Epidídimo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 3:
[[Ficheiro:Epididymis high mag.jpg|miniatura|dereita|Micrografía do epidídimo tinguido con hematoxilina-eosina.]]
 
O '''epidídimo''' é unha parte do [[aparato reprodutor masculino]] dos animais [[amniota]]s, que se encontra sobre o [[testículo]]. Trátase dun único tubo, estreito e enroscado, que nos homes adultos pode chegar ao estendelo aos seis ou sete metros de lonxitude, <ref>{{CiteCita booklibro
|title=Glenn's urological surgery
|last=Kim
Liña 33:
}}</ref>) que conecta o os condutos eferentes que saen da parte posterior dos testículos co [[conduto deferente]] que ascende en dirección á [[uretra]].
 
== Rexións ==
O epidídimo pode dividirse en tres rexións principais:
* A cabeza do epidídimo. Situada na parte superior dos testículos. Recibe os [[espermatozoide]]s procedentes dos condutos eferentes do mediastino do testículo. Caracterízase histoloxicamente por ter un fino [[mioepitelio]]. Aquí dilúese a concentración do esperma.
Liña 39:
* A cola. Situada na parte inferior do testículo. Ten un mioepitelio máis groso ca o da rexión da cabeza. Aquí ten lugar a absorción de fluídos que fai que o esperma se concentre máis. Conecta co conduto deferente.
 
Nos réptiles, existe un canal adicional entre o testículo e a cabeza do epidídimo, que é doloroso cando se golpea e recibe os varios condutos eferentes que saen do testículo. Este canal está ausente en mamíferos e aves. <ref name=VB>{{citeCita booklibro |author=Romer, Alfred Sherwood|author2=Parsons, Thomas S.|year=1977 |title=The Vertebrate Body |publisher=Holt-Saunders International |location= Philadelphia, PA|pages= 394–395|isbn= 0-03-910284-X}}</ref>
 
== Histoloxía ==
O epidídimo está cuberto por un [[epitelio pseudoestratificado]] de dúas capas. O [[epitelio]] está separado por unha [[membrana basal]] da parede de [[tecido conectivo]] que contén células de [[músculo liso]]. Os principais tipos celulares que se encontran no epitelio son:
* '''Células principais''': células columnares que, xunto coas células basais, forman a maioría do epitelio. Estas células esténdense desde o lume do conduto á [[lámina basal]].<ref name=kierszenbaum556>{{citeCita booklibro|last=Kierszenbaum|first=Abraham L.|title=Histology and cell biology : an introduction to pathology|year=2002|publisher=Mosby|location=St. Louis [u.a.]|isbn=0-323-01639-1|pages=556}}</ref> Teñen [[estereocilio]]s non móbiles, que son longos e ramificados na rexión da cabeza e máis curtos na rexión da cola.<ref name=kierszenbaum556/> Os estereocilios co [[microscopio]] óptico parecen [[cilio]]s, pero co [[microscopio electrónico]] vese que estrutural e funcionalmente son similares a ''microvilli'', polo que ás veces se denominan ''stereovilli''. <ref>{{CiteCita booklibro | author=Ross, Michael H.; Pawlina, Wojciech | authorlink= | coauthors= | title=Histology: A Text and Atlas | year=2011 | publisher=Lippincott Williams & Wilkins | location= | isbn=978-0-7817-7200-6 | pages=110–112}}</ref> As células principais segregan ao lume do conduto [[carnitina]], [[ácido siálico]], [[glicoproteína]]s, e [[glicerofosfocolina]].
* '''Células basais''': máis curtas e de forma piramidal. Contactan coa lámina basal pero adelgázanse en dirección á superficie apical para atinguir o lume. <ref name=kierszenbaum556/> Pénsase que son precursores indiferenciados das células principais. <ref name=kierszenbaum556/>
* '''Células apicais''': encóntranse predominantemente na rexión da cabeza. <ref name=kierszenbaum556/>
Liña 49:
* '''Linfocitos intraepiteliais''': son [[linfocito]]s distribuídos polo tecido.<ref name=kierszenbaum556/>
 
== Papel no almacenamento do esperma ==
Os [[espermatozoide]]s formados nos testículos entran na cabeza do epidídimo, avanzan ata o corpo, e chegan á rexión da cola, onde son almacenados. Os espermatozoides que chegan á cabeza do epidídimo non están totalmente maduros, xa que aínda non adquiriron a capacidade de nadar movendo o flaxelo ([[motilidade]]) e de poder [[fertilizar]] o [[óvulo]]. O epidídimo almacena o esperma durante 2-3 meses. Durante o seu tránsito polo epidídimo, os espermatozoides sofren un proceso de maduración, que é necesario para que adquiran estas dúas capacidades. <ref>{{cite journal | author = Jones R | title = To store or mature spermatozoa? The primary role of the epididymis | journal = Int J Androl | volume = 22 | issue = 2 | pages = 57–67 | year = 1999 | pmid = 10194636 | doi = 10.1046/j.1365-2605.1999.00151.x}} [http://www.ingentaconnect.com/search/expand?pub=infobike://bsc/ija/1999/00000022/00000002/art00151 abstract]</ref> A maduración final só se completa cando os espermatozoides chegan ao tracto reprodutor feminino (''[[capacitación]]'').
 
Durante a [[exaculación]], o esperma flúe desde a porción inferior do epidídimo, que funciona como depósito de almacenamento, sobe polo conduto deferente e mestúrase coas secrecións da [[próstata]] e [[vesícula seminal|vesículas seminais]], formando o seme. Non se moven utilizando o flaxelo, senón arrastrados polas contraccións peristálticas das capas musculares do [[conduto deferente]]. A motilidade dos espermatozoide é activada por produtos prostáticos.
 
== Patoloxía ==
A [[inflamación]] do epidídimo denomínase [[epididimite]], que é máis común ca a [[orquite]] testícular.
 
== Embrioloxía e estruturas vestixiais ==
Nas femias pode atoparse o [[conduto de Gartner]], que é un resto homólogo do epidídimo.
 
No [[embrión]] o epidídimo desenvólvese a partir do tecido que formaba o [[mesonefros]] ou ril primitivo, que se encontra no embrión e en moitos vertebrados acuáticos. A persistencia do extremo superior (cranial) do conduto mesonéfrico orixina un resto chamado ''[[apéndice do epidídimo]]''. Ademais, algúns túbulos mesonéfricos poden persistir formando o ''[[paradídimo]]'', un pequeno corpo caudal con respecto aos condutos eferentes testiculares.
 
== Epididimectomía ==
A epididimectomía é a extirpación cirúrxica do epidídimo, que ás veces se realiza para tratar a [[síndrome da dor post-vasectomía]].
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* BUHistology - 16903loa [http://www.bu.edu/histology/p/16903loa.htm Imaxe]
* [http://home.comcast.net/~wnor/homepage.htm NormanAnatomy ]- inguinalregion [http://home.comcast.net/~wnor/inguinalregion.htm Rexión inguinal] [http://home.comcast.net/~wnor/testes.jpg Testículo e epidídimo]
Liña 75:
 
{{Sistemas e órganos}}
 
 
[[Categoría:Aparato reprodutor masculino]]