Iosif Stalin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado contén texto xeorxiano e cirílico
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 24:
}}
{{Contén texto cirílico}}{{Contén texto xeorxiano}}
'''Iosif Vissarionovich Stalin''' (en [[lingua rusa|ruso]] Иосиф Виссарионович Сталин; nado '''Ioseb Besarionis je J̌uḡašvili''', en [[lingua xeorxiana|xeorxiano]]: იოსებ ბესარიონის ძე ჯუღაშვილი, <small>[[Alfabeto Fonético Internacional|AFI]]</small>: [iɔsɛb bɛsariɔnis dze dʒuɣaʃvili]), nado en [[Gori]] ([[Xeorxia]]) o [[21 de decembro]] de [[1879]] e finado en [[Moscova]] o [[5 de marzo]] de [[1953]], foi un político e revolucionario marxista-leninista soviético, segundo líder da [[Unión Soviética]].
 
Tamén foi coñecido coma Koba (nome dun heroe popular de Xeorxia) e empregou varios [[pseudónimo]]s: David, Nijeradzé, Chijikov, Ivanóvich, ata adoptar o de Stalin que usou despois da [[Conferencia Bolxevique de Tammerfors]] ([[Finlandia]]). O nome Stalin deriva da palabra rusa ''stal'' (aceiro) co mesmo sufixo posesivo persoal ''-in'' que tamén empregara o seu predecesor [[Lenin]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Vladimir Lenin and Joseph Stalin, 1919.jpg|miniatura|esquerda|200px|Stalin e Lenin en 1919.]]
Ós 15 anos Iosif Stalin entrou no seminario ortodoxo de [[Tiflis]]. Influído polas ideas revolucionarias, en [[1898]] ingresou no [[Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso]] (POSDR). Un ano despois foi expulsado do seminario por realizar propaganda [[Marxismo|marxista]] e, a partir de entón, converteuse nun revolucionario “profesional”. Deportado a [[Siberia]] ([[1903]]), escapou ó ano seguinte e uniuse á facción bolxevique do POSDR. Novamente deportado a Siberia (1907-08), volveu escapar. En 1913 foi enviado a [[Viena]] como emisario do Comité Central para tomar contacto cos grupos bolxeviques do exterior. Alí escribiu a súa primeira obra, ''O marxismo e o problema das nacionalidades''.
Liña 40:
Desconfiando de que as reformas económicas que implantara producían descontento entre a poboación, Stalin dedicouse, nos anos 30 a consolidar o seu poder persoal. Tratou de expulsar toda a oposición política. En [[1934]], [[Sergei Kirov]], principal líder do Partido Comunista en Leningrado (actual [[San Petersburgo]]), apareceu morto. Foi o inicio dunha serie de presións que pasaron á historia coma a "[[Gran Purga]]", que tivo lugar entre [[1934]] e [[1937]]. Stalin concedeu un trato duro a todos os que tramasen contra o estado soviético. Entre as vítimas máis destacadas desta acción estaban os oficiais e membros de maior importancia do [[Exército Vermello]], incluíndo trece dos quince xenerais, coma [[Mikhail Tukhachevski]], unha das súas máis famosas vítimas, quen sufriu a acusación de ser axente do servizo secreto [[Alemaña|alemán]], razón pola que foi executado, mentres que outros moitos foron deportados a [[Siberia]], co que se enfraqueceu o mando militar soviético.
 
