Cromátide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Liña 20:
 
== Cromátidas irmás ==
[[Ficheiro:Chromosomes during mitosis.svg|300px|miniatura|dereita|Os cromosomas paterno (azul) e materno (rosa) son [[cromosoma homólogo|cromosomas homólogos]]. Cando se replican constan de dúas cromátidas idéntidas (cromátidas irmás). Durante a [[mitose]] estas sepáranse e acaban en células fillas distintas. Unha vez separadas xa se chaman cromosomas.]]
 
As dúas cromátidas dun mesmo cromosoma duplicado reciben o nome de '''cromátidas irmás'''. As cromátidas irmás son idénticas entre si (con iguais [[xene]]s e [[alelo]]s), xa que son resultado dunha [[replicación do ADN]]. Con todo, na meiose as cromátidas dun cromosoma realizan o [[sobrecruzamento]] (intercambio de segmentos) coas cromátidas do [[cromosoma homólogo]], o que ten como resultado a [[recombinación xenética]] entre elas, polo que as cromátidas irmás iniciais poden acabar tendo alelos distintos. Durante a [[mitose]] as cromátidas irmás sepáranse e van a parar a células fillas distintas.
 
Hai probas de que, nalgunhas especies, as cromátidas irmás son o molde preferido para facer a [[reparación do ADN]] (en lugar de utilizar os cromosomas homólogos).<ref>{{CiteCita journalpublicación periódica|pmid=1427035 |date=Oct 1992 |author=Kadyk, Lc; Hartwell, Lh |title=Sister chromatids are preferred over homologs as substrates for recombinational repair in Saccharomyces cerevisiae |volume=132 |issue=2 |pages=387–402 |issn=0016-6731 |pmc=1205144 |journal=Genetics |format=Free full text}}</ref>
A cohesión das cromátidas irmás é esencial para a correcta distribución da información xenética entre as células fillas e a reparación dos cromosomas danados. Os defectos neste proceso poden orixinar [[aneuploidía]]s e cancro, especialmente cando fallan os puntos de comprobación para detectar danos no ADN ou cando os fusos mitóticos unidos incorrectamente non funcionan debidamente.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
Liña 37:
* [[Centrómero]]
* [[Quiasma]]
 
 
[[Categoría:Cromosomas]]