Amiloplasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Potato - Amyloplasts.jpg|dereita|miniatura|Amiloplastos nunha célula de pataca.]]
[[Ficheiro:Plastids types es.svg|miniatura|dereita|Tipos de plastos]]
Os '''amiloplastos''' son un tipo de [[plasto]]s non pigmentados que se atopa nalgunhas [[célula vexetal|células vexetais]]. Estes [[orgánulo]]s son responsables da fabricación e almacenamento de gránulos [[amidón]], por medio da [[polímero|polimerización]] da [[glicosa]] orixinada na fotosíntese, que chega ao orgánulo procedente dos cloroplastos das partes verdes da planta.<ref name=wise>{{cite book|last=Wise|first=Robert|título=The Diversity of Plastid Form and Function|publisher=Springer|date=2007|chapter=1|url=http://www.springerlink.com/index/qp032630631337u6.pdf}}</ref> Os amiloplastos tamén [[hidrólise|hidrolizan]] este amidón de novo en azucre cando a planta precisa enerxía. Son moi abundantes os amiloplastos en tecidos de almacenamento como [[tubérculo]]s, como é o caso da pataca, [[cotiledón]]s das sementes, [[endospermo]] de froitos, e en células dos [[meristemos]] e células da [[pilorriza]] ou [[caliptra]] da raíz asociadas co [[gravitropismo|xeotropismo]] ou [[xeotropismo|gravitropismo]].
 
Os amiloplastos son [[plasto]]s do grupo dos [[leucoplasto]]s (incoloros, sen [[pigmento]]s). Os plastos son un tipo especializado de orgánulos que posúen o seu propio xenoma e pénsase que descenden de [[cianobacterias]], que estableceron unha relación de [[endosimbiose]] cunha [[célula eucariota]].
 
A síntese e almacenamento de [[amidón]] tamén ten lugar, aínda que non de forma tan masiva, nos [[cloroplasto]]s, un tipo de plasto pigmentado encargado de facer a [[fotosíntese]]. Os amiloplastos e os cloroplastos están moi relacionados, xa que os plastos poden transformarse uns noutros. Un exemplo deste tipo de conversións é a dos amiloplastos do tubérculo da [[pataca]], que se poden transformar en cloroplastos (adquiren [[clorofila]]), cando as patacas están expostas á luz. Os amiloplastos poden orixinarse tamén directamente a partir dos [[proplastidio]]s por medio do depósito de amidón no seu interior, ou por rediferenciación dos [[cloroplasto]]s.
<ref>{{CiteCita journalpublicación periódica
| doi = 10.1111/j.1469-8137.1973.tb04394.x
| volume = 72
Liña 24:
 
==Estatólitos: percepción da gravidade== <!-- Estatólito redirixe aquí -->
Na [[pilorriza]] ou caliptra (un tecido protector situado na punta da raíz da planta) hai un conxunto especial de células, chamadas [[estatocito]]s. Dentro de cada estatocito hai certo tipo especial de amiloplastos, que están implicados na percepcion da [[gravidade]] por parte da planta, fenómeno chamado [[gravitropismo]]. Este tipo de amiloplastos especializados, chamados '''estatólitos''', son máis densos ca o [[citoplasma]] e poden sedimentar de acordo coa dirección da forza de [[gravidade]]. Os estatólitos están enredados nunha malla de [[actina]] e pénsase que a súa sedimentación transmite o sinal gravitrópico activando [[canais mecanosensitivos]], que son proteínas de membrana capaces de xerar un fluxo eléctrico ou iónico. O sinal gravitrópico causa entón a redistribución das correntes de [[auxina]] (hormona vexetal) na pilorriza ou caliptra e en toda a raíz no seu conxunto. O cambio nas concentracións de auxina conduce a un [[crecemento diferencial]] dos [[Tecido (bioloxía)|tecidotecidos]]s da raíz. En consecuencia, a raíz medra torcéndose seguindo a dirección do estímulo gravitatorio ([[gravitropismo|xeotropismo]] positivo). Tamén se atoparon na capa endodérmica do talo das inflorescencias. A redistribución de auxina causa que o gromo creza na dirección oposta do estímulo gravitatorio (xeotropismo negativo do talo).
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Cloroplasto]]
* [[Cromoplasto]]
Liña 38:
 
{{Orgánulos}}
 
 
[[Categoría:Orgánulos]]