Diferenzas entre revisións de «Ronnie Peterson»

m
Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m (Bot: Substitución automática de texto (-Suráfrica +Sudáfrica))
m (Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética)
}}
 
'''Bengt Ronnie Peterson''', nado o [[14 febreiro]] de [[1944]] e falecido o [[11 setembro]] de [[1978]], foi un piloto de carreiras sueco dúas veces subcampión do [[Lista de pilotos campións do mundo de Fórmula 1| Campionato do Mundo de Pilotos]] de [[Fórmula 1]] da [[FIA]].
 
Peterson comezou a súa carreira no automobilismo no [[karting]], tradicionalmente a disciplina na que a maioría dos pilotos comezan a competir. Logo de gañar varios títulos desta especialidade, entre eles dous títulos de Suecia en [[1963]] e [[1964]], cambiouse a [[Fórmula Tres]]. Ese mesmo ano gañou o [[Campionato de Europa de Fórmula Tres]] e sobe ata [[Fórmula Un]], correndo para [[March Engineering]]. Nos seus tres anos neste equipo, fixo catro podios, todos eles na tempada de {{f1|1971}} na que tamén rematou como subcampión no Campionato de Pilotos.
 
Logo do seu contrato de tres anos en March, Peterson uniuse ao [[Team Lotus]] de [[Colin Chapman]] en {{f1|1973}}, como compañeiro do campión [[Emerson Fittipaldi]]. Durante as súas primeiras dúas tempadas con Lotus, Peterson obtivo sete vitorias, marcando unha marca persoal de 52 puntos en 1973. Logo dunha pobre tempada en {{f1|1975}}, Peterson volveu a March e anotou a súa vitoria final para o equipo no [[Gran Premio de Italia de 1976]]. Logo de pasar a tempada de Fórmula Un de {{f1|1977}} con [[Tyrrell Racing | Tyrrell]], trasladouse de novo a Lotus para a tempada de {{f1|1978}} como "número dous" do piloto [[Mario Andretti]]. Peterson anotou dúas vitorias, en [[Gran Premio de Sudáfrica de 1978 | Sudáfrica]] e [[Gran Premio de Austria de 1978 | Austria]], e terminou segundo na clasificación do campionato de pilotos a pesar do seu mortal accidente na primeira volta en Monza durante o [[Gran Premio de Italia de 1978 | Gran Premio de Italia]].
 
== Inicios ==
Peterson naceu en [[Ekeby-Almby | Almby]] nas proximidades de [[Örebro]], Suecia. El desenvolveu o seu estilo de condución a unha idade temperá, mentres competía en [[karting]], e rapidamente abriuse camiño ata a cima do karting europeo antes de pasar aos coches.
 
== Fórmulas tres e dúas ==
Logo dos seus anos no karting, Peterson entrou nas carreiras de [[Fórmula Tres]] no ''Svebe'', un 1L, nun coche que codeseñou co seu pai, Bengt (que era panadeiro) e Sven Andersson.
 
Incluso despos da súa subida á F1 Peterson segue pilotando en series de carreiras máis baixas(algo que era común naquela época), gañando o Europeo de 1971 de [[Fórmula Dúas]] pilotando para March.
 
== Fórmula Un ==
=== Inicios ===
Peterson fixo o seu debut nun [[Gran Premio de automobilismo]] nun [[March Engineering|March]] 701 de [[Colin Crabbe]] no [[Gran Premio de Mónaco de 1970]]. O limitado orzamento do equipo privado Crabbe permítelle só un test mínimo, pero Peterson cualifica 12 de entre 16 coches na carreira. Estaba 10 lugares detrás de [[Jackie Stewart]] e [[Chris Amon]], ambos na primeira fila da grella, pero xusto detrás do máis experimentado [[Jo Siffert]] no outro March. Peterson foi o único piloto de March en terminar a carreira, no sétimo lugar. En {{f1|1971}} Peterson logrou cinco podios, quedando na segunda posición por detrás de Jackie Stewart no campionato mundial dese ano {{f1|1971}}. Peterson permaneceu en March ata {{f1|1973}}, cando fichou polo [[Team Lotus | John Player Team Lotus]] como compañeiro de [[Emerson Fittipaldi]].
 
