Nucleoide: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética |
m Bot: Cambio o modelo: Cite book |
||
Liña 21:
O ADN procariótico denomínase '''''xenóforo''''' ou '''''cromosoma bacteriano'''''. O termo xenóforo propúxose para substituír a cromosoma bacteriano, pero xenóforo é hoxe un termo un pouco arcaico, e actualmente é común na literatura científica referirse ao ADN e as súas proteínas asociadas como cromosoma bacteriano, aínda que este cromosoma é moi distinto do eucariótico, xa que carece de estrutura de [[cromatina]]<ref>Ris, H. (1961). Ultrastructure and molecular organization of genetic systems. Can. J. Genet. Cytol. 3, 95-120.</ref> e está compactado por medio dun [[superenrolamento do ADN|superenrolamento]],<ref>{{Cita publicación periódica | author = Benham C, Mielke S | title = DNA mechanics | journal = Annu Rev Biomed Eng | volume = 7 | issue = 1| pages = 21–53 | year = 2005| pmid = 16004565 | doi = 10.1146/annurev.bioeng.6.062403.132016}}</ref> que non se observa nos [[cromosoma]]s eucarióticos. O cromosoma bacteriano ou xenóforo non contén [[histona]]s como o eucariótico, pero moitos procariotas empregan algunhas proteínas especializadas (que poden considerarse como "proteínas similares a histonas") para organizar espacialmente o material xenético, polo que non debe considerarse que o nucleoide é unha masa desorganizada de ADN. Na maior parte dos casos os procariotas teñen un só cromosoma.
O cromosoma bacteriano é case en todos os casos circular, pero nuns poucos procariotas é liñal. A súa natureza circular permite que se replique sen utilizar [[telómero]]s.<ref>{{
Ademais do seu ADN cromosómico, os procariotas teñen ADN en [[plásmido]]s, que son fragmentos circulares de ADN bicatenario moito máis pequenos que o cromosoma e que conteñen algúns xenes.
|