Soma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 8:
No pericarion poden aparecer [[vesícula]]s especializadas cargadas de substancias, como as vesículas das células produtoras de [[catecolamina]]s que conteñen o [[neurotransmisor]], ou as vesículas cargadas de [[hormona]]s das neuronas do [[hipotálamo]]<ref name="fawcett">{{cita libro| autor= D. W. Fawcett| título= Tratado de Histología| ano=11ª edición| editotial= Interamericana-Mac Graw Hill| páxinas 313-322}}</ref>. No pericarion son frecuentes as inclusións en forma de gránulos de pigmentos escuros, que en neuronas como as da [[substancia negra]] son de [[melanina]]. tamén son moi comúns os gránulos de [[lipofuscina]] e as gotiñas de [[lípido]]s. Son máis raros os depósitios granulares de [[ferro]], que aparecen nalgunhas neuronas como as da substancia negra ou o [[globo pálido]]. Polo contrario, as neuronas diferenciadas non presentan gránulos de [[glicóxeno]].
 
Os [[corpos de Nissl]] son característicos das neuronas e destacan tinguindo a célula con colorantes básicos. Aparecen como masas fortemente [[basófilo (tinguidura)|basófilas]] formadas por cisternas do [[retículo endoplasmático]] rugoso dispostas de xeito ordenado e paralelo <ref name="fawcett" />. Conteñen moitos [[ribosoma]]s, e polirribosomas, polo que son áreas de intensa síntese proteica. O seu tamaño e distribución varía dunhas células a outras e co estado patolóxico<ref name="squire">{{CiteCita booklibro|autor=Larry Squire, Darwin Berg, Floyd Bloom, Sascha du Lac, Anirvan Ghosh, Nicholas Spitzer |título=Fundamental Neuroscience |edition=3rd |ano=2008 |publisher=Academic Press |isbn=978-0-12-374019-9}}</ref>.
 
O [[citoesqueleto]] está moi desenvolvido. Os seus principais compoñentes son [[neurofilamento]]s e [[microtúbulo]]s. Os neurofilamentos están constituídos por tres proteínas trenzadas. Tanto os neurofilamentos coma os microtúbulos están dispostos en feixes que ocupan os espazos entre os corpos de Nissl e a aparato de Golgi, e continúanse polas dendritas e axón.
Liña 15:
 
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
 
 
[[Categoría:Neuronas]]