Diferenzas entre revisións de «Paramecio»

m
Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética)
Teñen numerosos [[cilio]]s que cobren toda a súa superficie e que lle dan mobilidade, os da parte posterior algo maiores. Tamén ten cilios no citostoma, que son un pouco máis grandes e lle axudan a capturar o alimento. Para moverse cara a adiante os seus cilios baten nun ángulo de 120 graos, cara atrás todos ao unísono. O paramecio móvese facendo espirais pola auga. Pode moverse tamén para atrás se os cilios baten formando un ángulo cara a adiante todos á vez. Se choca contra un obxecto recúa, xírase lixeiramente e vai de novo para adiante, repetindo isto ata que salva o obstáculo. Pode moverse nun segundo unha distancia 12 veces maior ca o seu tamaño.
 
A membrana externa absorbe e expulsa regularmente auga do exterior coa fin de controlar a [[osmorregulación]], proceso dirixido por dous [[vacúolo contráctil|vacúolos contráctiles]].<ref>{{CiteCita booklibro|title=Biology|last1=Campbell|last2=Reece|last3=Urry|last4=Cain|last5=Wasserman|last6=Minorsky|last7=Jackson|first1=Neil A.|first2=Jane B.|first3=Lisa A.|first4=Michael L.|first5=Steven A.|first6=Peter V.|first7=Robert B.|edition=9th|isbn=9780321558237|page=134|year=2009}}</ref> Está recuberto por unha película, que é unha membrana resistente pero elástica.
 
Nalgunhas especies como ''P. trichium'' hai dous vacúolos contráctiles simples, pero o máis habitual é que estes vacúolos teñan unhas estriacións radiais que lle dan un aspecto de estrela.
Presentan polo menos dous núcleos de distinto tamaño, chamados micronúcleo e macronúcleo. O macronúcleo está no centro e é de gran tamaño e forma alongada, compacto, [[poliploide]], con funcións vexetativas, e o único que [[transcrición xenética|transcribe]]. O micronúcleo é pequeno e máis esférico (en ''P. aurelia'' hai dous micronúcleos), non transcribe ARN, pero é o que realiza a [[meiose]] e a conxugación.
 
== Reprodución ==
Poden reproducirse por [[fisión binaria]] ([[mitose]]) ou por conxugación entre dous individuos. En ''P. caudatum'' durante a conxugación únense dous individuos, dexeneran os macronúcleos, os micronúcleos sofren meiose, formando 4 núcleos cada un deles (hai 8 entre os dous conxugates) dos cales dexeneran 3, e os outros dous que quedan divídense unha vez (agora son catro) e fusiónanse cos do outro individuo, formando dous núcleos, un en cada individuo, momento no que os individuos se separan. Unha vez separados hai máis divisións nucleares nas que se rexenera o macronúcleo e o micronúcleo iniciais. Como resultado da meiose e da conxugación houbo unha recombinación e intercambio de xenes. <ref>P. A. Meglitsch. Zoología de Invertebrados. Pirámide. 1986. Páxina 34. ISBN 84-368-0316-7.</ref> Na conxugación non se unen organismos completos (o que sería singamia) senón só os seus núcleos.
 
== Alimentación ==
 
Os paramecios aliméntanse de [[bacteria]]s, [[alga]]s e [[lévedo]]s, e ocasionalmente pódese producir a inxesta de protozoos de pequeno tamaño. Pode detectar quimiotacticamente metabolitos bacterianos presentes no seu medio, e ten receptores superficiais para o [[folato]], [[acetato]] e [[glutamato]]. Para capturalos incrementa o movemento dos cilios situados arredor e dentro do citostoma creando unha corrente de auga e partículas cara ao seu interior. As partículas de alimento vanse acumulando na citofarinxe e cando hai suficiente cantidade fórmase un vacúolo dixestivo. Os vacúolos dixestivos formados percorren un circuíto específico a través do [[citoplasma]] (da parte posterior á anterior da célula) durante o cal o seu contido se dixire encimaticamente, e o alimento dixerido absórbese cara ao citoplasma mentres o vacúolo reduce o seu tamaño. Os restos sen dixerir, cando se chega ao final do circuíto, son expulsados a través dun poro anal.
 