=== 1973-1976 ===
[[Ficheiro: Lotus 72 JPS.jpg | thumb | right | [[Lotus 72]] / R8 - vehículo principal Ronnie Peterson durante a [[1974 tempada de Fórmula Un ]] .]]
[[Ficheiro:Ronnie Peterson Silverstone.jpg | thumb | right | Ronnie Peterson en Silverstone en 1975.]]
A primeira vitoria de Peterson nun Gran Premio foi no [[Gran Premio de Francia de 1973]], celebrado en [[Circuíto de Paul Ricard | Paul Ricard]] no [[Lotus 72]]. Houbo outras tres vitorias ese ano, en [[Gran Premio de Austria de 1973 | Austria]], [[Gran Premio de Italia de 1973 | Italia]] e [[Gran Premio dos Estados Unidos de 1973 | Estados Unidos]], pero a escasa fiabilidade só permitiulle quedar no terceiro lugar do Campionato do Mundo ao final da tempada.
 
{{f1|1974}} trouxo tres vitorias máis: os Grandes Premios de [[Gran Premio de Francia de 1974 | Francia]] e [[Gran Premio de Italia de 1974 | Italia]], así como o [[Gran Premio de Mónaco de 1974 | Gran Premio de Mónaco]], a gran carreira da Fórmula Un.
 
{{f1|1975}} foi un mal ano para Lotus. O Lotus 76 foi un fracaso, e Peterson volveu á pilotar un 72F.
 
Peterson disputou a primeira carreira de 1976 no Lotus 77 antes de pasar a March. Pilotando un Marcc 761, gañou o [[Gran Premio de Italia de 1976 | Gran Premio de Italia]].
 
=== 1977-1978 ===
En {{f1|1977}}, correu para Tyrrell, pilotando o [[Tyrrell P34]] B de seis rodas. O seu único podio foi un terceiro lugar no Gran Premio de Bélxica.
 
Peterson sorprendeu a moitos ao saír de [[Tyrrell Racing | Tyrrell]] para volver a John Player Team Lotus en {{f1|1978}}.
Gañou o [[Gran Premio de Sudáfrica de 1978]], cunha vitoria na última volta sobre [[Patrick Depailler]], así como o [[Gran Premio de Austria de 1978 | Gran Premio de Austria]], co innovador "efecto solo" do [[Lotus 79]]. O seu compañeiro de equipo Mario Andretti gañou o campionato de pilotos con Peterson actuando eficazmente como "Nº 2" do equipo anotando catro dobretes, todos eles con Mario á cabeza. Os dous triunfos de Peterson ocorreron cando Andretti tivo problemas, Mario tamén gañou unha vez, cando Peterson non puido terminar (sen incluír o [[Gran Premio de Italia de 1978 | Gran Premio de Italia]]). Moitas veces Peterson seguía moi de cerca a Andretti, dando lugar a especulacións de que as "ordes de equipo" decidían os postos.
 
Peterson negouse a contribuír a ningunha controversia, e en numerosas ocasións rexeitou as especulacións ao afirmar que Andretti simplemente era o máis rápido.
 
=== Morte ===
O [[Gran Premio de Italia de 1978]] en [[Autodromo Nazionale Monza | Monza]] empezou mal para Peterson. Na práctica danou o seu Lotus 79 e golpeouse as pernas. Team Lotus tiña un coche de reposto do Lotus 79, pero fora construído para Andretti, e Peterson máis alto non entraba comodamente. O equipo tiña outro coche pero era do tipo 78, o coche do ano anterior, que levaban polos circuítos de F1 esa tempada cun mantemento mínimo.
 