=== Cambios na sociedade soviética (1927-1939): Industrialización ===
[[Ficheiro:Stalin.gif|miniatura|300px|esquerda|Stalin nunha entrevista.]]
A [[Primeira Guerra Mundial]], a [[Guerra Civil Rusa|Guerra civil rusa]], a intervención por parte das 14 potencias estranxeiras despois da toma do poder polos bolxevique e a mesma revolución, tiveron un efecto devastador na economía do país. A produción industrial de [[1922]] foi un 13 % menor cá de [[1914]]. Baixo a [[Nova Política Económica]] (NEP), impulsada por Lenin perante a situación urxente, que permitía certo grao de flexibilidade no mercado dentro do contexto do socialismo, produciuse unha recuperación. Esgotada a NEP, esta política foi substituída por un sistema centralizado e suxeito aos [[Plan Quinquenal (URSS)|plans quinquenais]] a partir de [[1928]]. Estes plans perseguían ambiciosos programas de [[industrialización]] e de [[colectivización]] e [[estatalización]] da agricultura.
Liña 67:
Por outra parte, xa durante o primeiro período stalinista, antes incluso da década de 1930, amplos sectores da sociedade soviética aceptaron con optimismo os grandes avances da Revolución. Rusia era o único país do mundo onde se pagaba ás mulleres o mesmo que ós homes por un traballo similar. Tamén neste primeiro período, existían grandes facilidades para obter un divorcio ou mesmo abortar.
 
=== Segunda Guerra Mundial (1939-1945) ===
[[Ficheiro:Molotov-Stalin.png|dereita|miniatura|175px|[[Stalin]] e [[Viacheslav Mólotov|Mólotov]].]]
O [[23 de agosto]] de [[1939]] asinou con Hitler o [[Pacto Ribbentrop-Molotov]], un pacto de non-agresión que recibiu o nome dos ministros de exteriores [[Alemaña|alemán]] e [[soviético]]. Stalin esperaba gañar tempo e reorganizar a forza industrial-militar da cal a Unión Soviética non podería prescindir con vistas a un enfrontamento coa [[Nazismo|Alemaña nazi]], que para algúns sempre fora inevitable. Por outra parte, Hitler estaba ansioso por evitar un enfrontamento inmediato cos soviéticos, pois naquel momento ía ocuparse de [[Gran Bretaña]] e [[Francia]]. Mais a [[Operación Barbarroxa|invasión da Unión Soviética polas forzas alemás]] en [[1941]] levouno a aliarse co [[Reino Unido]] e os [[Estados Unidos da América|Estados Unidos]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Baixo a súa forte dirección, o exército soviético conseguiu facer recuar os invasores –non sen terribles perdas humanas– e ocupar terras na [[Europa Oriental]], contribuíndo decisivamente á derrota da Alemaña nazi.
Liña 100:
 
 
=== Posguerra (1945-1953) ===
Cando rematou a [[Segunda Guerra Mundial]], Stalin foi visto como o gran líder que conducira o pobo soviético á vitoria na súa loita contra a [[Alemaña Nazi]]. A finais da década de 1940 o patriotismo ruso foi en ascenso por causa dos éxitos propagandísticos. Por exemplo, algunhas invencións e descubrimentos científicos foron reclamados pola propaganda rusa. Exemplos diso son a [[máquina de vapor]], reclamada polo pai e o fillo da familia Cherepánov; a [[lámpada incandescente]], por [[Pavel Yablochkov]] e [[Aleksandr Lodyguin]]; a [[radio (medio de comunicación)|radio]], por [[Aleksandr Stepánovich Popov]]; e o [[avión]], por [[Aleksandr Mozhaiski]]. Continuaron as súas políticas represivas (incluso nos territorios recentemente anexionados), pero nunca chegaron aos extremos da década de 1930.
 
Liña 127:
En 1948 Stalin apoiou inicialmente a creación do estado de [[Israel]]. A Unión Soviética foi un dos primeiros países en recoñecer o novo país, e nese mesmo ano [[Golda Meir]] chegou a [[Moscova]] como primeira embaixadora. Porén, máis tarde cambiou de opinión e opúxose a Israel.
 
Ao contrario que a política de Estados Unidos de armamento restrinxido (proporcionou equipo limitado á infantería e as forzas da policía de [[Corea do Sur]], Stalin apoiou con armas a [[Kim Il Sung]] en [[Corea do Norte]]: o exército e as forzas aéreas con equipamento militar (incluído os Tanques [[T-34]]/85) e "asesores" moi por riba do que se requiría para fins defensivos, co fin de facilitar a Kim (ex oficial da Unión Soviética) a conquista do resto da península coreana. Pilotos soviéticos voaron en avións soviéticos dende bases chinesas contra aeronaves das [[Nacións Unidas]] en defensa de [[Corea do Norte]]. Investigacións na Unión Soviética, posteriores á [[Guerra Fría]] revelaron que a [[guerra de Corea]] foi iniciada por Kim Il Sung coa autorización expresa de Stalin.
 
