Pierre Joseph Proudhon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
títulos na lingua orixinal
Liña 1:
{{títulos}}
 
[[Ficheiro:Proudhon-children.jpg|dereita|miniatura|300px|'''Pierre-Joseph Proudhon''' e os seus fillos por [[Gustave Courbet]], 1865.]]
 
Liña 14 ⟶ 12:
A primeira obra que Proudhon escribiu foi un ensaio sobre as categorías gramaticais ([[1835]]), co cal optou ao premio nun concurso promovido pola Academia de [[Besançon]]. En [[1839]] publicou un traballo de carácter histórico-sociolóxico, sobre a celebración do domingo, que, igual que o primeiro, non chamou moito a atención. Pero a súa terceira obra, ''[[Qu'est-ce que la propriété?]]'' ([[1840]]) fíxoo repentinamente famoso en [[París]], en Francia e no mundo. Ao ano seguinte, en [[1841]], e logo en [[1842]], completou as teorías alí expostas cunha Segunda e Terceira memoria.
 
En [[1843]] escribiu dúas obras importantes: "ADe creaciónla daCréation ordede nal’Ordre humanidadedans l’Humanité" e ''[[Système des contradictions économiques ou Philosophie de la misère]]''. Esta última deu lugar a unha réplica de [[Karl Marx|Marx]], quen dialecticamente escribiu un ano despois ''[[Misère de la philosophie]]''.
 
Proudhon coñeceu a Marx en [[París]]; ao ano seguinte ([[1845]]) coñecerá a [[Mikhail Bakunin]]. E aínda que é verdade que Proudhon recibiu a influencia do novo filósofo alemán, non é menos certo que, á súa vez, influíu grandemente sobre el. Baste recordar que Proudhon foi o primeiro que falou do socialismo como ciencia, na súa Queobra é''Qu'est-ce aque propiedadela propriété?'' Marx admiraba este libro e fixo del un gran eloxio en "ADie Sagradaheilige FamiliaFamilie" ao afirmar que reviste unha importancia polo menos igual ao folleto do abate [[Emmanuel Joseph Sièyes]], ''QueQu'est-ce éque ole Terceirotiers Estadoétat?'' Di textualmente [[Karl Marx|Marx]]: "''Proudhon non escribe soamente en nome dos proletarios; el mesmo é un proletario. A súa obra é o manifesto científico do proletario francés e presenta unha importancia histórica distinta da elucubración literaria dun crítico calquera''".
 
En [[1848]] Proudhon é elixido deputado á [[Asemblea Nacional Francesa|Asemblea Nacional]], ao proclamarse a [[Segunda República Francesa|Segunda República]]. No seo dese corpo lexislativo combate a proposta do reformista [[LuísLouis Blanc]], "''cuxos talleres nacionais adormentan aos proletarios sen concederlles nada do esencial''". Nese medio republicano-burgués aparece como un estraño disidente. El mesmo escribe nos seus CarnésCadernos: "''Estes deputados asómbranse de que eu non teña cornos e garras''". Con todo, as súas ideas, a través do xornal que publica, "Le representant du peuple", chegan a ter entón gran influencia nos estratos populares de París. Cando o xeneral [[Louis Eugène Cavaignac]] reprime violentamente a revolta Popular do [[23 de xuño]], seiscentos noventa e un dos seiscentos noventa e tres deputados da Asemblea aproban a súa conduta: Proudhon é un dos dous que a condena.
 
En tal ocasión pronuncia un soado discurso, onde opón taxativa e radicalmente, como nunca ninguén se atreveu a facer ata entón, a burguesía e o proletariado, afirmando que "''o proletariado realizará unha nova orde, por encima da lei establecida, e procederá a unha liquidación da burguesía''". Neste momento, Proudhon, que polo xeral ten unha posición non violenta, porque confía nos mecanismos da organización económica, asume unha actitude belixerante, que ben poderiamos chamar "de forza". "''A esperanza de chegar pacificamente á abolición do proletariado -di- é unha pura utopía''". Pouco despois, como reafirmando a idea da loita de clases, engade: "''Pertenzo ao partido do traballo contra o capital''".
Liña 26 ⟶ 24:
Proudhon ataca duramente a [[Napoleón III|Luís Napoleón]] no seu xornal "La voix du peuple", e considérao como o peor inimigo do proletariado e do socialismo. Por esta razón é condenado, en [[1849]], a varios anos de cárcere. Foxe a [[Bélxica]], onde vive no anonimato durante un tempo, gañándose a vida como profesor particular de matemáticas.
 
Nunha ocasión, ao regresar por motivos privados a Francia, é descuberto, e encerrado na famosa prisión de Santa Pelaxia. Alí dedícase con apaixonado fervor ao estudo e escribe, entre outros libros, ''AIdée ideagénérale xeralde dala revoluciónRévolution au dix-neuvième siècle''. Mantén tamén unha nutrida e clandestina correspondencia con moitas figuras da oposición, e propicia unha alianza do proletariado coa clase media para derrocar a Luís Napoleón, actitude que lle será reprochada por algúns socialistas, os cales recordaban que poucos anos antes Proudhon contrapuxera dun modo tallante o proletariado e a burguesía.
 
En [[1858]] escribe, contra o católico [[Mirecourt]], unha das súas máis extensas e importantes obras histórico-filosóficas: "SobreDe ala Xustizajustice nadans Revoluciónla eRévolution et nadans Igrexal’Église", que lle vale unha nova condena polo seu ataque contra a relixión do Estado, e un novo exilio en Bélxica. Unha amnistía permítelle retornar ao seu país, onde en [[1863]] publica outra das súas obras fundamentais: "ODu PrincipioPrincipe federativofédératif". Nela desenvolve amplamente a súa concepción do federalismo integral, que pretende non só descentralizar o poder político e facer que o Estado central se disgregue nas comunas, senón tamén, e ante todo, descentralizar o poder económico e pór a terra e os instrumentos de produción en mans da comunidade local dos traballadores. Este concepto do federalismo é quizá o que mellor resume esa totalidade móbil que é o pensamento de Proudhon.
 
Nos últimos dous anos da súa vida escribe outra obra de gran importancia doutrinal, que inflúe decisivamente na formación ideolóxica dos fundadores da [[Primeira Internacional]]: "DaDe capacidadela políticaCapacité dapolitique clasedes obreiraclasses ouvrières", aparecida en [[1865]].
 
O pensamento de Proudhon parte, ante todo, da filosofía da [[Ilustración]]. Os empiristas ingleses ([[Locke]], [[David Hume]] etc.) e os enciclopedistas franceses, como [[Voltaire]], [[Claude Adrien Helvetius|Helvetius]], e particularmente [[Diderot]], son con frecuencia os alicerces tácitos ou explícitos dos seus desenvolvementos doutrinais. Ataca duramente a [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]] (como antes [[William Godwin|Godwin]] e despois [[Mikhail Bakunin]]), pero toma del algunhas das súas ideas básicas.