Fosfatidilinositol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Liña 30:
O [[inositol]] do fosfatidilinositol pode ser [[fosforilación|fosforilado]] para formar '''fosfoinosítidos''' monofosfato (PIP), bisfosfato ([[fosfatidilinositol bisfosfato|PIP<sub>2</sub>]]) e trifosfato ([[fosfatidilinositol (3,4,5)-trisfosfato|PIP<sub>3</sub>]]).
 
== Biosíntese ==
A síntese do fosfatidilinositol está catalizada pola fosfatidilinositol sintase e implica ao [[CDP]]-[[diacilglicerol]] e o L-''myo''-inositol, <ref name="Mathews">{{cita libro | título=Biochemistry Third Edition| autor=Mathews Chrisotphe K., van Holde, K.E.; Ahern, Kevin G.,| ano=2005}}</ref> e é unha ruta bastante distinta da utilizada para sintetizar [[fosfatidilcolina]] ou [[fosfatidiletanolamina]]. O encima fosfatidilinositol sintase está localizado principalmente no [[retículo endoplasmático]], e nos [[lévedo]]s pode aparecer tamén na cara [[citosol|citosólica]] da membrana plasmática.
 
== Química ==
O fosfatidilinositol é un [[fosfoglicérido]], xa que está formado por unha [[glicerina]] (ou glicerol) unida a dous [[ácido graxo|ácidos graxos]], que forman un diacilglicérido, que está unido polo OH libre da glicerina a un [[fosfato]] e este está unido ao [[inositol]]. O fosfatidilinositol é un lípido [[anfipático]] porque ten unha parte polar (o inositol e o fosfato) e unha parte apoar (o diacilglicérido).
 
Os ácidos graxos máis comúns nos fosfoinosítidos son o [[ácido esteárico]] na posición SN<sub>1</sub> e o [[ácido araquidónico]], na SN<sub>2</sub>. De feito, o fosfatidilinositol dos alimentos é a fonte principal de ácido araquidónico necesario para sintetizar [[eicosanoide]]s como as [[prostaglandina]]s. A [[hidrólise]] dos fosfoinosítidos rende un [[mol]] de glicerina, dous moles de ácidos graxos, un mol de inositol e un, dous ou tres moles de [[ácido fosfórico]], dependendo do número de fosfatos unidos no anel de inositol. Os fosfoinosítidos considéranse os fosfolípidos máis ácidos.
 
== Fosfoinosítidos ==
As formas fosforiladas do fosfatidilinositol denomínanse fosfoinosítidos <ref>Kuksis, A. Inositol Phospholipid Metabolism and Phosphatidyl Inositol Kinases. Laboratory Techniques in Biochemistry and Molecular Biology, Volume 30, 970 pp. (Elsevier, Amsterdam) (2003)</ref> e xogan un importante papel como lípidos sinalizadores, na [[transdución de sinais]], no tránsito de substancias a través da membrana <ref>{{citeCita journalpublicación periódica
| author= Di Paolo G, De Camilli P
| title= Phosphoinositides in cell regulation and membrane dynamics
Liña 48:
| pages= 651–7
| pmid=17035995
| doi= 10.1038/nature05185 }}</ref> e na regulación do ADN. O fosfatidilinositol xa ten normalmente un fosfato, pero os fosfoinosítidos teñen fosfatos adicionais unidos ao inositol. O anel de inositol pode ser [[fosforilado]] por unha serie de encimas [[quinases]] nos seus grupos [[hidroxilo]] 3, 4 e 5 en seis combinacións posibles. Porén, é característico que os hidroxilos 2 e 6 non estean fosforilados debido á impedimentos estéricos.
 
Os sete tipos de fosfoinosítidos seguintes foron atopados en animais:
Liña 67:
Estes fosfoinosítidos tamén se encontran nas plantas, coa excepción do PIP<sub>3</sub><ref name="Muller-Roeber B">{{cita libro | título=Inositol Phospholipid Metabolism in Arabidopsis. Characterized and Putative Isoforms of Inositol Phospholipid Kinase and Phosphoinositide-Specific Phospholipase C| autor=Muller-Roeber B Pical C| ano=2002}}</ref>.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Inositol]]
* [[Inositol fosfato]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.lipidlibrary.co.uk/Lipids/pi/index.htm Phosphatidylinositol at Lipid Library]