Nos últimos anos de vida de Stalin, unha das súas últimas grandes iniciativas de política exterior foi a [[Nota de Stalin]] de 1952 para a [[reunificación alemá]] e a non intervención das [[superpotencia]]s en [[Europa central]], pero [[Gran Bretaña]], [[Francia]] e os [[Estados Unidos]] sospeitaron da proposta e rexeitaron a oferta.
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-R80329, Josef Stalin.jpg|esquerda|miniatura|Iósif Stalin en [[1949]].]]
 
=== Falecemento ===
O [[5 de marzo]] de [[1953]] Stalin faleceu de [[hemorraxia cerebral]] feito que, segundo moitos, aínda merece unha profunda investigación{{Cómpre referencia}}. O seu corpo ficou exposto no mesmo salón que [[Lenin]] até o 20º Congreso do [[Partido Comunista da Unión Soviética]], realizado o febreiro de [[1956]], no cal [[Nikita Khrushchev]], o seu sucesor, denunciou no chamado "relatorio secreto" as prácticas [[estalinismo|estalinistas]], particularmente o chamado "culto á personalidade". Despois do 20º Congreso, o corpo de Stalin foi enterrado fóra dos muros do [[Kremlin]], sendo o túmulo máis visitado alí.
 
== Familia ==
A primeira muller de Stalin, [[Ekaterina Svanidze]], morreu en [[1907]], tres anos despois do seu matrimonio. Tiveron xuntos un fillo, [[Yakov Dzhugashvili]], co que rachou a relación posteriormente. O seu fillo intentou suicidarse, sen éxito, sufrindo graves feridas. Yakov formou parte do [[Exército Vermello]] e foi capturado polas tropas alemás. [[Alemaña]] ofreceu a Stalin intercambialo por un xeneral alemán, ó que Stalin non accedeu. Yakov morreu oficialmente electrocutado, intentando escapar do campo de concentración.
 
Liña 145:
{{Commonscat|Joseph Stalin}}
{{wikiquote}}
=== Bibliografía ===
* {{CiteCita booklibro|last=Applebaum|first=Anne|title=Gulag: A History|publisher=Doubleday|year=2003|isbn= 0-7679-0056-1|ref=harv}}
* {{CiteCita booklibro|last1=Bideleux|first1=Robert|last2=Jeffries|first2=Ian|title=A History of Eastern Europe: Crisis and Change|publisher=Routledge|year=1998|isbn=978-0-203-05024-8|ref=harv}}
* {{CiteCita booklibro|last=Boobbyer|first=Phillip|title=The Stalin Era|publisher=Routledge|year=2000|isbn= 0-7679-0056-1|ref=harv}}
* {{CiteCita booklibro|last=Brackman|first=Roman|title=The Secret File of Joseph Stalin: A Hidden Life|publisher=Frank Cass Publishers|year=2001|isbn=0-7146-5050-1|ref=harv}}
* {{CiteCita booklibro|last1=Brent|first1=Jonathan|last2=Naumov|first2=Vladimir|title=Stalin's Last Crime: The Plot Against the Jewish Doctors, 1948–1953|publisher=HarperCollins|year=2004|isbn=0-06-093310-0|ref=harv}}
 
=== Outros artigos ===
Liña 158:
* [[Comunismo]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.marxists.org/reference/archive/stalin/ Arquivos de Stalin] {{en}}.
* [http://www.marxists.org/archive/trotsky/1936/revbet/index.htm "The Revolution Betrayed" por Lev Trotsky] {{en}}.
Liña 176:
 
{{ORDENAR:Stalin, Iosif}}
 
[[Categoría:Secretarios xerais do PCUS]]
[[Categoría:Estalinismo]]