Para facilitar a captura das súas presas ''Paramecium'' pode disparar [[tricocisto]]s, orgánulos de forma baciliforme que se sitúan en ringleiras e que se disparan en forma de filamentos rematados en punta de frecha e segregan un produto ; este comportamento tamén se utiliza como sistema de defensa.
É un protozoo moi común que se encontra en pozas e estanques de auga doce, acequias, regatos, ríos, lagos e encoros. En xeral a súa presenza é abundante en augas estancadas que conteñen materia orgánica en descomposición e que, por tanto, son ricas en substancias nutritivas e abundantes en microorganismos. Recentemente, informouse de novas especies de paramecios atopadas en augas salgadas. <ref>Alexei O. Smurov and Sergei I. Fokin. Resistance of Paramecium Species (Ciliophora, Peniculia) to Salinity of Environment. Protistology 1, 43-53 (1999). [http://protistology.ifmo.ru/num1_1/smurov.pdf]</ref>
 
== Xenoma ==
O [[xenoma]] de ''Paramecium'' foi secuenciado (na especie ''[[Paramecium tetraurelia]]''), e presenta evidencias de tres duplicacións de todo o xenoma.<ref>
{{cite journal |author=Aury JM, Jaillon O, Duret L, ''et al.'' |title=Global trends of whole-genome duplications revealed by the ciliate ''Paramecium tetraurelia'' |journal=Nature |volume=444 |issue=7116 |pages=171–8 |year=2006 |month=November |pmid=17086204 |doi=10.1038/nature05230}}</ref>
Tamén presenta algunhas variacións con respecto ao [[código xenético]] estándar. En ''Paramecium'' (e noutros ciliados como ''[[Stylonychia]]''), só hai un [[codón de parada]] da [[tradución de proteínas]], que é '''UGA''' (normalmente hai tres), entanto que os codóns '''UAG''' e '''UAA''', que noutros seres son tamén de parada, nos paramecios están reasignados como codóns con sentido que codifican [[aminoácido]]s. <ref>{{cite journal |author=Lekomtsev S, Kolosov P, Bidou L, Frolova L, Rousset JP, Kisselev L |title=Different modes of stop codon restriction by the Stylonychia and Paramecium eRF1 translation termination factors |journal=Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. |volume=104 |issue=26 |pages=10824–9 |year=2007 |month=June |pmid=17573528 |pmc=1904165 |doi=10.1073/pnas.0703887104 |url=http://www.pnas.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=17573528}}</ref>
 
== Endosimbiose ==
No ''[[Paramecium bursaria]]'' prodúcese un caso de [[endosimbiose]]. Este protozoo vive en [[simbiose]] con [[algas verdes]] unicelulares do xénero ''[[Chlorella]]'', que se encontran no seu citoplasma e lle dan cor verde ao protozoo <ref>J. A. Brown, P. J. Nielsen. Transfer of Photosynthetically Produced Carbohydrate from Endosymbiotic Chlorellae to Paramecium bursaria. Journal of Eukaryotic Microbiology. Volume 21, Issue 4, pages 569–570, October 1974. DOI: 10.1111/j.1550-7408.1974.tb03702.x [http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1550-7408.1974.tb03702.x/abstract]</ref>. Ademais, ''P. aurelia'' ten endosimbiontes bacterianos.<ref>Hans-Dieter Görtz, Martin Wiemann. Route of infection of the bacteria Holospora elegans and Holospora obtusa into the nuclei of Paramecium caudatum. European Journal of Protistology. Volume 24, Issue 2, 24 February 1989, Pages 101–109. [http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0932473989800379]</ref>
 
* ''P. woodruffi'' Wenrich, [[1928]]
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Paramecium}}
=== Ligazóns externas ===
393.002

edicións