8 carbonos que remata nun grupo [[ácido carboxílico]], e a presenza (con determinadas orientacións) de varios grupos [[hidroxilo]]. Os catro aneis están etiquetados de esquerda a dereita coas letras A, B, C, e D, e o anel D é de 5 carbonos e os outros aneis de 6. Os grupos hidroxilo poden estar en dúas posicións, denominadas beta (debuxado con liña ou cuña continua) e alfa (debuxado con liña ou cuña descontinua). Todos oa ácidos biliares teñen un grupo hidroxilo na posición 3, que deriva directamente da molécula precursora colesterol. No colesterol o conxunto dos aneis é plano e o OH ten orientación beta.<ref>G. P. Moss (1989). "Nomenclature of Steroids (Recommendations 1989)". Pure & Appl. Chem. 61 (10): 1783–1822. doi:10.1351/pac198961101783. http://www.chem.qmul.ac.uk/iupac/steroid/. PDF "IUPAC-IUB Joint Commission on Biochemical Nomenclature (JCBN). The nomenclature of steroids. Recommendations 1989". Eur. J. Biochem. 186 (3): 429–58. December 1989. doi:10.1111/j.1432-1033.1989.tb15228.x. PMID 2606099.</ref>
 
== Síntese ==
Para a síntese dos ácidos biliares completos requírense 17 [[encima]]s do [[citosol]], [[retículo endoplasmático]], [[mitocondria]]s e [[peroxisoma]]s. <ref name=Sam/>
 
Liña 73:
No intestino, os conxugados do ácido cólico son desconxugados e deshidroxilados polas bacterias formando o [[ácido desoxicólico]], con só dous OH, que é un ácido biliar secundario. En moitas [[orde (bioloxía)|ordes]] de [[vertebrado]]s que aínda están en activa especiación, as especies novas están desbotando a hidroxilación na posición 12-alfa en favor da posición 23 da cadea lateral. Poden atoparse familias e especies de vertebrados que teñen ese OH colocado case en todas as posibles posicións na molécula. <ref name=Haslewood>G. A. D. Haslewood. Bile salt evolution. Journal of Lipid Research. Volume 8. 1967. [http://www.jlr.org/content/8/6/535.full.pdf]</ref>
 
== Regulación ==
Como [[surfactante]]s ou [[deterxente]]s os ácidos biliares son potencialmente tóxicos para as células, polo que as súas concentracións están estreitamente reguladas. Funcionan como [[molécula de sinalización|moléculas de sinalización]] no fígado e nos intestinos ao activaren un receptor hormonal nuclear, o [[receptor X farnesoide|FXR]], tamén coñecido polo nome do seu xene, o [[NR1H4]]. A acitvación do FXR no fígado inhibe a síntese de ácidos biliares, e é un mecanismo de control por [[retroalimentación]] cando os niveis de ácidos biliares son demasiado altos. A activación do FXR polos ácidos biliares durante a súa absorción no intestino incrementa a [[transcrición xenética|transcrición]] e a síntese de [[FGF19]], o cal despois inhibirá a [[síntese de ácidos graxos]] no fígado. <ref>{{cite journal|last=Kim|first=I|coauthors=Ahn, SH, Inagaki, T, Choi, M, Ito, S, Guo, GL, Kliewer, SA, Gonzalez, FJ|title=Differential regulation of bile acid homeostasis by the farnesoid X receptor in liver and intestine|journal=Journal of lipid research|year=2007|volume=48|issue=12|pages=2664–72|pmid=17720959|doi=10.1194/jlr.M700330-JLR200}}</ref> Diversas evidencias asocian a activación do FXR con alteracións no [[metabolismo]] dos [[triglicérido]]s, e da [[glicosa]], e co crecemento do fígado. <ref> Ke Ma, Pradip K. Saha, Lawrence Chan, and David D. Moore. Farnesoid X receptor is essential for normal glucose homeostasis. J Clin Invest. 2006 April 3; 116(4): 1102–1109. Published online 2006 March 23. doi: 10.1172/JCI25604PMCID: PMC1409738. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1409738/]</ref>
 
== Importancia clínica ==
Como os ácidos biliares se producen a partir do colesterol endóxeno, a circulación enterohepática de ácidos biliares pode quedar interrompida ao diminuír a cantidade de colesterol. Existen [[secuestrante de ácidos biliares|secuestrantes de ácidos biliares]], que se unen aos ácidos biliares no intestino e impiden a súa reabsorción. Ao faceren isto, desvíase máis colesterol endóxeno á produción de ácidos biliares, o que é un modo de baixar os niveis de colesterol. Os ácidos biliares secuestrados así son despois excretados polas feces. <ref>M Ast, WH Frishman. Bile acid sequestrants. Journal of Clinical Pharmacology. [http://jcp.sagepub.com/content/30/2/99.short]</ref>
 
Utilízanse probas para medir o nivel de ácidos biliares tanto en [[medicina]] coma en [[veterinaria]], xa que axudan a diagnosticar diversas condicións, como [[colestase]] (detención do fluxo biliar cara ao duodeno), [[derivación portosistémica]] (en cans e gatos), e [[displasia microvascular hepática]] (en cans e gatos). Un exceso na concentración de ácidos biliares no [[colon]] causa [[diarrea crónica]]. Esta condición é unha [[mala absorción dos ácidos biliares]] que pode diagnosticarse coa proba [[SeHCAT]] (do ácido 23-seleno-25-homo-tauro-cólico) e tratarse con secuestrantes de ácidos biliares <ref>{{cite journal|last=Pattni|first=S|coauthors=Walters, JR|title=Recent advances in the understanding of bile acid malabsorption|journal=British medical bulletin|year=2009|volume=92|pages=79–93|pmid=19900947|doi=10.1093/bmb/ldp032}}</ref>.
 
O papel da "bile negra" na carcinoxénese foi xa suxerida por [[Hipócrates]]. Hoxe está ben documentado que os ácidos biliares son carcinóxenos e promotores de tumores en modelos experimentais. O seu papel carcinoxénico está mellor documentado en doenzas como o [[esófago de Barrett]] e o adenocarcinoma da unión gastroesofáxica. <ref>Gong L, Debruyne PR, Witek M, Nielsen K, Snook A, Lin JE, Bombonati A, Palazzo J, Schulz S, Waldman SA (2009). "Bile acids initiate lineage-addicted gastroesophageal tumorigenesis by suppressing the EGF receptor-AKT axis". Clin Transl Sci. 2 (4): 286–93. doi:10.1111/j.1752-8062.2009.00131.x. PMID 20443907.
</ref>
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* MeshName - Bile+Acids+and+Salts [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Bile+Acids+and+Salts]
* [http://www.mdpi.org/molecules/specialissues/bile-acids.htm Special Issue on "Bile Acids"]
{{ORDENAR:Acido biliar}}
 
[[Categoría:Ácidos biliares]]