Foi nesta carreira na que se estrenou o semáforo na F-1, en substitución do antigo método de saída en que se baixaba unha bandeira coas cores do país sede do GP. O director da proba, Gianni Restelli, atrapallouse coa novidade, e antes de que os monoprazas das últimas filas da grella pararan, accionou a luz verde. Os monoprazas a partir da cuarta fila (Peterson saíu na terceira) estaban rodando cando a luz verde prendeu. Os pilotos que viñan de atrás, por tanto, arrancaron a maior velocidade, o que fixo que todos os monoprazas chegasen xuntos ao punto en que a recta se estreitaba, o que resultou nun [[efecto acordeón]], antes da Chicane Goodyear.
 
Os catro pilotos á fronte, Andretti, [[Gilles Villeneuve | Villeneuve]], [[Jean-Pierre Jabouille | Jabouille]] e [[Niki Lauda | Lauda]], estaban o suficientemente lonxe para evitar calquera problema, pero Peterson fixera unha mala saída e foi adiantado inmediatamente por [[Alan Jones (piloto) | Alan Jones]], [[Jacques Laffite]] e [[John Watson (piloto) | John Watson]].
 
[[Riccardo Patrese]], que partía na doceava posición, moveuse xusto por diante de [[James Hunt]], quen fixo unha finta á esquerda e chocou con Peterson, con [[Vittorio Brambilla]], [[Carlos Reutemann]], [[Hans-Joachim Stuck]], [[Patrick Depailler]], [[Didier Pironi]], [[Derek Daly]], [[Clay Regazzoni]] e [[Brett Lunger]] todos involucrados no tumulto.
[[Ficheiro:Ronnie-peterson-statue.jpg | thumb | 250px | A estatua de Ronnie Peterson en Almby, [[Örebro]], deuse a coñecer en agosto de 2003]]
 
Peterson correu un total de 123 Grandes Premios durante a súa carreira, gañando dez deles. Nunca gañou o [[Lista de pilotos campións do mundo de Fórmula 1 | Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 ]] .
 
Barbro a viúva de Peterson nunca se recuperou da súa morte e suicidouse o 19 de decembro de 1987. Foi enterrada xunto a Ronnie na tumba da familia Peterson en Örebro. Ela e Ronnie tivo unha filla chamada Luisa Nina, que naceu en novembro de 1975. Hai unha estatua de Ronnie Peterson en Örebro, de Richard Brixel. O museo oficial de Ronnie Peterson foi inaugurado oficialmente por Nina Peterson en Örebro, o 31 de maio de 2008, pero se pechou en outubro de 2009, xa que era incapaz de asegurar o financiamento do goberno.
 
=== Resultados Completos na Fórmula Un ===
([[TemplateModelo:Lenda de resultados do piloto de Fórmula 1|Chave]]) As carreiras en '''negra''' indican ''[[pole position]]''; as carreiras en ''cursiva'' indican [[volta rápida]].
{| class="wikitable" style="text-align:center; font-size:90%"
! Ano
|}
 
== Notas ==
 
=== Xornais ===
* {{citeCita journalpublicación periódica |last=Henry |first=Alan |authorlink=Alan Henry |year=2008 |month=October |title=My Mate Ronnie |journal=[[Motor Sport (magazine)|Motor Sport]] |volume=48 |issue=10 |pages=58–64 |id= |url= |accessdate=2008-09-29 |quote= }}
 
=== Internet ===
* Nyberg, R. & Diepraam, M. 2000. ''[http://www.forix.com/8w/peterson.html Super Swede]''. '''8W''', January 2000.
{{Listaref}}
== Ligazóns externas ==
* [http://www.ronniepeterson.se/eng_index.html Páxina oficial de Ronnie Peterson]
 
[[Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Suecia]]
393.002

edicións