Man Negra (Palestina): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m cat
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 1:
A '''Man Negra''' (en [[Lingua árabe|árabe]]: ''al-Kaff al-Aswad'') foi unha organización armada clandestina de corte [[islamismo|islamista]] que operou no [[Mandato Británico de Palestina]]. Foi fundada en [[1930]] e dirixida polo [[Xeque]] [[Siria|sirio]] [[Izz ad-Din al-Qassam]] até a súa morte en [[1935]].
 
Logo do fracaso da [[revolta siria de 1921]] que el liderara, al-Qassam escapou a [[Haifa]] e ocupouse de recrutar e preparar militarmente a campesiños árabes. As células clandestinas non estaban compostas por máis de cinco persoas. Esta organización comezou a coñecerse co nome de Man Negra. En total, chegou a ter entre 200 e 800 homes. En varios atentados tiveron como obxectivo a civís xudeus no norde de Palestina entre 1930 e 1935 e mataron canto menos a oito deles.<ref>{{citeCita booklibro
|título=Right to Exist: A Moral Defense of Israel's Wars
|first=Yaacov
Liña 8:
|publisher=Doubleday
|pages=48
}}</ref> Nun ataque foron asasinados tres membros do [[kibbutz]] [[Yagur]], e noutro un pai e o seu fillo foron asasinados en [[Nahalal]]. O grupo tamén actuou contra as árbores plantadas polos xudeus e contra as vías férreas colocadas polos británicos.<ref name=segev>{{citeCita booklibro |last=Segev |first=Tom |authorlink=Tom Segev |título=One Palestine, Complete |year=1999 |publisher=Metropolitan Books |isbn=0805048480 |pages=pp. 360-362 }}</ref>
 
Al-Qassam xustificaba a [[violencia relixiosa|violencia baseada na relixión]]. Logo da [[Masacre de Hebrón de 1929]], intensificou a súa axitación anti-británica e anti-sionista e obtivo unha [[fatwa]] do Xeque [[Badr al-Din al-Taji al-Hasani]], o [[Muftí]] de [[Damasco]], autorizando o uso da violencia contra os británicos e os xudeus.
Liña 14:
O [[20 de novembro]] de [[1935]], logo de matar a un oficial da [[Forza de Policía de Palestina]], al-Qassam foi rodeado pola policía británica nunha cova preto de [[Jenin]] e morto nun tiroteo xunto con tres dos seus compañeiros. Algúns dos veteráns da Man Negra participaron na [[Revolta árabe de Palestina de 1936]].<ref name=segev/>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.andrewbostom.org/index.php?option=com_content&task=view&id=17&Itemid=27&limit=1&limitstart=4 The Legacy of Jihad in Palestine] por Andrew G. Bostom
 
{{Conflito árabe-israelí}}