Pilus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Conjugation.svg|right|thumb|350px|Esquema da conxugación bacteriana, na que interveñen os pili sexuais. '''1-''' A célula doante produce un pilus. '''2-''' O pilus únese á célula receptora, e achega as dúas células. '''3-''' O plásmido móbil é cortado e transfírese unha cadea simple de ADN á célula receptora. '''4-''' Ambas as células recircularizan os seus plásmidos, sintetízase a segunda cadea do ADN, e reproducen os pili, xa que agora ambas as células son doantes viables.]]
 
Un '''pilus''' (que en [[latín]] significa pelo, en plural '''pili'''), xeralmente considerado sinónimo de '''fimbria''', é un apéndice similar en forma de pelo que se encontra na superficie de moitas [[bacteria]]s. <ref name= JarrellK>{{citeCita booklibro |author= Jarrell, K (editor)| year=2009 |title=Pili and Flagella: Current Research and Future Trends | publisher=Caister Academic Press | isbn= 978-1-904455-48-6}}</ref> Aínda que os termos pilus e fimbria (do latín "filamento", "fibra") se utilizan xeralmente como sinónimos, algúns investigadores reservan o termo ''pilus'' para os apéndices requiridos para a conxugación bacteriana. Todos os pili están compostos esencialmente polas proteínas oligoméricas [[pilina]]s.
 
Os pili son máis característicos das bacterias [[Gram negativa]]s, pero tamén poden aparecer nalgunhas especies [[Gram positiva]]s. Unha bacteria pode ter ducias de pili por toda a súa superficie. Os pili sérvenlles ás bacterias para unirse a superficies ou a outras bacterias. Algúns virus [[bacteriófago]]s utilizan os pili das bacterias para adherirse á superficie bacteriana e iniciar o seu ciclo replicativo.
 
Os pili son [[antíxeno|antixénicoantixénicos]]s. Son bastante fráxiles e están a renovarse decote, ás veces con pili de diferente composición antixénica, o que altera a antixenicidade da bacteria. As respostas inmunitarias específicas do [[hóspede]] aos pili orixinais non son efectivas contra os pili novos. Os [[xene]]s dos pili teñen rexións variables (V) e constantes (C), que se combinan, de xeito similar a como se produce a variabilidade das [[inmunoglobulina]]s dos [[vertebrado]]s.
 
== Tipos ==
=== Pili sexual ou da conxugación ===
{{VT|Conxugación bacteriana}}
Os pili sexuais utilízanse durante a [[conxugación bacteriana]], na cal dúas bacterias transfiren parte do seu [[ADN]] dunha a outra. Denomínanse "sexuais" porque a conxugación é parecida a unha reprodución sexual no sentido en que se intercambian xenes entre os individuos por medio da formación de "parellas de conxugación" ou apareamento, pero como non é un verdadeiro proceso sexual ás veces considérase máis apropiado falar de pili da conxugación. O mellor estudado é o pilus F de ''[[Escherichia coli]]'', codificado no [[plásmido]] F ou factor de fertilidade.
Liña 14:
Un destes pili adoita ter uns 6 ou 7 [[nanómetro|nm]] de diámetro. Durante a conxugación, un pilus emerxe da bacteria doante (do ADN) engancha a bacteria receptora, e por arrastre as dúas bacterias achéganse, e finalmente créase unha ponte de apareamento, que establece contacto directo entre ambas as bacterias e fórmase un poro controlado que permitirá a transferencia do ADN da doante á receptora. Tipicamente, o ADN transferido consiste en xenes que se requiren para producir e transferir pili sexuais (xeralmente codificados en [[plásmido]]s), pero tamén outros xenes que son cotransferidos, o que causa unha diseminación de características xenéticas entre a poboación bacteriana, como a [[resistencia a antibióticos]]. Non todas as bacterias poden producir pilis sexuais, pero a conxugación pode ocorrer mesmo entre bacterias de distintas especies.
 
=== Pili de tipo IV ===
Algúns pili, chamados pili de tipo IV, xeran forzas motrices. <ref name="pmid12142488">{{cite journal |author=Mattick JS |title=Type IV pili and twitching motility |journal=Annu. Rev. Microbiol. |volume=56 |issue= 1|pages=289–314 |year=2002 |pmid=12142488 |doi=10.1146/annurev.micro.56.012302.160938 |url=http://arjournals.annualreviews.org/doi/abs/10.1146/annurev.micro.56.012302.160938?url_ver=Z39.88-2003&rfr_id=ori:rid:crossref.org&rfr_dat=cr_pub%3dncbi.nlm.nih.gov}}</ref> O extremo externo dos pili adhírese a un substrato sólido, que pode ser a superficie á cal a bacteria está unida ou outra bacteria, e cando o pilus se contrae este pula a bacteria cara a adiante, como un gancho de agarre. O movemento producido polos pili de tipo IV é irregular a sacudidas, distinto doutras formas de mobilidade bacteriana, como pode ser a producida polos [[flaxelo#flaxelo bacteriano|flaxelos]]. As pilinas bacterianas de tipo IV son similares en estrutura ás [[flaxelina]]s do [[flaxelo#Flaxelo arqueano|flaxelo arqueano]]. <ref name= Jarelletal>{{citeCita booklibro |author= Jarrell et al|year=2009|chapter=Archaeal Flagella and Pili|title=Pili and Flagella: Current Research and Future Trends|publisher=Caister Academic Press|isbn= 978-1-904455-48-6}}</ref>
 
== Fimbrias ==
Liña 27:
As fimbrias atópanse tanto en bacterias [[Gram negativa]]s coma [[Gram positiva]]s. Nas Gram positivas, as subunidades de pilina están enlazadas [[covalente]]mente.
 
== Nanocables bacterianos ==
Os '''nanocables bacterianos''' (ou nanocables microbianos) son apéndices que son condutores eléctricos, considerados pili modificados, que aparecen en moitas bacterias, como por exemplo as dos xéneros ''[[Geobacter]]'' e ''[[Shewanella]]''. <ref name=Reguera>G. Reguera et al., Nature 435, 1098 (2005)</ref><ref name=Gorby2006>Y. A. Gorby et al., Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 103, 11358 (2006).</ref> Os nanocables condutores foron confirmados tamén na [[cianobacteria]] oxixénica ''Synechocystis'' PCC6803 e no cocultivo de [[metanóxeno]]s [[termófilo]]s formado por ''Pelotomaculum thermopropionicum'' e ''Methanothermobacter thermoautotrophicus''.<ref name=Gorby2006 />
 
Liña 33:
Ademais, os nanocables poden facilitar transferencias de electróns a gran distancia a través de grosas capas de [[biofilme]] <ref>Reguera et al. 2006. Biofilm and nanowire produciton leads to increased current in Geobacter sulfurreducens fuel cells. Appl. Environ. Microbiol. 72:7345-8.</ref>. Ao conectalas con outras células que están por encima delas, os pili permiten ás bacterias que están situadas en condicións anóxicas seguir utilizando o oxíxeno como aceptor terminal de electróns. Por exemplo, os organismos do xénero ''[[Shewanella]]'' forman pilis condutores de electricidade en resposta á limitación de aceptores electrónicos. <ref>Gorby et al. 2006. Electrically conductive bacterial nanowires produced by Shewanella oneidensis strain MR-1 and other microorganisms. Proc Natl Acad Sci USA 103(30):11358-63.</ref>
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Flaxelo]]
* [[Estrómulo]]
* [[Nanotubo de membrana]]
 
 
 
 
[[Categoría:Orgánulos]]